Para coñecer máis de preto a solución de mans de algunha empresa que a teña empregado nun entorno real, falamos cunha empresa que implantou esta solución e a está empregando a día de hoxe como parte principal do seu negocio, así coñeceremos de primeira man cales son as súas impresións respecto desta solución.

Que necesidades TIC lle levaron a empregar a solución LibreOffice e que ferramentas emprega habitualmente: Writer, Calc, Impress, ...?

O custo e cero. Procesador de textos, folla de cálculo, presentacións e base de datos.

Como coñeceu LibreOffice?

A través de Internet.

Cubriu totalmente LibreOffice as súas expectativas e necesidades?

Si.

En caso de que non, que lle faltaría?

O programa de xestión de bases de datos precisa de moito máis desenvolvemento para poder ser utilizado por usuarios non avanzados.

Contratou vostede algún tipo de desenvolvemento para adaptar LibreOffice ás súas necesidades?

Non.

Contratou vostede soporte profesional sobre LibreOffice? Se é así, para que o contratou: Consultaría, Migración, Formación, ...?

Contratei a Librebit para poder facer a Migración e a formación dunha forma más segura.

Que vantaxe ou vantaxes supuxo a implantación de LibreOffice na súa empresa?

Os programas corren mellor xa que non están sobrecargados con ferramentas que non utilizo nin outros software que non quero, e os arquivos resultantes pesan menos.

Recomendaría o uso de LibreOffice a outra empresa?

Si, indubidablemente.

Sabía o que era o Software Libre antes de implantar LibreOffice?

Si, Linux ten sido algo que levo anos intentando instalar e xa fai tres que so traballamos con Linux.

Tivo algún peso na elección da solución que esta fose Software Libre?

O importante do software libre é que o diñeiro que investimos en sistemas vai os técnicos de sistemas que traballan no noso fornecedor, e iso permite ter más servizos que antes.

Valorou algunha outra alternativa?

Si, Mac e Windows.

De ser así, que foi o máis determinante á hora de escoller esta e non outra?

O custo de MAC e excesivo para o noso sector e no noso caso non nos aporta nada. Windows e máis barato pero con Linux temos todas as necesidades cubertas temos mais orzamento para adicar a desenvolvementos para a nosa organización.

Pin It on Pinterest

Share This