Como coñeceu Zabbix?

Hogarlín: A través de Muutech. Hijos de Rivera: Coñecimos Zabbix a través de ALBABA, que nos amosou implantacións e casos de éxito noutras empresas.

Cubriu totalmente Zabbix as súas expectativas e necesidades?

Hogarlín: Na súa maior parte, si. Hijos de Rivera: Si, de feito fixemos adaptacións propietarias para integrar Zabbix co noso proceso ITIL orientado á resolución de incidencias.

En caso de que non, que lle faltaría?

Hogarlín: Interface non completamente en castelán, facilidade na creación de mapas e iconas polo propio usuario. Hijos de Rivera: Agora mesmo non atopamos carencias. Aquelas peticións ou funcionalidades que demandamos foron implementadas por ALDABA.

Que vantaxe ou vantaxes supuxo a implantación de Zabbix para o seu negocio?

Hogarlín: Podo anticiparme ó fallo, podo analizar, xestionar e a mellorar procesos que antes non podía controlar. Hijos de Rivera: Implantar Zabbix supuxo un control total sobre a nosa infraestrutura TIC e un control total sobre os nosos procesos de negocio. Podemos traballar nos procesos de dispoñibilidade e capacidade, é dicir, coñecemos en cada momento o estado dos nosos procesos de negocio e podemos anticiparnos á demanda de recursos.

Recomendaría o uso de Zabbix a outra empresa?

Hogarlín: Si. Hijos de Rivera: Si, sen dúbida.

Sabía o que era o Software Libre antes de implantar Zabbix?

Hogarlín: Si. Hijos de Rivera: Si.

Tivo algún peso na elección da solución que esta fose Software Libre?

Hogarlín: Non. Hijos de Rivera: Si, o aforro nos custos de licenza, que non aportan nada ó noso negocio.

Valorou algunha outra alternativa?

Hogarlín: Si. Hijos de Rivera: Si, valoramos diferentes solucións de monitorización, tanto de Software Libre como privativas.

De ser así, que foi o máis determinante á hora de escoller esta e non outra?

Hogarlín: O prezo, e a proximidade co fornecedor Muutech. Hijos de Rivera: A experiencia e os casos de éxito amosados por ALDABA.

Pin It on Pinterest

Share This