Debian 11 Bullseye publicado

lunes, 23 agosto 2021
Debian 11 Bullseye publicado

Lanzado Debian 11 Bullseye, nova versión estable desta distribución referente do mundo GNU/Linux.

Debian 11 Bullseye

Contornas de escritorio coas que conta: GNOME 3.38 (con Wayland por defecto), KDE Plasma 5.20, LXDE 11, LXQt 0.16, MATE 1.24 e Xfce 4.16.

No apartado para funcionar como servidor conta con: Apache 2.4.46, lighttpd 1.4.59, MariaDB 10.5, OpenSSH 8.4 p1, PHP 7.4, PostgreSQL 13 e Samba 4.13.

Debian 11 corre o kernel LTS Linux 5.10, incluíndo o soporte para o sistema de ficheiros exFAT de Microsoft. Incorpora soporte mellorado para imprimir con CUPS e para escanear con SANE, e incorpora melloras tamén na implementación de systemd nesta versión da distribución.

Celebración do 28º aniversario de debian

Debian celebrou fai pouco o seu 28º aniversario.

Desde a organización do evento, enviaron toda a súa gratitude e amor aos moitos colaboradores, desenvolvedores e usuarios que axudaron a esta visión e proxecto.

A celebración continúa coa #DebConf21 que se celebrará en liña durante o 24 de agosto ata o 28 de agosto de 2021.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal