Entrevistas

Un total de 2 resultado(s) para políticas e iniciativas

O alcalde de Lalín, José Crespo: “Se os programas libres fan o mesmo, para que gastar os cartos en software privativo?”

O Concello de Lalín migra a software libre en materia de ofimática

Ubicado no centro xeográfico de Galicia e cunha poboación de máis de 20.000 habitantes, Lalín ten pasado, en tan só un par de décadas, de ser un municipio dependente exclusivamente da agricultura e da gandería, a vivir “unha etapa dourada” – como lle gusta dicir ao seu alcalde, José Crespo-, co despegue económico en diversos sectores como a construción, o téxtil…

Tampouco queda atrás este concello no campo das novas tecnoloxías, eido polo que veñen apostando desde hai tempo as autoridades locais. A última iniciativa neste campo: a migración dos equipos do consistorio a programas de software libre, co propósito de conseguir un aforro importante nas arcas municipais por custo de licenzas.

A vantaxe principal é que evitamos o pagamento de licenzas, tanto de sistemas operativos como de paquetes integrados. Trátase dun tema de concienciación posto que se estes programas fan o mesmo, para que gastar os cartos en software privativo?”, explica o alcalde José Crespo.

Lucía Morado: "A gran virtude de Mancomún é o seu traballo como catalizador no campo do software libre e da localización ao galego"

“A nosa misión é revolucionar o mundo da localización a través da automatización, composición e integración dos diferentes procesos”

Lucía MoradoA piques de cumprir tres anos de existencia, nada nin ninguén parece cuestionar que o traballo de Mancomún goza de recoñecemento alén das nosas fronteiras. Se o pasado verán un estudo casuístico elaborado pola Universidade das Nacións Unidas sinalaba o modelo colaborativo de Mancomún como referente internacional para implantación efectiva das tecnoloxías abertas, agora é o seu labor no eido da localización o que parece ter captado o interese, nada máis nin nada menos, que do Centro de Investigación para a Localización (LRC) en Irlanda.

O LRC (www.localisation.ie) é un centro de información, investigación e estudos orientados ao ámbito da localización, que o converten nun dos centros pioneiros especializados nesta materia. Situado na Universidade de Limerick (Irlanda), colabora nacional e internacionalmente con investigadores, estudantes, medios de comunicación, empresas de consultoría, axencias gobernamentais e coa Comisión Europea.

O contacto chegou a Mancomún da man de Lucía Morado, estudante de doutoramento da Universidade de Limerick (Irlanda), cuxa investigación está a ser financiada polo Centro de Nova Xeración para a Localización (CNGL) no marco do LRC. O seu estudo céntrase nos estándares de localización, pero tamén nas linguas menos estendidas e, entre elas, o galego. Baixo estes parámetros, Lucia Morado atopou na súa busca o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia como un dos principais referentes.

Pin It on Pinterest