Outras novas

  • Sunzilla: Planta solar Open Source

    Publicado por Mancomún
    Venres, 22 de Xullo de 2016

    Sunzilla: PLanta solar Open SourceFai uns días volvía aparecer un artigo acerca do proxecto Sunzilla, esta vez, na revista especializada Hackaday.

    O proxecto segue a tendencia DIY (do inglés Do It Yourself, faino tí mesmo) e plantexa o deseño modular dunha planta xeradora de enerxía eléctrica a partires de paneis solares.

    SunZilla trátase dunha solución de autosuficiencia eléctrica orientada a zonas remotas, eventos ao aire libre, portable, modular e fácil de compoñer e estender.

    [Ler máis]
  • Project Malmo: Open Source para IA en Minecraft

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 21 de Xullo de 2016

    Imaxe de Malmo sobre MinecraftProject Malmo (ou Malmö) é una plataforma para investigar sobre Intelixencia Artificial (IA) baseado no mundo Minecraft, o popular xogo de bloques. O interese de Project Malmo por Minecraft reside na carencia de límites no mundo deseñado que permite afrontar retos en creacións de axentes de IA incluíndo formas eficientes de aprendizaxe profundo que permitan aos desenvolvedores enriquecer os seus axentes co testeo destes no universo Minecraft.

    Project Malmo consiste nunha adaptación do código de Minecraft en Java e de cósigo que permite que os axentes de IA actúen no universo Minecraft. Ambas pezas de código poden executarse en Windows, Linux, ou Mac OS, e os desenvolvedores poden implementar os seus axentes na linguaxe de programación da súa preferencia.

    O proxecto está aloxado en GitHub con licenza MIT.  

    [Ler máis]
  • OpenCellular: Unha solución aberta para plataformas de acceso wireless

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 20 de Xullo de 2016

    OpenCellularFacebook ven de anunciar o deseño e dunha plataforma Open Source de acceso sen fíos e de baixo custe destinada ao uso en areas remotas do mundo. A plataforma, deseñada para mellorar a conectividade pode usar distintos tipos de conexións que van dende as redes 2G ate conexións LTE.

    [Ler máis]
  • Apple fai open source o seu algoritmo de compresión LZFSE

    Publicado por Mancomún
    Luns, 18 de Xullo de 2016

    LZFSE caracterízase pola súa velocidade de codificación/decodificación que segundo Apple está entre 2 e 3 veces por enriba da de zlib e tamén por proporcionar beneficios a nivel de eficiencia e menor consumo de enerxía.

    Apple libera o seu software de compresión LZFSE, o que facilitará a sua portabilidade a outras plataformas como GNU/Linux e Windows, así como a ampliación das súas capacidades.

    Pódese consultar máis información acerca deste algoritmo de compresión na súa páxina de GitHub.

    [Ler máis]
  • Nova entrega de Digikam

    Publicado por Mancomún
    Venres, 15 de Xullo de 2016

    Recentemente, a mediados da semana pasada, os desenvolvedores de Digikam facían un anuncio esperado durante os dous últimos anos. Digikam 5.0 foi anunciado oficialmente e con el veñen todas as melloras que durante todo este tempo fóronse realizando neste software de edición fotográfica con licencia libre GNU GPLv2.

    Durante estes dous últimos anos, fíxose unha substitución da meirande parte do código fonte para adaptalo ás bibliotecas de código Qt5 e con elo facilitalar a introdución do software en novas plataformas de sistema operativo como Windows e OS X.

    [Ler máis]
  • Orballo Printing: Impresión dixital 3D Open Source en galego

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 14 de Xullo de 2016

    Logotion Orballo PrintingA empresa Orballo Printing estase a labrar un nome relevante no mundo do impresión dixital 3D a base de Open Software e Open Hardware e o está a facer a nivel internacional. Esto, que pode ser o caso típico de empresa foránea, ocorre desta volta na casa. Orballo Printing ten a súa sede en Vigo e dende ela comercializa o seu produto estrela a impresora 3D Prusa Steel hacia todas as partes do mundo.

    O factor diferencial clave desta volta para esta empresa é a súa aposta pola filosofía de compoñentes abertos e sen patente e pola coidado polo control da cadea de produción que consegue grazas a traballar na totalidade con provedores da contorna. Estos dous factores son os que, en combinación, estanlle a granxear a Orballo Printing un éxito notorio que está a ser acollido con agrado polas comunidades maker non só no ámbito local se non tamén as espalladas por todo o mundo.

    [Ler máis]
  • iVIS, plataforma sueca de e-servizos de software libre para escolas, comezará a funcionar o próximo mes de setembro

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 14 de Xullo de 2016

    Aplicación incidencias iVISiVIS é un proxecto levado a cabo pola Asociación de Municipios para o Desenvolvemento Conxunto de e-servizos en Suecia. A idea é desenvolver unha plataforma de software libre que permita crear diferentes aplicacións administrativas para as escolas, tanto para equipos de sobremesa como para dispositivos móbiles. É un proxecto financiado tamén en parte pola Axencia Sueca de Innovación.

    O próximo mes de setembro, co comezo do novo curso académico comezará a funcionar a primeira fase do proxecto con algún dos desenvolvementos que xa están realizados. 

    [Ler máis]
  • INRIA presentou o seu proxecto para a salvagarda de toda a herdanza do Código Aberto

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 13 de Xullo de 2016

    Software HeritageSoftware Heritage foi presentado na Debconf16 celebrada a pasada semana en Cidade do Cabo. Trátase, en palabras dos seus responsables, de "recompilar e preservar o software en formato de código aberto, xa que os programas incorporan o noso coñecemento técnico e científico e a humanidade non pode correr o risco de perdelo. O software é unha parte preciosa do noso patrimonio cultural, polo que a nosa intención é facer de garante da accesibilidade de todo o software recollido polo proxecto, porque só a través da posta en común pódese garantir a súa conservación a moi longo prazo".

    [Ler máis]
  • Publicado Linux Mint 18 “Sarah” Cinnamon

    Publicado por Mancomún
    Luns, 11 de Xullo de 2016

    O pasado 30 de xuño anunciouse a publicación de Linux Mint 18. Esta versión ten soporte a longo prazo ata 2021 e vén con software actualizado que trae melloras para facer a contorna de usuario aínda máis cómoda de usar.

    Dende a propia nota de publicación da nova entrega pódese acceder ás ligazóns para descargar as diferentes ISO. Para un maior detalle acerca da nova entrega pódense consultar as notas da versión para Linux Mint 18 Cinnamon.

    Escritorio de Linux Mint 18 “Sarah” Cinnamon

    [Ler máis]
  • Tablexia app para nenos disléxicas

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 7 de Xullo de 2016

    Logotipo de Tablexia Tablexia é unha aplicación educativa creada para apoiar o desenvolvemento de habilidades cognitivas. Está deseñada principalmente para nenos con dislexia na educación secundaria.

    Inicialmente estaba dispoñible nas dúas principais linguas faladas na antiga Checoslovaquia - Checa e Eslovaca – e agora a última versión de Tablexia tamén esta traducida ao alemán.

    É desenvolvida pola asociación checa Labs CZ.NIC, e distribuída con licenza GPL e Creative Commons, o que permite que poida ser traducida facilmente a outros idiomas e reutilizada por outras comunidades.

    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia