Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • Nova versión do catálogo de metadatos da Infraestrutura de Datos Espaciais de España

    Publicado por Mancomún
    Venres, 22 de Xullo de 2016

    Catálogo metadatos IDEEA Infraestrutura de Datos Espaciais de España (IDEE) acaba de presentar unha nova versión do seu catálogo de metadatos, que inclúe melloras no servizo e  na parte de cliente cunha interface máis amena e melloras no apartado de buscas.

    Os catálogos de metadatos permiten facer buscas para atopar toda a información xeográfica que está dispoñible por parte dunha administración pública. Son un requisito fundamental imposto pola Directiva Europea INSPIRE que establece a obriga de publicar en aberto a información xeográfica elaborada polas administracións dos estados membros.

    A solución elixida para a creación do catálogo de metadatos da IDEE é Geonetwork, unha solución de software libre, amplamente empregada para este tipo de catálogos por moitas administracións públicas e entidades en todo o mundo.

    [Ler máis]
  • Sunzilla: Planta solar Open Source

    Publicado por Mancomún
    Venres, 22 de Xullo de 2016

    Sunzilla: PLanta solar Open SourceFai uns días volvía aparecer un artigo acerca do proxecto Sunzilla, esta vez, na revista especializada Hackaday.

    O proxecto segue a tendencia DIY (do inglés Do It Yourself, faino tí mesmo) e plantexa o deseño modular dunha planta xeradora de enerxía eléctrica a partires de paneis solares.

    SunZilla trátase dunha solución de autosuficiencia eléctrica orientada a zonas remotas, eventos ao aire libre, portable, modular e fácil de compoñer e estender.

    [Ler máis]
  • Project Malmo: Open Source para IA en Minecraft

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 21 de Xullo de 2016

    Imaxe de Malmo sobre MinecraftProject Malmo (ou Malmö) é una plataforma para investigar sobre Intelixencia Artificial (IA) baseado no mundo Minecraft, o popular xogo de bloques. O interese de Project Malmo por Minecraft reside na carencia de límites no mundo deseñado que permite afrontar retos en creacións de axentes de IA incluíndo formas eficientes de aprendizaxe profundo que permitan aos desenvolvedores enriquecer os seus axentes co testeo destes no universo Minecraft.

    Project Malmo consiste nunha adaptación do código de Minecraft en Java e de cósigo que permite que os axentes de IA actúen no universo Minecraft. Ambas pezas de código poden executarse en Windows, Linux, ou Mac OS, e os desenvolvedores poden implementar os seus axentes na linguaxe de programación da súa preferencia.

    O proxecto está aloxado en GitHub con licenza MIT.  

    [Ler máis]
  • A policía lituana aposta por LibreOffice e Ubuntu

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 20 de Xullo de 2016

    Logo Policía LituanaDende o 1 de Xullo a policía lituana deixou de empregar software privativo, migrando 8.000 estacións de traballo á suite ofimática de software libre LibreOffice, o que suporá, segundo os seus cálculos un aforro de máis dun millón de euros.

    O proceso de migración, segundo indican, tivo unha duración de 6 meses moi intensos de traballo para superar todas as dificultades, xa que a adaptación ao novo entorno foi complicada, máis agora é todo un éxito.

    [Ler máis]

En profundidade

PrestaShop: Solución para a creación dunha tenda en liña con Software Libre Máis información

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información