Aberto o prazo de inscrición nos cursos de CNTG do segundo trimestre

Publicado por Mancomún
Xoves, 21 de Xaneiro de 2016

Imaxe do CNTGXa está aberto o prazo de inscrición para aqueles cursos do CNTG que se van impartir ao longo do segundo trimestre do ano 2016.

A programación inclúe temáticas e áreas diversas e vai dirixida aos diversos perfís profesionais do sector TIC: xestión e dirección de proxectos, infraestruturas, redes de comunicacións, sistemas e desenvolvemento e programación. Nesta programación inclúense cursos relacionados co software libre ou con metodoloxías de programación:

  • Administración avanzada de ssoo Red Hat Linux
  • Big Data. Cloudera para Apache Spark
  • Desenvolvemento de aplicacións móbiles con PhoneGap
  • Configuración de servizos de seguridade con tecnoloxía baseada en sw libre
  • Certified Scrum Developer de Scrum Alliance
  • Prince2 foundation

Administración avanzada de ssoo Red Hat Linux

Impartiranse 2 edicións, cun total de 32 prazas dispoñibles. Do 05 ao 29/04/2016, de luns a venres de 9:30 a 13:45 horas a edición prioritaria para desempregados e do 04 ao 28/04/2016 de 16:30 a 20:30 horas na edición para ocupados.

Os obxectivos deste curso son trasladar ao alumnado un nivel de coñecementos e práctica que lles permitirá dende instalar e configurar unha estación de traballo nunha rede xa existente ata seren capaces, como usuarios avanzados de Red Hat Enterprise Linux, de utilizar os comandos e aplicacións básicas para realizar, personalizar e automatizar certas tarefas de administración de sistemas. Os asistentes adquirirán os coñecementos e habilidades necesarias para converterse en administradores/as de sistemas con capacidade para instalar un servidor Red Hat Linux e configurar os servizos de rede e seguridade máis comúns.

Big Data. Cloudera para Apache Spark

20 prazas dispoñibles. Impartirase do 27 de arbil ata o 13 de maio de luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.

O obxectivo é proporcionar aos/ás asistentes os coñecementos e habilidades necesarias para facer uso do shell de Spark para a análise interactiva de datos, aprender as características de conxuntos de datos distribuídos elásticos de Spark, saber como Spark se executa nun cluster, coñecer a programación en paralelo con Spark, poder crear aplicacións Spark e aprender cal é o fluxo de datos de procesamento.

Desenvolvemento de aplicacións móbiles con PhoneGap

20 prazas dispoñibles. Impartirase do 18 de maio ao 07 de xuño de 16:30 a 20:30 horas.

O obxectivo deste curso será proporcionar aos/ás asistentes a formación e coñecementos necesarios para instalar o framework, desenvolver e depurar código na contorna PhoneGap, compilar as aplicacións e facelas dispoñibles nos stores de apps máis populares.

Configuración de servizos de seguridade con tecnoloxía baseada en sw libre

16 prazas dispoñibles. Impartirase do 09 de maio ao 06 de xuño de 9:30 a 13:30 horas.

O obxectivo desta acción formativa consiste en achegar ao alumnado a información ás principais ameazas e vulnerabilidades de seguridade existentes na actualidade para unha organización dándolles a formación necesaria para a implementación dos sistemas e servizos de seguridade a aplicar para minimizar os riscos. Asemade os/as asistentes adquirirán os coñecementos e as habilidades técnicas necesarias para implantar un servidor “proxy”, un “firewall” e un sistema de prevención de intrusos (IPS) nunha rede corporativa.

Certified Scrum Developer de Scrum Alliance

20 prazas dispoñibles. Do 02 ao 13 de maio de 16:30 a 21:00 horas.

O obxectivo desta acción será acadar que os asistentes entendan os valores e principios que caracterizan a Scrum así como os seus compoñentes principais (roles, reunións e artefactos); dar a coñecer o concepto de axilidade en xestión de proxectos e mellora continua e presentar o fluxo de proceso Scrum. Aprender a desenvolver produtos software aplicando as técnicas e boas prácticas áxiles de enxeñería de software (TDD, refactorización e integración continua); coñecer as ferramentas que facilitan o control de calidade do produto e obter pautas de arquitectura e deseño que poñan énfase en incrementar a facilidade de testeo e a capacidade de refactorización do código. Coñecer as técnicas áxiles de estimación de tamaños e medición de esforzo así como o proceso de mellora continua do proceso de estimación en desenvolvementos iterativos Scrum; aprender como desenvolver técnicas de estimación e como e cando se debe reestimar e coñecer as pautas e recomendacións necesarias para a planificación de spints e releases. Introducir técnicas de xestión visual do proceso Scrum mediante taboleiros de tarefas (Kanban aplicado a Scrum).

Prince2 foundation

20 prazas disoñibles. Do 11 ao 15 de abril, de luns a venres de 16:30 a 20:50 horas.

Os obxectivos serán proporcionar aos/ás asistentes os coñecementos básicos desta metodoloxía de xestión e control de proxectos: como comezar, controlar e pechar proxectos satisfactoriamente; como xestionar a calidade; como xestionar os riscos; como entregar os proxectos en prazo, dentro dos orzamentos previstos e para o caso de negocio especificado etc.

Pode consultar as fichas completas dos cursos e/ou se inscribir neles na seguinte ligazón: https://cntg.xunta.es/web/cnt/

social bookmark now:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia