Jordi Màs comenta as posibilidades que ofrece o Software Libre en diferentes ámbitos da sociedade, como a Administración pública, a PEME, a educación, etc. Comenta tamén as facilidades que aporta este software para a tradución de programas informáticos a linguas como o galego ou o catalán.

Jordi incide tamén na importancia dos estándares e tecnoloxías abertas e neutrais para garantir o acceso e intercambio de coñecemento: “É inxustificable que, por exemplo, un Web dunha Administración pública só funcione con Internet Explorer. É tan absurdo como se para ver TV3 ou TVG fose necesario ter un televisor dunha marca concreta.”

Entrevista completa

Pin It on Pinterest

Share This