A Asociación Comunidade O Zulo, anuncia o seu novo proxecto "Recreativa Galega" que xurdiu no ano 2011 cando estiveron a piques de mercar unha máquina recreativa orixinal dos anos 90 pero o dono botouse atrás no último intre. Así a finais do ano 2013, decidiron retomar de novo a idea de ter unha máquina recreativa, pero da man dun proxecto colaborativo que permitise participar a todos os membros e amigos e amigas da asociación así como servise ao tempo como actividade de difusión do software e cultura libre, un dos principios que guían todas as actividades desta asociación.
O obxectivo do proxecto “Recreativa Galega” é deseñar e crar unha máquina recreativa galega e libre, que funcionará con software libre se sen necesidade de introducir cartos, senón que será de libre acceso. Tentarán ademais reciclar todo o material posible. Ademais queren ir máis alá da construción dunha simple máquina de xogos polo que pretenden engadir conectividade wireless, engadir modo "navegador", é dicir, poder usar a recreativa tamén como un PC, engadir modo "gramola" con sistema de son incorporado, engadir cargador múltiple de móbiles …
Para levar a cabo o proxecto, documentarán todo o proceso, dende o deseño dos planos, os materiais necesarios, a configuración do software … e publicarán con licenza libre toda a documentación xerada, para que calquera poida usar e difundir libremente o proxecto.
Para isto buscan un equipo heteroxéneo de xente que queira participar no proxecto. O seu obxectivo é xuntar a un grupo de persoas de todas as idades e gremios co que poder aprender xuntos. A idea será xuntarse para traballar cada 3 – 5 semanas e avanzar no proxecto. O lugar de traballo será o orixinal donde naceu @ozulo. Estiman que con 8 xornadas de traballo poderían ter o proxecto rematado para o Kernel 2014, que se celebrará, se non o impide un novo temporal, o vindeiro mes de setembro.
Xa teñen algúns dos perfís cubertos, pero non todos. Todos os interesados en participar neste proxecto non teñen máis que enviar un email amosando o seu interese a asociacion [@] comunidadeozulo.com.
Polo momento contan cos apoios de Taller Garaje Mugardes – www.garajemugardes.com que achega ao proxecto o compresor de aire e materias necesarios para pintar e Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra – GALPon.org que achega ao proxecto switch e FONera.
O que queira colaborar difundindo o proxecto pode falceo a través do Twitter co hashtag #recregalega e na páxina en Facebook da Asociación Comunidade O Zulo.
