Analizada a ferramenta toca ver opcións que nos axuden a implantala se non temos os coñecementos necesarios. Por sorte o tecido empresarial galego é rico en opcións no ámbito do software libre, así contactamos cunha empresa galega que ofrece servizos sobre Wordpress, Initcoms. Entrevistámola tamén para coñecer a súa opinión da ferramenta dende o punto máis técnico.

A que tipo de clientes vai dirixido Wordpress? A que tipo de negocio lles pode ser útil esta solución?

Empresas ou autónomos que precisen un sitio web corporativo polo medio do cal dar a coñecer a súa actividade ou ofrecer servizos e produtos, levar a cabo acciones de posicionamento e inbound marketing a través da creación dun blog ou poñer en marcha un eCommerce cunhas características definidas.

Como diría que se atopa Wordpress respecto de alternativas privativas en termos de madurez e funcionalidade?

Moi maduro.

Que porcentaxe de casos de uso cubre Wordpress?

45%

Canto pode supoñer en aforro de licenzas o emprego de Wordpress?

Dependerá do tipo de licenza contratada, pero sen dúbida un aforro anual considerable.

Que vantaxes achega respecto doutras solucións?

Facilidade de uso, rapidez de desenvolvemento e implantación, versatilidade debido ao número de modelos e plugins existentes, excelente optimización SEO.

Que vantaxes achega respecto doutras solucións privativas?

Todas as vantaxes derivadas do uso dunha solución open source.

Que servizos ofrece a súa empresa sobre Wordpress?

  • Deseño e desenvolvemento de sitios webs corporativos.
  • Creación e mantemento de blogs.
  • Estratexias de inbound marketing e posicionamento.
  • Deseño e desenvolvemento de proxectos eCommerce.

Ten desenvolvido algún plugin para Wordpress? Liberouno?

Si temos feito algún desenvolvemento pero non foi liberado polo momento.

Ofrece vostede esta solución como SaaS?

Polo momento non.

En caso negativo, porque non?

Non o consideramos unha opción adecuada para os nosos clientes.

Canto cre que inflúe nos seus clientes o que Wordpress sexa Software Libre?

Cada vez son máis os que coñecen as vantaxes do software libre, principalmente o non quedar cautivos da empresa desenvolvedora e poder cambiar de provedor cando eles decidan sen ter que comezar de cero o proxecto cunha solución nova. Porén aínda existen moitos emprendedores e donos de negocio que descoñecen o que é o software libre e o que é software privativo, e cales son as súas diferenzas. Tal e como temos dito antes, aínda hai moito descoñecemento e incultura dixital entre as PEMES. Son necesarias máis accións de formación, divulgación e dixitalización de negocios.  

Aproveitando a entrevista queremos saber tamén que opinan as empresas TIC entrevistadas sobre o ecosistema de Software Libre galego:

Que opinión lle merece o tecido TIC galego?

Moi verde, falta información, difusión e concienciación entre as PEMES acerca da importancia do mundo dixital para mellorar a súa competitividade e garantir a súa supervivencia.

Na súa opinión, que iniciativas se deberían fomentar dende a administración para o fomento das TIC, e en particular do Software Libre, nas pemes?

Keynotes, talleres, demostracións, formación... todo tio de accións encamiñadas a implicar ás PEMES no uso das TIC e beneficios para os seus negocios. O principal problema é a falta de implicación das PEMES debido ao seu descoñecemento acerca da importancia de adaptarse á contorna dixital.

Pin It on Pinterest

Share This