PinePhone Explorer Pro Edition

martes, 25 enero 2022
PinePhone Explorer Pro Edition

Pine64 anunciou que xa recibe pedidos para a compra do PinePhone Explorer Pro Edition. Un dispositivo para entusiastas de GNU/Linux e que desexan unha contorna libre e aberta.

PinePhone conta con Rockchip RK3399 S SoC con dous núcleos ARM Cortex-A72 e catro núcleos ARM Cortex-A53 a 1,5 Ghz, así como unha GPU ARM Mali T860 de catro núcleos. Equipado con 4 GB de RAM, 128 GB eMMC e dúas cámaras (de 5 e de 13 Mpx). Pantalla IPS de 6 polgadas cunha resolución de 1440×720, protexida con Gorilla Glass 4.

Porto USB-C con USB 3.0 e unha saída de vídeo combinada para conectar un monitor, Wi-fi 802.11 ac, Bluetooth 4.1, GPS, GPS-A, GLONASS, UART (a través de conector para auriculares), batería de 3000 mAh (carga rápida de 15 W).

Permite desactivar por hardware LTE/GPS, Wifi, Bluetooth, cámaras e micrófono. Pódese usar como unha estación de traballo portátil. Envíase coa distribución Manjaro Linux e unha contorna de usuario KDE Plasma Mobile. O custo do dispositivo é de $399.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal