Entrevistas

Un total de 42 resultado(s) para entrevistas

R. Brenlla: "En Angola sorprendeu que en Galiza tivésemos tantas asociacións traballando polo Sw

 Mancomún retransmite este venres o III Encontro BrOffice.org 2008 co fin de achegar pontes coa comunidade lusófona de Software Libre

Brenlla

En  Angola é coñecido como o “Soldado do Software Libre en Galiza”, aquí, na nosa terra, é simplemente Roberto Brenlla, un home capaz de ilusionar a calquera persoa falando de tecnoloxías abertas e de mover toda unha comunidade por un proxecto común, tal como o foi no seu momento o “GNU/Linux para o Pobo”.

Declárase linuxeiro dende setembro de 1997, pero dende aquela a súa carreira no ámbito do Software Libre ten sido imparable.  A súa experiencia persoal como usuario, pero tamén como fundador de AGNIX, valeulle como carta de presentación para consolidarse como unha das persoas de referencia no mundo do Software Libre en Galiza. Tamén fundou a consultora TEGNIX nacida de xeito natural para atender  necesidades percibidas, implicando para iso a persoal de distintas asociacións galegas. Hoxe Brenlla difunde a filosofía do Software Libre por todos os recantos do noso país e máis alén das nosas fronteiras. Tanto é así que vén de participar a comezos do pasado verán no I Foro de Software Libre en Angola.

Mancomún falou con Roberto Brenlla para coñecer de preto todas as impresións recollidas persoalmente por el nun país que, en pleno proceso de reconstrución tras anos de conflito bélico, comeza a abrirse á tecnoloxía a través do Software Libre.

B. Yáñez e A. Gómez: "A idea do código aberto é precisamente a que impulsa proxectos coma o noso"

"Crearemos un repositorio propio para liberar todo o código que fagamos” 

A Navalla Suiza
Berto Yáñez e Álvaro Gómez son dous dos integrantes da Navalla Suíza, un novo proxecto empresarial galego enfocado a incorporar as últimas tendencias baseadas en tecnoloxías abertas na rede galega.

 Pero esta iniciativa, como calquera boa navalla multiusos que se preste, confórmana todo un equipo multidisciplinar de profesionais recoñecidos. Xunto a Berto (Chuza!, Aduaneiros sen Fronteiras…) e Álvaro (PHPfileNavigator, Zeembo, Simplifica S.L.…), traballan Xabier Cid (Tempos Novos, blog ‘De paseo con Sir John Moore’…), Óscar Otero (LetraG…) e María Yáñez (Vieiros, Linguas Cruzadas, A polo Ghit! , O país dos ananos …).
 Son moitos e con moitas ideas, pero xuntos baixo unha mesma marca teñen un obxectivo común: optimizar as visitas dos portais e definir estratexias globais de comunicación, con especial atención ás redes sociais. A súa máxima “non facer webs para presentar en rolda de prensa” nin “para cobrar subvencións”. O seu primeiro traballo, o innovador videoblogue de Anxo Quintana, acaba de saltar á rede con toda a repercusión mediática que merece.
Mancomún falou con Berto e con Álvaro para que nos ofrecesen unha visión máis detallada deste nova empresa do que, seguro, darán moito de que falar na rede galega.

José R. Pichel: "É unha sorte ter tanta xente interesada na localización de software ao galego"

opentrad
 

José Ramon Pichel, director da área de Tecnoloxía lingüística de Imaxin|Software, é o responsable do primeiro tradutor automático galego-portugués, dispoñible na rede dende o pasado mes de xuño. O seu proxecto enmárcase dentro de todo un paquete de melloras aplicadas á tecnoloxía de OpenTrad, un sistema de tradución automática en código aberto para todas as linguas do Estado e de uso gratuíto para todo o público.

Aos pares de linguas xa existentes (español-galego, español-catalán, español-éuscaro), Imaxin engadiu agora o par galego-portugués como un paso máis cara a construción de pontes coa lusofonía e unha aposta máis polo Software lLbre como soporte económico-empresarial viable.

Mancomún falou con José Ramón Pichel non só para coñecer as novidades das melloras introducidas no tradutor OpenTrad, senón tamén para abordar o panorama do Software Libre en Galiza dende o punto de vista dunha empresa orientada tanto ás tecnoloxías abertas como ás privativas.

Ruben Díaz: "Se che gusta a ciencia e o coñecemento, como non sentirte atraído pola idea do SwL?"

Ruben DíazRubén Díaz Lázaro é técnico de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Clube de Astronomía Vega de Santiago. Mañá será o encargado de impartir en Rianxo un Obradoiro de Software Libre para Astronomía.

Este encontro, enmarcado dentro do curso de verán da USC sobre Astronomía e Contaminación Lumínica e organizado en colaboración con Mancomún, afondará no estudo e análise de aplicacións de tecnoloxía aberta vencelladas ao eido da astronomía.

Mancomún falou con Rubén Díaz para coñecer máis de preto os contidos deste obradoiro.

Louis Suarez-Potts : "Será moito máis doado escribir extensións para OpenOffice.org 3.0"

Louis Suárez-Potts é o Community Manager de OpenOffice.org. As súas tarefas inclúen a planificación estratéxica, a promoción, o marketing e o desenvolvemento de negocio. Mancomun.org puido falar con el no marco da OOoConf 2007 celebrada xa hai uns meses en Barcelona e que congregou a desenvolvedores e promotores de OOo de todo o mundo…

Manuel Regal: "O programa no que empezas a formarte gaña a batalla da educación"

Magasi CD Manuel González Regal, profesor do ciclo de Administración de Sistemas Informáticos do I.E.S. Xulián de Magariños de Negreira, liderou o pasado ano, xunto con outros compañeiros de departamento, a creación do Magasi CD:una recompilación de Software Libre maioritariamente en galego e orientado principalmente á educación que funcionase para a plataforma Windows. O obxectivo era achegar ferramentas informáticas gratuítas e en lingua galega para conmemorar o Día das Letras Galegas e o Día Mundial de Internet. A esta iniciativa sumáronse moitas outras como a aula virtual do centro que permite a antigos alumnos complementar a súa formación ou o exemplar equipamento informático do centro que amosan as grandes posibilidades do Software Libre na educación.

Estas iniciativas levaron a que o IES Xulián Magariños fose un dos centros que gañaron este ano o premio de centro TIC convocado pola Consellería de Educación, sendo unha das pezas fundamentais do proxecto a utilización do Software Libre.

Mancomun.org falou con Manuel Regal sobre o traballo que está a levar a cabo no centro el e o equipo do departamento de informática do Xulián de Magariños.

 

Ultreia: "Queremos ser un axente de infraestruturas"

Eduardo Díaz Comellas e Lourdes Sánchez Da Cruz, dous enxeñeiros de telecomunicacións da Universidade de Vigo decidiron crear Ultreia Comunicacións no 2002. Con sede en Vigo, Ultreia ten como propósito proporcionar servizos de seguridade, comunicacións e mantemento de servidores UNIX. A súa liña de traballo baséase en ofrecer servizos de calidade grazas ao Software Libre apostando máis polos servidores ca polos escritorios. Son, ademais, socios da Asociación Galegas de Empresas de Software Libre. Falamos con Eduardo sobre a súa empresa.
 

Aitire:"O noso modelo é o do SW Libre: cobramos servizos, vendemos coñecemento e apagamos incendios"

Aitire é unha empresa de Vigo provedora de servizos informáticos para PEME baixo o amparo do Software Libre. Con menos dun ano de vida os seis socios que a conforman xa levaron a cabo varios proxectos de migración a tecnoloxías libres en empresas da área de Vigo tan diferentes como un gran frigorista industrial ou unha produtora audiovisual ademais de ofrecer outros servizos como programación web ou voz sobre IP. Creada coa axuda dun plan de promoción do emprego do Concello de Vigo financiado con fondos europeos, foi fundada como sociedade limitada laboral de seis socios. Antonio Durán e Alejandro Escobar, dous dos seus integrantes, falaron con Mancomun.org para contar a evolución desta compañía.

Entrevista con GPUL: "Pretendemos ser unha plataforma para cumprir as inquietudes dos nosos socios"

GPULGPUL, Grupo de Programadores y Usuarios de Linux, é un dos grupos de usuarios de GNU/Linux con máis tradición e membros de Galicia. Ligado á cidade da Coruña e á súa universidade constitúese no ano 1998. Falamos con catro dos seus membros: o seu presidente, Emilio Padrón, o seu secretario, Chema Casanova, e dous socios Francisco Tsao e Juanjo Iglesias, que nos falaron da asociación, do xa feito e do moito por facer…
 

David Cabrero: "A evolución do Software Libre no eido da accesibilidade é tremenda"

David Cabrero é profesor na facultade de Informática da Coruña institución coa que Mancomun.org asinou un convenio de colaboración para desenvolver melloras de accesibilidade de persoas con diversidade funcional. Deste xeito as persoas con cegueira parcial ou total así como as persoas con problemas de mobilidade terano menos difícil á hora de integrarse na Sociedade da Información. A Universidade de Vigo tamén participa neste proxecto co desenvolvemento dun sintetizador de voz.  
 
 
Pax. 3 de 512345

Pin It on Pinterest