Os estándares para o negocio serán o tema das xornadas do día da W3C

Martes, 29 Abril 2008

A Oficina do W3C de España celebra o â??Día W3C en Españaâ? o próximo 27 de maio en Madrid cunha xornada co nome â??Standards for Businessâ?. O obxectivo da xornada é debater sobre o presente e futuro da Web, así como compartir e coñecer experiencias relacionadas coa aplicación dos estándares no mundo da empresa.

O congreso está estruturado en tres sesións:

  1. Web para todos,
  2. Web desde calquera lugar e
  3. Web como base de coñecemento,
nas que se tratarán temas como accesibilidade, independencia de dispositivo, web móbil e web semántica, entre outros.

A participación nos relatorios inda está aberta podendo enviar ponencias propias relacionadas coa temática. A asistencia como público é gratuita, só é necesario cubrir unha inscrición para a reserva de praza xa que o aforo é limitado.

Este congreso celebrarase no Rectorado da Universidade Politécnica de Madrid, a cal colabora no evento xunto coa Fundación CTIC.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal