Nado en Lausanne (Suiza) o 19 de novembro de 1990, voltou a Galicia para cursar bacharelato e enxeñaría informática na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense. No último curso de carreira e posteriormente ao longo do Máster, foi compaxinando estudos e traballo para procurar adquirir experiencia e maior nivel de coñecementos. Antes de rematar o Máster en enxeñaría informática, comeza a facer o doutorado no laboratorio EPhysLab. Baixo o seu abeiro fixo o Traballo Fin de Máster. Actualmente traballa na súa tese doutoral.

Que supuxo para ti gañar este premio?

Obter un premio destas características supón recoller os froitos tras realizar o último esforzo para rematar os estudos.

Como evolucionou o teu proxecto despois do premio? Continuaches traballando nel? Conseguiches crear comunidade?

A dia de hoxe, FortranAnalyser é unha ferramenta usada por diversas empresas privadas e centros de investigación ubicados ao longo de máis de 10 países pertencentes a 4 continentes distintos, como por exemplo Météo France ou Deimos Space.

Estás traballando actualmente? En caso afirmativo, ten relación o teu traballo co Sofware Libre? Cres que a experiencia adquirida na participación no premio che axudou en algo?

Actualmente estou realizando a miña tese doutoral na que o software a elaborar vai ter unha licencia GPLv3. Por suposto que me axudou, posto que te permite preparar máis a fondo acerca do software libre para tratar de responder a tódalas preguntas que che poda facer o xurado acerca do software libre e o traballo realizado. Tamén poden facer críticas construtivas que permitirán mellorar o traballo realizado.

Que lle dirías aos estudantes que están a piques de comezar o seu PFC? Recomendaríaslles que o fixesen con Software Libre?

Recoméndolles que o fixesen con Software libre e que se presenten na seguinte convocatoria do premio.

Que lles dirías ao profesorado que fai a titorización dos proxectos para que axudasen aos seus estudantes a participar neste premio?

Aos tutores dos estudantes recoméndolles que promocionen o uso do software libre aos seus alumnos.

Pin It on Pinterest

Share This