Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • A Amtega lanza o Plan de Software Libre 2017 con 110 actuacións, 0 35% das cales son en colaboración cos axentes galegos do sector

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Maio de 2017
    • A Axencia vén de asinar coas asociacións de empresas e usuarios de software libre e coas universidades os convenios para a organización de xornadas, cursos e obradoiros de fomento do uso do software libre
    • O Plan de Software Libre abrangue liñas específicas de actuación para os eidos da administración, a cidadanía e a empresa
    • Seguirase promovendo o emprego de tecnoloxías libres en iniciativas de calado en ámbitos como Administración electrónica, a educación ou a cultura
    • O Centro Demostrador TIC virtual de solucións libres incorporará dúas novas solucións á súa oferta, Woocommerce e Zabbix
    • A Amtega convocará a X edición do Premio ao mellor proxecto universitario con software libre

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o Plan de Acción en Software Libre 2017, que recolle un total de 110 actuacións para promover a reutilización de software na administración pública, impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para as empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade.

    Ao igual que nos restantes plans anuais, parte das súas actuacións desenvolveranse en colaboración cos principais axentes do sector a través de acordos de colaboración. Así a Amtega vén de renovar, cunha dotación conxunta de 125.000€, os convenios de colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL), co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas, e con oito Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), Bricolabs, GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa, Recuncho Maker, Trasno e Xeopesca.

    [Ler máis]
  • Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Maio de 2017

    A Asociación GALPon, coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos) impartirá este luns e martes, 22 e 23 de maio, unhas charlas e obradoiro en tres institutos de Vigo.

    Luns 22

    Martes 23

    • Pola mañá, no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

    [Ler máis]
  • Obradoiro de edición de audio con software libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 19 de Maio de 2017

    Cartel do obradoiroMañá sábado 20 de Maio no Centro Sociocultural de Caramoniña a asociación Xeopesca realizará un obradoiro de iniciación á edición de audio, que se desenvolverá n horario de mañá e tarde, de 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00.

    O curso é de carácter gratuíto sendo preciso incribirse previamente a través do correspondente formulario de inscrición.

    Dende a organización indican que é preciso levar un portátil co seu cargador e uns cascos ou auriculares. Así mesmo cómpre levar instaladas as útlimas versións de Audacity e VLC . Ademais tamén se pode levar calquera trebello de grabación de son, por se se quere resolver dúbiidas ou compartir coñecementos cos demais.

    [Ler máis]
  • Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa

    Publicado por Mancomún
    Martes, 16 de Maio de 2017

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través do Centro Demostrador TIC (CDTIC) organiza o curso de Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. En este curso explicarase que é unha licenza de software e quen pode establecela, e trataranse conceptos básicos sobre a propiedade intelectual. Tamén se fará unha introdución ás licenzas específicas para publicacións. Finalmente, verase algún exemplo práctico orientado ao eido empresarial sobre como establecer unha licenza ou que aspectos cómpre ter en conta á hora de escoller un software de terceiros.

    O curso está principalmente orientado a empresas que queren publicar algún contido con licenzas libres ou teñen a necesidade de integrar outros compoñentes de software libre nos seus proxectos ou fluxos de traballo, polo que a temática do curso centrarase en temas como:

    • Que é unha licenza de software e quen pode establecela

    • As licenzas de software libre

    • Licenzas para documentación e publicacións

    • Como interpretar as licenzas: integrando compoñentes de terceiros

    [Ler máis]

En profundidade

Wordpress: Solución para a creación de sitios web con Software Libre Máis información

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información