Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • Liberación de software: como se fai e por que é interesante para a miña empresa

    Publicado por Mancomún
    Martes, 23 de Maio de 2017

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través do Centro Demostrador TIC (CDTIC) organiza o curso de Liberación de software: como se fai e por que é interesante para a miña empresa no que se fai unha introducción ao modelo de liberación de proxectos como software libre, facendo fincapé nas vantaxes que isto pode reportar e novos modelos de negocio asociados ao software libre que poden resultar de interese para unha empresa.

    Este curso está orientado a empresas que queren liberar o seu software baixo unha licenza libre ou explorar novos modelos de negocio baseados no software libre e abarca os seguintes temas:

    • Por que liberar o software

    • Modelos de negocio de software libre

    • Como liberar un proxecto paso a paso

    • Como xestionar un proxecto liberado

    Recorde que para asistir presencialmente a estas actividades debese realizar a inscrición no curso correspondente no espazo Empresa e Profesionais da web do CDTIC.

    [Ler máis]
  • A Amtega lanza o Plan de Software Libre 2017 con 110 actuacións, 0 35% das cales son en colaboración cos axentes galegos do sector

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Maio de 2017
    • A Axencia vén de asinar coas asociacións de empresas e usuarios de software libre e coas universidades os convenios para a organización de xornadas, cursos e obradoiros de fomento do uso do software libre
    • O Plan de Software Libre abrangue liñas específicas de actuación para os eidos da administración, a cidadanía e a empresa
    • Seguirase promovendo o emprego de tecnoloxías libres en iniciativas de calado en ámbitos como Administración electrónica, a educación ou a cultura
    • O Centro Demostrador TIC virtual de solucións libres incorporará dúas novas solucións á súa oferta, Woocommerce e Zabbix
    • A Amtega convocará a X edición do Premio ao mellor proxecto universitario con software libre

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o Plan de Acción en Software Libre 2017, que recolle un total de 110 actuacións para promover a reutilización de software na administración pública, impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para as empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade.

    Ao igual que nos restantes plans anuais, parte das súas actuacións desenvolveranse en colaboración cos principais axentes do sector a través de acordos de colaboración. Así a Amtega vén de renovar, cunha dotación conxunta de 125.000€, os convenios de colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL), co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas, e con oito Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), Bricolabs, GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa, Recuncho Maker, Trasno e Xeopesca.

    [Ler máis]
  • Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Maio de 2017

    A Asociación GALPon, coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos) impartirá este luns e martes, 22 e 23 de maio, unhas charlas e obradoiro en tres institutos de Vigo.

    Luns 22

    Martes 23

    • Pola mañá, no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

    [Ler máis]
  • Obradoiro de edición de audio con software libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 19 de Maio de 2017

    Cartel do obradoiroMañá sábado 20 de Maio no Centro Sociocultural de Caramoniña a asociación Xeopesca realizará un obradoiro de iniciación á edición de audio, que se desenvolverá n horario de mañá e tarde, de 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00.

    O curso é de carácter gratuíto sendo preciso incribirse previamente a través do correspondente formulario de inscrición.

    Dende a organización indican que é preciso levar un portátil co seu cargador e uns cascos ou auriculares. Así mesmo cómpre levar instaladas as útlimas versións de Audacity e VLC . Ademais tamén se pode levar calquera trebello de grabación de son, por se se quere resolver dúbiidas ou compartir coñecementos cos demais.

    [Ler máis]

En profundidade

Wordpress: Solución para a creación de sitios web con Software Libre Máis información

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información