Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Libreoffice

    LibreOffice é a suite libre máis potente para produtividade persoal de código aberto, que inclúe 6 aplicativos ricos en funcionalidades para todas as súas necesidades de produción de do...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

O Corpus de Mancomun

O Corpus é un recurso derivado da actividade de localización ao galego de Mancomún.

A función fundamental é documentar e expoñer mediante a comparación dos bitextos inglés-galego cal son as escollas terminolóxicas, as normas de estilo aplicadas así como permitir a reflexión sobre o modelo de lingua.

Para iso o Corpus de Mancomún permite facer buscas de palabras en inglés ou en galego nalgún dos distintos proxectos almacenados, e devolve parellas de frases inglés-galego nas que se atopa o texto procurado e o texto traducido correspondente.

Agora o buscador permite obter ligazóns que permiten referenciar os resultados concretos de consultas ao corpus. A posibilidade de ter ligazóns estábeis de referencia permite o intercambio e a discusión así como o reaproveitamento da información xerada pola comunidade.

Ademais, o Corpus ten unha API aberta (a través de XML e XML-RPC) o que permite a programación de plugins ou aplicativos que traballen contra o Corpus, de maneira que se poden integrar as buscas do Corpus a calquera outro aplicativo, como por exemplo o Lokalize (ferramenta de TAC).


MOTORES DE BUSCA

Ademais, tamén hai dispoñíbeis dous motores de procura (baseados nas especificacións de OpenSearch) para incorporalos na barra de buscas web do Firefox e outros navegadores compatíbeis con OpenSearch, como Internet Explorer.

Existen dous motores, un para a dirección de en->gl (inglés a galego) e outro para gl->en (galego a inglés) que realizan a busca do termo inserido en todos os proxectos. Para instalalos só hai que acceder á páxina inicial do Corpus e ao premer na ligazón correspondente, apareceranos un diálogo de confirmación para a instalación do motor. Aceptamos a instalación e xa teremos instalado o motor de buscas.

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia