Como xa anunciamos a semana pasada, dous proxectos vinculados á «Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense» estarán presentes no SIMO. Un destes proxectos é o de Redegal, que presentará a súa solución Sketch Arm que permite a reducción do tempo en deseño de armarios feitos á medida. Agora mesmo están traballando na versión para GNU/Linux da aplicación.
En YouTube temos dispoñible un vídeo de demostración de 6 minutos do funcionamento da aplicación: