Alexandre González e Ignacio Gutiérrez (Mirblu): “En ningún caso sería rendíbel un modelo pechado para unha empresa de recente creación como a nosa”
"O que estamos patentando é a infraestrutura necesaria para a distribución e o despregue do noso aplicativo, non o seu código"
A converxencia da mobilidade e da Internet no mercado da telefonía móbil está a xerar unha verdadeira revolución tecnolóxica, na que os aplicativos de software son os auténticos protagonistas. A súa utilización aumenta de forma constante entre os usuarios de teléfonos móbiles, incentivada pola crecente capacidade dos terminais.
Compañías como Nokia, Samsung, Apple o Google están contribuíndo enormemente ao desenvolvemento destes aplicativos descargábeis; conscientes de que os usuarios buscan novas prestacións máis adecuadas aos seus gustos e necesidades. Pero, desta vez, o negocio non está reservado ás grandes multinacionais: a irrupción das tecnoloxías de código aberto no sector -Android, LiMO, algunhas versións de Symbian…- tamén están a permitir a aparición de pequenas iniciativas de gran potencialidade.
É o caso de Mirblu. Esta empresa de recente creación e da que participa nun 50% un membro activo da comunidade galega de software libre, Alexandre González, xurdiu co propósito de comercializar un innovador aplicativo para teléfonos móbiles baseado en código aberto.
Mancomún falou con Alexandre e co seu socio, Ignacio Guitérrez, para coñecer en detalle este proxecto co que pretenden revolucionar o mercado.
Alberto Varela: “Creo que a comunidade galega está nunha fase moi esperanzadora para desenvolver SwL de relevancia”
"Se o home tivese quedado satisfeito coa primeira roda, seguramente hoxe o desenvolvemento tecnolóxico sería moi distinto"
Alberto Varela é o coordinador do equipo que integra o Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica na ETSE de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UDC), comunmente coñecido como Cartolab. O seu departamento traballa fundamentalmente na utilización dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) para a optimización da xestión e planificación territorial. Obxectivo para o que desenvolven e implementan metodoloxías e aplicativos orientados ao tratamento de datos xeoespaciais.
É neste labor diario no que o CartoLab está realizando unha aposta decidida polo software libre, non só no seu uso e desenvolvemento senón tamén na súa promoción, a través da participación en seminarios ou mediante as súas habituais contribucións á comunidade de software libre.
Alberto Varela explicou a Mancomún os motivos que moveron os membros do Cartolab a optar polas tecnoloxías libres nun ámbito cunha ampla presencia dos sistemas comerciais pero nos que, por outra parte, tamén comezan a despuntar proxectos libres de éxito, como por exemplo gvSIG.