Cal é o teu papel dentro de OpenOffice.org?
(Pide desculpas por non atreverse a falar en español) Son o director de comunidade (community manager) de OpenOffice.org que esencialmente implica intentar que a comunidade de OOo se faga oír e facilitarlles aos colaboradores a súa contribución ao proxecto. O Software Libre sempre se compón de pequenos grupos que achegan código por razóns propias que non sempre coinciden e non lles preocupan as razóns dos outros para colaborar. Pero para ter un proxecto común precisas comunicación, regras e un sentido da responsabilidade cara os demais así como comprensión. Unha das miñas tarefas é axudar ás persoas a comunicarse máis eficientemente.
 
 

Suárez Potts co noso OOo
 Louis Suárez-Potts co OpenOffice.org de Mancomun.org
 
Cales son os obxectivos da OooConf?
Hoxe é só o segundo día e estamos expectantes a ver que pasa. Onte foron as presentacións e houbo moitas discusións técnicas que soen ser bastante proveitosas. Ata o de agora o encontro foi magnífico cun gran traballo de organización por parte de SoftCatalá.
Espero que a OooConf permita aos desenvolvedores contribuír. Internet fixo posible o Software Libre e a todo o mundo está encantado de traballar cada hora do día en internet pero non pode substituír aos encontros cara a cara ou a tomar unha copa despois do debate ou a tomar unha copa durante o debate (risas). Seguramente aínda que para OOo a linguaxe principal é o inglés esta non é a lingua nai da maioría da xente e encontros como estes permítennos comunicarnos mellor.
 
Onde se centra o debate ao redor de OpenOffice.org?
Non hai un punto forte de debate pero destacaría este ano o uso de estándares abertos e o Open Document Format. Só este ano os gobernos se tomaron seriamente a importancia dos estándares abertos para os documentos ofimáticos. Red Flag, coa versión chinesa de OOo e IBM coa súa achega á comunidade son como un renacemento para nós e permítenos pensar en como queremos afrontar o futuro.
A diferenza doutras aplicacións nós temos unha indiosincrasia diferente porque producimos cousas e isto cambia a ecuación porque aínda que a xente non se dea conta permitimos que se preserve o que a xente escribe e pemitimos á xente a comunicación en calquera linguaxe para escribir os seus propios libros, a súa propia historia e crear a súa propia cultura. Non estamos a dicir que esta historia vaia ser mellor ca outra senón que a xente ten as ferramentas para levalo a cabo. Cando a imprenta chegou a Inglaterra a xente tivo as ferramentas para expresarse e ser críticos, tamén contra o goberno. Pero iso é parte da natureza humana e da capacidade de expresarse.
 
Que novidades terá OpenOffice.org 3.0?
Haberá un montón delas. Na 3.0 será moito máis fácil crear e xestionar extensións. Por outra banda queremos mellorar OpenOffice.org para as empresas promovendo os contornos colaborativos, a participación e mellorando o xeito no que se comparte e representa a información. 
 
Será máis fácil escribir extensións en OOo 3.0, non será trivial pero será máis fácil. Os estudantes poderán participar, a xente que fai extensións poderá participar ao igual que as pequenas empresas… Por exemplo se o goberno galego quixese facer unha extensión para usar OOo máis eficientemente podería facelo de xeito fácil. A xente escribirá máis extensións e traballará máis feliz porque será doado escribilas, integralas e contará con máis información, unha arquitectura máis clara e un código máis limpo. 
 
Cales son os principais problemas para a extensión de OOo?
Unha das dificultades máis grandes é ter que estar dispoñible para todas as plataformas. Se ti por exemplo creas unha unha extensión para Mozilla só tes que estar pendente de que esa extensión concreta funcione nunha aplicación concreta. Sen embargo en OOo queremos asegurarnos de que cada extensión traballa axeitadamente e a dificultade reside en que a arquitectura e algunhas extensións son complexas e realmente integradas en OOo. Porque cando falamos de extensión non falamos só de simples complementos (addon)  senón que tamén hai extensións con axuda integrada. Aí non podes limitarte a escribir un script e difundir este desenvolvemento (aínda que espero que a xente o siga a facer) porque hai un montón de traballo neste complemento. 
  

Pin It on Pinterest

Share This