Informes de uso do software libre

Informes elaborados polo OSIMGA sobre o uso de software libre en empresas

Informes de uso do Software Libre en Galicia

Anualmente o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) coa colaboración da Oficina de Software Libre da AMTEGA elaboran estudos da evolución do uso de Software Libre en Galicia, tanto nas empresas do sector tecnolóxico como do resto de sectores produtivos, así como nos concellos, e na propia administración autonómica.

Estas enquisas e informes dan continuidade aos estudos realizados nos anos 2006 ata 2008 por anteriores organismos, o que permite analizar a evolución experimentada no uso do Software Libre desde o ano 2006, medindo o impacto das iniciativas desenvolvidas en Galicia para a promoción do software libre.

A continuación podes descargar e consultas os informes de uso do último ano, ou filtrar por ano e ámbito de actuación.

Osimga

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) é un órgano asesor para a valoración da evolución da sociedade da información, a modernización administrativa e a administración electrónica nas administracións públicas de Galicia, e para a participación e colaboración coas distintas Administracións públicas. O OSIMGA é un sistema de información para a análise, comparación, seguimento e divulgación de datos, información e coñecementos nas devanditas materias.

Creado e regulado polo Decreto 21/2010 do 4 de febreiro de 2010, o OSIMGA está adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia.

 

Resumo executivo 2015

Resumo executivo 2015

Resumo executivo do informe de uso de software libre nas empresas TIC de Galicia 2015

Pin It on Pinterest