Entrevistas

Un total de 42 resultado(s) para entrevistas

Miguel Churruca: “En Blusens quixemos apostar por desenvolvementos sobre tecnoloxías abertas e software libre”

"A gran tarefa de Linux é chegar a convencer o usuario final para obter unha masa crítica suficiente"

Miguel ChurrucaMiguel Churruca é o director de Márketing e Comunicación de Blusens, unha das empresas galegas con maior proxección internacional. Constituída no ano 2002 cun capital de 3000 euros, Blusens tense situado en pouco máis de 6 anos como un dos fabricantes de referencia en España, pero tamén do mercado internacional con filiais en China, Malaisia ou Dubai.

Malia todo, Blusens mantén a súa sede central en Santiago de Compostela sen perder de vista as súas raíces. Unhas raíces respecto das que o seu director, Xosé Ramón García, xa afirmaba, nunha entrevista realizada por Vieiros no ano 2007, que “Blusens seguiría apostando por Galicia pois todo o I+D estaría sempre aquí”.

E, efectivamente, a día de hoxe non só continúa aquí o seu departamento de I+D, senón que ademais faino en termos de tecnoloxías abertas: a comezos deste ano Blusens irrompía no segmento informático do hardware co seu primeiro portátil, o FreePC, un neetbook preinstalado con Linux. Mancomún tivo a oportunidade de contactar con Miguel Churruca para coñecer con máis detalle esta iniciativa.

Lucía Morado: "A gran virtude de Mancomún é o seu traballo como catalizador no campo do software libre e da localización ao galego"

“A nosa misión é revolucionar o mundo da localización a través da automatización, composición e integración dos diferentes procesos”

Lucía MoradoA piques de cumprir tres anos de existencia, nada nin ninguén parece cuestionar que o traballo de Mancomún goza de recoñecemento alén das nosas fronteiras. Se o pasado verán un estudo casuístico elaborado pola Universidade das Nacións Unidas sinalaba o modelo colaborativo de Mancomún como referente internacional para implantación efectiva das tecnoloxías abertas, agora é o seu labor no eido da localización o que parece ter captado o interese, nada máis nin nada menos, que do Centro de Investigación para a Localización (LRC) en Irlanda.

O LRC (www.localisation.ie) é un centro de información, investigación e estudos orientados ao ámbito da localización, que o converten nun dos centros pioneiros especializados nesta materia. Situado na Universidade de Limerick (Irlanda), colabora nacional e internacionalmente con investigadores, estudantes, medios de comunicación, empresas de consultoría, axencias gobernamentais e coa Comisión Europea.

O contacto chegou a Mancomún da man de Lucía Morado, estudante de doutoramento da Universidade de Limerick (Irlanda), cuxa investigación está a ser financiada polo Centro de Nova Xeración para a Localización (CNGL) no marco do LRC. O seu estudo céntrase nos estándares de localización, pero tamén nas linguas menos estendidas e, entre elas, o galego. Baixo estes parámetros, Lucia Morado atopou na súa busca o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia como un dos principais referentes.

M. Villarino:"Fartei de non recordar o significado dos tecnicismos e púxenme a traducir"

O coordinador do proxecto de localización de KDE asegura que "traducir non é complexo"

Equipo tradución KDE

Marce Villarino é o actual coordinador do equipo de tradución ao galego de KDE, un proxecto que leva, dende hai tempo, posicionando ao noso idioma no Top Ten de localización deste contorno de escritorio libre.

El, xunto co resto do seu equipo, traballan arreo e de xeito voluntario para poder dispoñer en galego do escritorio de código aberto que, polas súas características e funcionalidades, eles mesmos escolleron.

Mais, no software libre, as actualizacións e as melloras son constantes, por iso o seu labor busca estar sempre ao día en cada unha das versións dispoñibeis. Así o demostraron coa recente publicación de KDE 4.2, no que galego volveu estar entre os dez primeiros idiomas -de máis de cincuenta dispoñíbeis- co 100% traducido no lanzamento da nova versión.

Mancomún falou con Marce Villarino para achegarse, nesta ocasión, á realidade da tradución voluntaria de software libre ao galego.

Claudio F. Filho:"no momento que existe um governo preocupado pelas TIC a migração é possíbel"

Claudio F. FilhoClaudio F. Filho é o fundador da comunidade OpenOffice.org en Brasil, actualmente chamada BrOffice.org. O seu nome soa forte entre os membros da comunidade galega de software libre dende que, a mediados do pasado ano, se mudara a Galiza para traballar en Tegnix, unha empresa especializada en proxectos de migración para software libre.

Coa recente publicación de Galinux, Mancomún quixo falar con Claudio para coñecer máis de preto o proxecto BrOffice.org, así como a súa experiencia en migracións masivas de escritorios a software libre.

Tagen Ata: "A localización de SwL era algo importante no que nos metemos por vontade propia"

"A comunidade e a empresa teñen cadanseu espazo, pero isto non debe ser entendido coma un problema senón coma un beneficio"
  

Tagen AtaCristina Gomis e Gonçalo Cordeiro son membros da cooperativa galega Tagen Ata, unha das empresas con maior peso no eido da localización ao galego de aplicativos de código aberto. Defínense a si mesmos como unha entidade “constituída en volta dos valores de autoaxuda, co-responsabilidade, democracia, igualdade e vocación social”, e as achegas que veñen realizando en beneficio da comunidade galega de software libre, nos seus xa case 7 anos de existencia,  certifícano.

Mais as súas contribucións non se limitan ao campo da tradución. Dinamización social, pedagoxía, xénero, docencia… son algunhas das facetas explotadas polo amplo equipo interdisciplinar que conforman os socios e socias de Tagen Ata.

A raíz da recente presentación de Exeria, o corrector lingüístico de xénero desenvolvido conxuntamente por Tagen Ata e Imaxin, Mancomún falou con Cristina Gomis e con Gonçalo Cordeiro co propósito de afondar nas diferentes liñas de traballo que está a desenvolver a cooperativa no campo das novas tecnoloxías.

Marcelo Branco: "Sempre que possamos explicar que é o SwL teremos sucesso na súa difusão"

Marcelo BrancoActivista pola liberdade do coñecemento, Marcelo Branco é unha das persoas de referencia á hora de falar do software libre no Brasil pero tamén no resto do mundo. Dende o ano 2003 até xaneiro de 2005 foi consultor da Presidência da República de Brasil para a articulación da Sociedade da Información. Posteriormente trasladou a súa actividade profesional a España, onde traballou até o ano 2007 no goberno da Generalitat de Catalunya como asesor responsábel da Estratexia de Software Libre do Goberno a través da Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información, coordinando o proxecto Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre.

A súa experiencia tanto no Brasil, un dos países exemplares no proceso de migración ás tecnoloxías abertas, coma en España fan da súa opinión unha información a ter en conta.

Mancomún falou con Marcelo Branco no transcurso da Conferencia Internacional de Software Libre en Málaga, onde participou na mesa redonda “Existe a neutralidade tecnolóxica? é posíbel a convivencia? ”.

Pedro Figueras: "Co SwL partimos dunha produtividade e dunha competencia do produto mellor"

Figueras Deseñador e programador de renome, Pedro Figueras foi o gañador do Premio Eganet á mellor web corporativa do ano 2008 polo deseño de A Nosa Terra Diario, un sitio baseado integramente en tecnoloxías abertas.

Pero a súa vinculación ao Software Libre non queda aí. Da man do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre en Galiza, Pedro Figueras ten contribuído en numerosas ocasións á difusión da imaxe de Mancomún. O seu último traballo, sen ir máis lonxe: o deseño da nova identidade corporativa.

Mancomún falou con el para que nos dese a súa visión entorno ao Software Libre e a súa aplicación no mundo do deseño gráfico e multimedia.

Pablo Gamallo: "É absurdo que haxa institucións públicas que non desenvolvan Software Libre"

Pablo Gamallo no seu departamento da USCPablo Gamallo é investigador e membro do Grupo de Investigación en Gramática de Español da USC. A súa carreira corre paralela ao eido da lingüística e da informática, unha peculiar combinación que ten derivado en proxectos de grande interese tanto para a comunidade de Software Libre como para o resto da sociedade.

El, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do grupo (entre os que destacan o académico Guillermo Rojo e a experta en Lingüística computacional Susana Sotelo Docío, quen ademais ten participado na comunidade G11n), liberou a mediados deste ano tres ferramentas de uso lingüístico baixo licenza GPL. Estas aplicacións e o seu código fonte están dispoñibles para descarga na páxina web da USC. Trátanse dun analizador sintáctico multilingüe, un xerador automático de tesaurus multilingüe e un extractor multilingüe de termos multipalabra. Todas elas foron desenvolvidas para galego, portugués, inglés, español e francés

Mancomún falou con Pablo Gamallo para coñecer máis de preto a utilidade destas ferramentas e o traballo que el e mailos seus compañeiros están a desenvolver no campo da lingüística computacional con software libre.

Helena Veiguela: "O noso modelo ten éxito porque pode ser copiado e reutilizado noutras latitudes"

VeiguelaHelena Veiguela Martínez é Licenciada en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Especialista en Estatística e Investigación Operativa pola Universidade Complutense de Madrid. É a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e é membro do goberno galego que, polo de agora, máis ten impulsado o uso e desenvolvemento do Software Libre en Galiza.
 Tras máis de tres anos de actividade institucional, a revista de novas tecnolóxicas de Galicia "Código Cero" publica na súa edición nº 64  esta entrevista concedida mentres preparábamos a nosa participación na Conferencia Internacional de Software Libre.
Pax. 2 de 512345

Pin It on Pinterest