Mancomún

  • A Amtega lanza o Plan de Software Libre 2017 con 110 actuacións, 0 35% das cales son en colaboración cos axentes galegos do sector

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Maio de 2017
    • A Axencia vén de asinar coas asociacións de empresas e usuarios de software libre e coas universidades os convenios para a organización de xornadas, cursos e obradoiros de fomento do uso do software libre
    • O Plan de Software Libre abrangue liñas específicas de actuación para os eidos da administración, a cidadanía e a empresa
    • Seguirase promovendo o emprego de tecnoloxías libres en iniciativas de calado en ámbitos como Administración electrónica, a educación ou a cultura
    • O Centro Demostrador TIC virtual de solucións libres incorporará dúas novas solucións á súa oferta, Woocommerce e Zabbix
    • A Amtega convocará a X edición do Premio ao mellor proxecto universitario con software libre

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o Plan de Acción en Software Libre 2017, que recolle un total de 110 actuacións para promover a reutilización de software na administración pública, impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para as empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade.

    Ao igual que nos restantes plans anuais, parte das súas actuacións desenvolveranse en colaboración cos principais axentes do sector a través de acordos de colaboración. Así a Amtega vén de renovar, cunha dotación conxunta de 125.000€, os convenios de colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL), co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas, e con oito Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), Bricolabs, GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa, Recuncho Maker, Trasno e Xeopesca.

    [Ler máis]
  • Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Maio de 2017

    A Asociación GALPon, coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos) impartirá este luns e martes, 22 e 23 de maio, unhas charlas e obradoiro en tres institutos de Vigo.

    Luns 22

    Martes 23

    • Pola mañá, no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

    [Ler máis]
  • Obradoiro de edición de audio con software libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 19 de Maio de 2017

    Cartel do obradoiroMañá sábado 20 de Maio no Centro Sociocultural de Caramoniña a asociación Xeopesca realizará un obradoiro de iniciación á edición de audio, que se desenvolverá n horario de mañá e tarde, de 10:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00.

    O curso é de carácter gratuíto sendo preciso incribirse previamente a través do correspondente formulario de inscrición.

    Dende a organización indican que é preciso levar un portátil co seu cargador e uns cascos ou auriculares. Así mesmo cómpre levar instaladas as útlimas versións de Audacity e VLC . Ademais tamén se pode levar calquera trebello de grabación de son, por se se quere resolver dúbiidas ou compartir coñecementos cos demais.

    [Ler máis]
  • Nova versión de PicarOS 2017

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 3 de Maio de 2017

    PicarOS é unha distribución multipropósito, enfocada principalmente á educación e como distro lúdica para usar na casa, a idade recomendada é de 3 a 12 anos.

    Esta nova versión presenta a actualización de paquetes de moitos dos paquetes xa preexistentes na anterior entrega como son o caso dos navegadores Firefox e Chrome, as utilidades Openshot, Kataluga, Katalekto, Kiwix, Scratch2 e moitas outras máis.

    Ademais das actualizacións, incorpora novos programas e funcionalidades como son Kdenlive para edición avanzada de vídeo, Huaryra Compartir para a distribución de arquivos en redes locais, controladores para as tabletas Wacom, un completo conxunto de ferramentas para edición de imaxines, ferramentas de xestión de arquivos do sistema e un kernel actualizado á versión 4.6.1

    Tamén esta nova versión trae arranxos e axustes en varios programas da anterior edición como son o copiado ao portapapeis dende unha captura de pantalla, axustes no convertedor de imaxes, engádense canles españois en Freetux, solucionase a incompatibilidade entre Openshot e Kdelive, arranxos no descargador de Youtube e máis en Filetea, axustes en Opensankoré para que admita unha webcam de visor de documentos e configuración para non ter problemas coas importacións/exportacións e moitos máis.

    A listaxe completa de actualizacións e novas funcionalidades podédela atopar na propia nota dende publicación feita dende GALPon.

    Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia. Xunto co patrocinio de LibreBit

    [Ler máis]
  • Publicación da RC de MiniNo Queiles

    Publicado por Mancomún
    Martes, 2 de Maio de 2017

    GALPon fixo onte o anuncio público da liberación en fase de release candidate de MiniNo 3.0, bautizada como Queiles. GALPon MiniNo é unha distribución de GNU/Linux creada para executarse en equipos con poucos recursos hardware ou obsoletos de ata 10 ou 12 años de antigüidade.

    A imaxe e o ficheiro de comprobación Md5, podédela descargar de minino.galpon.org/ISO ou no apartado Outras versións en minino.galpon.org/es/descargas

    Tendo en conta que as máquinas obxectivo desta distribución adoitan ser bastante vellas é cotiá que teñamos temor á perda de datos por ser o disco tamén moi vello; para paliar este eventual problema esta distro xa trae preisntalado Cronopete. Cronopete é un programa moi sinxelo para realizar copias de seguridade do noso cartafol persoal, é un programa semellante a Time Machine de Mac e ten unha interface moi simple.

    Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

    [Ler máis]
  • Wordpress e WooCommerce dispoñibles no CDTIC Virtual

    Publicado por Mancomún
    Luns, 1 de Maio de 2017

    • O Centro Demostrador TIC pon a disposición das empresas usuarias a solución de tendas virtuais baseada en WordPress + Woocommerce para que poidan probalo e coñecer as súas características

    • O vindeiro 24 de maio o CDTIC organiza un seminario de iniciación nestas ferramentas para profesionais que queiran crear a súa propia tenda en liña

    • Máis de 100 empresas teñen solicitado os servizos do CDTIC Virtual, que ofrece a posibilidade de analizar e probar, de xeito gratuíto, solucións empresariais libres que están aloxadas na nube

    [Ler máis]
  • PyDay Galicia 2017 chama á participación

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 26 de Abril de 2017

    O PyDay é un evento organizado polas comunidades locais de Python ao longo de todo o mundo. Celebrándose de xeito simultáneo, aquí en Galicia e desde o grupo de Python Vigo, tras unha primeira edición exitosa con moi boa acollida, o PyDay Galicia celébrarase na súa segunda edición o 10 de Xuño de 2017 nas instalacións do museo MARCO, en Vigo.

    O PyDay é un evento no que as comunidades locais de desenvolvedores Python pretenden dar maior visibilidade a esta linguaxe de programación. Durante a duración do evento estes grupos locais de desenvolvedores coordinan os seus esforzos para dar a coñecer Python a través de charlas, talleres e meetups totalmente de balde, fomentando así a difusión de coñecemento e a promoción da cultura tecnolóxica.

    O evento está na súa fase aceptación de charlas e participantes polo que os interesados en colaborar dun modo máis activo están convidados a mandar a súas propostas.

    Como novidade nesta edición, contaremos con dúas pistas de conferencias, para todos os niveis, e obradoiros para tódalas idades sobre diversas tecnoloxías.

    PyDay galicia 2017 - Call for papers: https://pyday2017.python-vigo.es/gl/

    [Ler máis]
  • Cursos de Software Libre organizados pola Amtega

    Publicado por Mancomún
    Luns, 24 de Abril de 2017

    Logotipo CDTIC

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través do Centro Demostrador TIC (CDTIC) continuando co seu esforzo pola difusión e a formación do Software Libre, organiza dous cursos introdutorios sobre licenzas libres e o seu uso empresarial:

    • O 23 de Maio de 2017 de 10:00h a 13:30h - Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa

    • O 30 de Maio de 2017 de 10:00h a 13:30h - Liberación de software: como se fai e por que é interesante para a miña empresa

    [Ler máis]
  • Publicado o xestor de colas Ateneo no CTT

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 20 de Abril de 2017

    Dispoñible para o seu na Administración Pública o sistema de xestión de colas Ateneo desenvolvido pola AEAT.

    Unha vez xestionadas as licenzas pertinentes grazas á axuda e apoio xurídico inestimable Joinup, lánzase esta solución para a xestión de colas desenvolvido pola Axencia Tributaria e bautizada con o nome de Ateneo. No directorio de descargas da solución Ateneo na CTT están dispoñibles tanto o código como os arquivos de instalación, así como a documentación necesaria para a configuración e implantación e a súa licenza (Licenza Pública da Unión Europea V.1.1 EUPL © Comunidade Europea 2007).

    Ateneo é unha aplicación para a asistencia ao usuario adaptable a diferentes ámbitos de traballo a través do uso eficaz e flexible de xestión de colas e obtención de información sobre a actividade.

    Busca mellorar a satisfacción e confort durante as xestións dos usuarios e mesmo dos xestores implicados na xestión, introducindo ferramentas de análise e control de servizo. A aplicación pode ser usada en todo tipo de organizacións e pode ser adaptado mediante configuración para as necesidades particulares de cada servizo.

    Máis información sobre a solución Ateneo na CTT: http://administracionelectronica.gob.es/ctt/ateneo.

    [Ler máis]
  • CSS Grid Layout: O futuro xa está aquí

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 19 de Abril de 2017

    Este próximo 26 de Abril o grupo PHP Vigo organiza un meetup no que estará presente Manuel Rego, quen participou na implementación de CSS Grid Layout. Nesta presentación teremos a oportunidade de coñecer como funciona CSS Grid Layout e como este novo módulo de CSS vai cambiar o modo de deseñar webs no futuro próximo.

    Manuel Rego traballa na compañía galega Igalia e leva varios anos enfocado no desenvolvemento de CSS Grid Layout en WebKit e Chromium. Esta charla con Manuel Rego, que o grupo PHP Vigo nos pon ao alcance, é unha oportunidade excepcional para os desenvolvedores de coñecer de primeira man esta tecnoloxía que está chegando á industria de desenvolvemento web.

    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia