Para coñecer máis de preto a solución de mans de algunha empresa que a teña empregado nun entorno real, falamos cunha empresa que actualmente ten o seu sitio web desenvolto baixo esta tecnoloxía. Así coñeceremos de primeira man cales son as súas impresións respecto desta solución.

Como coñeceu Wordpress?

Buscando na Internet solucións Open Source para crear unha páxina de empresa.

Cubriu totalmente Wordpress as súas expectativas e necesidades?

Si. Diría que máis ben grazas ao provedor Initcoms, que á plataforma en si.

En caso de que non, que lle faltaría?

Un backend máis intuitivo.

Contratou vostede o desenvolvemento dalgún plugin a medida para adaptar Wordpress ás súas necesidades?

Non.

Elixiu facer unha instalación propia de Wordpress ou está a empregala como servizo na nube? Por que?

Propia.

Que vantaxe ou vantaxes supuxo a implantación de Wordpress para o seu negocio?

Temos unha solución que realiza todo o que precisamos actualmente para o noso negocio en liña.

Recomendaría o uso de Wordpress a outra empresa?

Cremos que cada proxecto ten as súas particularidades e hai que analizar que solución é máis apropiada en cada caso.

Sabía o que era o Software Libre antes de implantar Wordpress?

Si.

Tivo algún peso na elección da solución que esta fose Software Libre?

Si.

Valorou algunha outra alternativa?

Si.

De ser así, que foi o máis determinante á hora de escoller esta e non outra?

A recomendación da empresa que nos desenvolveu a tenda en liña.

Pin It on Pinterest

Share This