Entrevista Xornadas de Software Libre 06 na USC
Diego Rodríguez, presidente de AULUSC , e Óscar Casal, tesoureiro de GLUG , fálannos das Xornadas de Software Libre na USC 06 celebradas o día 27 e 28 de setembro no Departamento de Electrónica e Computación da Facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela.

Entrevista co responsable de GNULinEx
A web consumer.es de Eroski recolle unha interesante entrevista con Luis Millán Vázquez, responsable de GNULinEx e Conselleiro de Infraestrutura e Desenvolvemento Tecnolóxico da Xunta de Estremadura. Nesta conversa salienta a importancia do Software Libre no sistema educativo estremeño e as oportunidades que proporciona para superar a fenda dixital.
Entrevista a Jordi Màs i Hernàndez
No número setembro-outubro da revista galega de información literaria da editorial Biblos, publícase unha interesante entrevista a Jordi Màs i Hernàndez, coordinador do mestrado en Software Libre da Universitat Oberta de Catalunya e do grupo Softcatalà.