Entrevistas

Provedores de Prestashop: Initcoms Soluciones TIC e Redegal

O tecido empresarial galego é rico en opcións no ámbito do software libre, e hoxe entrevistamos a dúas empresas galegas que provén solucións e servizos sobre PrestaShop: Redegal e Initcoms, a fin de coñecer a súa opinión da ferramenta dende o punto máis técnico e coñercer opcións que nos axuden a implantala se non temos os coñecementos necesarios.

A visión dunha solución libre como gvSIG polas empresas usuarias finais

Nesta entrevista falamos con dúas empresas usuarias de gvSIG, Entyl Ingenieros S.L.L e Audasa, para coñecer a súa opinión respecto desta solución co obxectivo de afondar no coñecemento de gvsig dende unha visión práctica e máis aliñada coas dúbidas ou inquedanzas doutra empresa que estea valorando o seu uso.

Felipe Gil: “Co LoCo Team pretendemos agrupar á comunidade galega de Ubuntu”

"Cando un tradutor remata o seu primeiro programa completo, xa lle resulta “difícil” deixar a tradución"

Felipe Gil Castiñeira é o coordinador da comunidade de tradución de Ubuntu ao galego desde xuño do ano 2005, data na que se fixo pública a infraestrutura de tradución desta distribución de Linux. Dende entón coordina un equipo de arredor de 25 persoas que traduce desinteresadamente e de xeito voluntario cando a súa actividade diaria llo permite.

O LoCo Team galego é a última das súas iniciativas. Unha comunidade local que ten como obxectivo axudar a promover, traducir, desenvolver e, en definitiva, mellorar Ubuntu, dentro da actividade dunha rexión concreta.

Mancomún falou con Felipe Gil para coñecer máis de preto este proxecto que comeza agora a desenvolverse e que precisa da participación e a colaboración de toda a comunidade. Aproveitamos tamén a ocasión para coñecer o traballo que rodea a tradución de Ubuntu, a cal sustenta o sistema operativo Galinux.

Roberto Vieito (GHANDALF):”Ademais de ser espectadores da realidade, tiñamos a responsabilidade de influír nela con iniciativas arredor do software libre”

"A clave está na realización conxunta dun proxecto de software libre de envergadura que amose ao mundo a calidade do código desenvolvido en Galicia"

Roberto Vieito é o presidende de GHANDALF. Ghandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss (GHANDALF) é o nome da nova asociación que soa desde o pasado mes de xuño entre o colectivo de Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL).

A agrupación xurdiu a raíz da iniciativa dun grupo de alumnos da primeira edición do Máster en Software Libre Caixanova, pero está aberta á participación de calquera persoa con interese en traballar polo software libre -de feito dous dos seus promotores son alleos a este curso académico.

Aínda que actualmente a asociación só conta con nove socios inscritos, son moitas máis as persoas que colaboran con ela. Proba disto é que xa comezan a verse interesantes actividades promovidas desde este colectivo. Mancomún falou con Roberto Vieito para afondar no proceso de constitución de GHANDALF e nos proxectos que teñen entre mans.

Alexandre González e Ignacio Gutiérrez (Mirblu): “En ningún caso sería rendíbel un modelo pechado para unha empresa de recente creación como a nosa”

"O que estamos patentando é a infraestrutura necesaria para a distribución e o despregue do noso aplicativo, non o seu código"

A converxencia da mobilidade e da Internet no mercado da telefonía móbil está a xerar unha verdadeira revolución tecnolóxica, na que os aplicativos de software son os auténticos protagonistas. A súa utilización aumenta de forma constante entre os usuarios de teléfonos móbiles, incentivada pola crecente capacidade dos terminais.

Compañías como Nokia, Samsung, Apple o Google están contribuíndo enormemente ao desenvolvemento destes aplicativos descargábeis; conscientes de que os usuarios buscan novas prestacións máis adecuadas aos seus gustos e necesidades. Pero, desta vez, o negocio non está reservado ás grandes multinacionais: a irrupción das tecnoloxías de código aberto no sector -Android, LiMO, algunhas versións de Symbian…- tamén están a permitir a aparición de pequenas iniciativas de gran potencialidade.

É o caso de Mirblu. Esta empresa de recente creación e da que participa nun 50% un membro activo da comunidade galega de software libre, Alexandre González, xurdiu co propósito de comercializar un innovador aplicativo para teléfonos móbiles baseado en código aberto.

Mancomún falou con Alexandre e co seu socio, Ignacio Guitérrez, para coñecer en detalle este proxecto co que pretenden revolucionar o mercado.

O alcalde de Lalín, José Crespo: “Se os programas libres fan o mesmo, para que gastar os cartos en software privativo?”

O Concello de Lalín migra a software libre en materia de ofimática

Ubicado no centro xeográfico de Galicia e cunha poboación de máis de 20.000 habitantes, Lalín ten pasado, en tan só un par de décadas, de ser un municipio dependente exclusivamente da agricultura e da gandería, a vivir “unha etapa dourada” – como lle gusta dicir ao seu alcalde, José Crespo-, co despegue económico en diversos sectores como a construción, o téxtil…

Tampouco queda atrás este concello no campo das novas tecnoloxías, eido polo que veñen apostando desde hai tempo as autoridades locais. A última iniciativa neste campo: a migración dos equipos do consistorio a programas de software libre, co propósito de conseguir un aforro importante nas arcas municipais por custo de licenzas.

A vantaxe principal é que evitamos o pagamento de licenzas, tanto de sistemas operativos como de paquetes integrados. Trátase dun tema de concienciación posto que se estes programas fan o mesmo, para que gastar os cartos en software privativo?”, explica o alcalde José Crespo.

José Mª Casanova e Andrés Maneiro: “É unha vantaxe competitiva para Galicia que haxa unha oferta formativa tan rica”

"O software libre non é só unha cuestión de elección de licenza, senón que é tamén un modo de desenvolver máis eficiente"

O Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre e o Máster de Software Libre son dúas das principais iniciativas de promoción das tecnoloxías abertas que se levan a cabo en Galicia. Detrás de ambos proxectos: Igalia, unha das empresas de referencia no sector, non só no ámbito galego senón tamén no ámbito internacional. Esta empresa de espírito asambleario con oito anos de existencia é unha proba de que o modelo de negocio con software libre é unha fórmula de éxito na facturación, pero tamén na integración coa comunidade.

Mancomún falou con José Mª Casanova, coordinador do Máster de Software Libre e  con Andrés Maneiro, coordinador do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira, para coñecer máis de preto os detalles da nova edición destes dous proxectos dos que, precisamente, coñecemos este mes todas as súas novidades –sobre o Máster e sobre o Premio PFC.

Alberto Varela: “Creo que a comunidade galega está nunha fase moi esperanzadora para desenvolver SwL de relevancia”

"Se o home tivese quedado satisfeito coa primeira roda, seguramente hoxe o desenvolvemento tecnolóxico sería moi distinto"

Alberto Varela é o coordinador do equipo que integra o Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica na ETSE de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UDC), comunmente coñecido como Cartolab. O seu departamento traballa fundamentalmente na utilización dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) para a optimización da xestión e planificación territorial. Obxectivo para o que desenvolven e implementan metodoloxías e aplicativos orientados ao tratamento de datos xeoespaciais.

É neste labor diario no que o CartoLab está realizando unha aposta decidida polo software libre, non só no seu uso e desenvolvemento senón tamén na súa promoción, a través da participación en seminarios ou mediante as súas habituais contribucións á comunidade de software libre.

Alberto Varela explicou a Mancomún os motivos que moveron os membros do Cartolab a optar polas tecnoloxías libres nun ámbito cunha ampla presencia dos sistemas comerciais pero nos que, por outra parte, tamén comezan a despuntar proxectos libres de éxito, como por exemplo gvSIG.

Jorge Vázquez: "O que nos axudou a incrementar o volume de negocio no sector privado foi o compromiso da Administración"

"O cliente final está na maioría dos casos pouco informado do que é o software libre"Jorge Vázquez

Jorge Vázquez é, xunto con Rocío Veiga, un dos socios fundadores da empresa ourensá Redegal S.L.. No ano 2004, con tan só 23 anos, decidiu embarcarse no mundo empresarial apostando decididamente polas oportunidades de negocio que se abrían co software libre e co salto das TIC en Galicia.

A súa empresa ofrece servizos de consultoría, auditoría, deseño… pero é, precisamente, no desenvolvemento e na asistencia técnica en materia de software libre na que esta empresa está a obter os seus maiores éxitos.

Mancomún falou con Jorge Vázquez para coñecer máis en detalle as características da súa sociedade e a evolución desta no marco do tecido empresarial TIC galego.

Pax. 3 de 712345...Último »

Pin It on Pinterest