Xornadas

  • GDG Vigo e Espacio Arroelo organizan o primeiro evento Rails Girls en Galicia

    Publicado por Mancomún
    Luns, 3 de Outubro de 2016

    O Google Developer Group Vigo en colaboración co espacio de coworking Espacio Arroelo están a liderar a organización do primeiro evento Rails Girls en Galicia, que terá lugar en Pontevedra os vindeiros 21 e 22 de Outubro.

    Rails Girls Logo

    Comenzando o venres a redor das 19:30 cunha presentación, seguida dunha setup party, pensada para axudar ás asistentes a preparar o entorno de desenvolvemento, o evento está preparado para acoller a 20 participantes, que serán divididas en dous grupos de 10. Cada un dos grupos terá como obxectivo desenvolver unha aplicación web empregando Ruby on Rails como tecnoloxía de base. Cada un dos grupos será supervisado por unha experta en Ruby on Rails, que servirá de guía durante todo o proceso de planificación e creación da aplicación. A xornada será finalizada con charlas inspiradoras, que servirán como punto de partida para as participantes no evento. Será a xornada do sábado 22 a que acollerá o groso dos desenvolvementos, os cales serán presentados ao final do día a modo de conclusión.

    [Ler máis]
  • Presentación da Maker Faire de Galicia

    Publicado por Mancomún
    Luns, 12 de Setembro de 2016

    Maker Faire de GaliciaO pasado día 6 de Setembro a concelleira de Turismo do concello de Santiago fixo a presentación oficial da Maker Faire de Galicia.

    En outubro de 2015 celebrouse a primeira Maker Faire da historia de Galicia en Santiago de Compostela, no centro comercial Área Central. Desta volta, a Maker Faire de Galicia celebrarase os días 1 e 2 de outubro no Palacio de Congresos.

    A Compostela Maker Faire convértese neste ano, na súa segunda edición, na Maker Faire Galicia, co obxectivo de, como xa comentabamos en Xullo, converterse nun evento anual que sirva de punto de encontro para a comunidade creadora, potenciando unha Galicia innovadora e colaborativa.

    [Ler máis]
  • PyDay Galicia 2016

    Publicado por Mancomún
    Martes, 6 de Setembro de 2016

    Logotipo PyDay 2016 GaliciaO PyDay é un evento organizado polas comunidades locais de Python ao longo de toda España. Celébrase de xeito simultáneo durante a semana do 12 ao 18 de Setembro nas distintas cidades de España. Aquí en Galicia e desde o grupo de Python Vigo, en colaboración coa Asociación GHANDALF, organizaranse charlas durante o día 17 e talleres os días previos.

    [Ler máis]
  • A LibreCon 2016 máis preto

    Publicado por Mancomún
    Venres, 2 de Setembro de 2016

    Logotipo da LibreConEste Novembro terá lugar en Bilbao o 6º congreso nacional de Software Libre e Coñecemento Aberto, LibreCon 2016. A cita estará centrada nesta ocasión nos retos da Industria 4.0, así como nos novos usos de software libre no sector financeiro. Dende Mancomún, xa fixemos eco do seu chamamento para a participación o pasado mes de Xuño.

    A capital vizcaína acollerá entre os días 22 e 23 de Novembro o congreso que aglutinará máis de 120 ponencias e 600 empresas. Espérase que á cita acudan máis de 1500 persoas.

    [Ler máis]
  • EuroPython 2016 en Bilbao

    Publicado por Mancomún
    Martes, 19 de Xullo de 2016

    EuroPython 2016Este pasado domingo, día 17 de Xullo, comenzou en Bilbao o evento EuroPython 2016. Durante toda esta semana, ate o vindeiro día 24 Bilbao convñertese no centro da comunidade da linguaxe de programación Pyhton.

    [Ler máis]
  • Nova edición do curso de Análise estatística con Rcommander, organizado pola OSL do CIXUG

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 13 de Xullo de 2016

    Imaxe do curso na aula virtual do CIXUG45 novos docentes serán formados na linguaxe estatística R a través da súa contorna gráfica RCommander na nova edición do curso en liña organizado pola OSL do CIXUG coa colaboración dos diferentes servizos de formación do profesorado das 3 universidades galegas.

    Así, durante os meses de setembro e outubro desenvolverase na aula virtual do CIXUG: cursos.cixug.es unha nova edición do curso en liña de Análise estatística con Rcommander.

    [Ler máis]
  • Resumo en datos da OpenExpo2016

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 6 de Xullo de 2016

    Logotipo de OpenExpoOpenExpo 2016 vén de publicar os datos relativos á participación e asistencia no evento que tivo lugar o 2 de xuño. 

    Esta terceira edición da Feira e Congreso, en palabras da propia organización, “foi un éxito, permitindo ubicar a OpenExpo como o líder dos evento nos campo de tecnoloxías abertas de España”. Así mesmo, facendo unha comparativa coa edición anterior a nova edición mellora os datos acadando 2.143 visitantes (ata 49% máis co ano pasado), 120 empresas participantes (50% máis); dobrando o número de expositores e coa presentación de máis de 80 Papers (aumento de 20% con respecto á anterior data).

    [Ler máis]
  • Comezou o maior evento de OpenFOAM de código aberto

    Publicado por Mancomún
    Martes, 28 de Xuño de 2016

    Banner OpenFOAM

    O 11º Obradoiro OpenFOAM (OFW11), encontro internacional que achega a Portugal a 300 expertos para falar sobre solucións de código aberto, comezou hoxe e prolongarase ata o próxima xoves, día 30 de xuño, no Centro Cultural Vila flor, en Guimarães.  

    [Ler máis]
  • O uso do software libre nas empresas galegas supera o de comunidades como Madrid, Cataluña e o País Vasco

    Publicado por Mancomún
    Venres, 17 de Xuño de 2016
    • A directora da Amtega destacou estes datos do último informe do OSIMGA sobre o uso de tecnoloxías libres no tecido empresarial galego na inauguración de Colaboratic.gal
    • A xornada, que celebran hoxe Agasol e a Axencia TIC autonómica, busca abrir novas vías de colaboración entre as empresas de software libre e o resto dos sectores produtivos.
    • A Amtega desenvolve desde 2010 un Plan anual de software libre, en colaboración cos axentes do sector, cunha media de 100 actuacións cada ano dirixidas ao ámbito empresarial, á Administración e á sociedade.

    A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebran hoxe en Santiago a  xornada Colaboratic.gal, para difundir entre o sector empresarial o software libre e as posibilidades de colaboración e novas vías de financiamento para proxectos que empreguen tecnoloxías libres.

    Foto da inauguración de ColaboraTIC.gal
    A directora  da Amtega, Mar Pereira, e o presidente de Agasol, Xavier Castaño, inauguraron o encontro, que se se enmarca nas actividades do Plan de Software Libre impulsado pola Amtega en colaboración cos principais axentes do ecosistema galego do software libre como Agasol.

    [Ler máis]
  • LibreCon 2016: Chamada á participación como poñente

    Publicado por Mancomun
    Luns, 13 de Xuño de 2016

    Logotipo de LibreCon 2016Tralo éxito das pasadas edicións volve a LibreCon 2016, o maior encontro empresarial orientado ao intercambio de experiencias, coñecemento e solucións TICs Open Source, e fomento do desenvolvemento de negocio. O evento é organizado por ASOLIF que este ano conta coa colaboración de ESLE, quen toma o relevo de AGASOL na LibreCon 2015. Este ano pois o evento terá lugar os días 22 e 23 de novembro en Bilbao.

    Nesta VI edición, LibreCon centrará a súa actividade en 2 eixos fundamentais da economía: Open Industry 4.0 e Open Finances. Buscarase expoñer as tecnoloxías abertas que están permitindo dar servizo aos novos retos da Industria 4.0 e ao Sector das Finanzas e Seguros, en campos como o cloud computing, análise de Big Data e IoT.

    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia