Entrevistas

Un total de 3 resultado(s) para asociacións galegas de usuarios

Felipe Gil: “Co LoCo Team pretendemos agrupar á comunidade galega de Ubuntu”

"Cando un tradutor remata o seu primeiro programa completo, xa lle resulta “difícil” deixar a tradución"

Felipe Gil Castiñeira é o coordinador da comunidade de tradución de Ubuntu ao galego desde xuño do ano 2005, data na que se fixo pública a infraestrutura de tradución desta distribución de Linux. Dende entón coordina un equipo de arredor de 25 persoas que traduce desinteresadamente e de xeito voluntario cando a súa actividade diaria llo permite.

O LoCo Team galego é a última das súas iniciativas. Unha comunidade local que ten como obxectivo axudar a promover, traducir, desenvolver e, en definitiva, mellorar Ubuntu, dentro da actividade dunha rexión concreta.

Mancomún falou con Felipe Gil para coñecer máis de preto este proxecto que comeza agora a desenvolverse e que precisa da participación e a colaboración de toda a comunidade. Aproveitamos tamén a ocasión para coñecer o traballo que rodea a tradución de Ubuntu, a cal sustenta o sistema operativo Galinux.

Roberto Vieito (GHANDALF):”Ademais de ser espectadores da realidade, tiñamos a responsabilidade de influír nela con iniciativas arredor do software libre”

"A clave está na realización conxunta dun proxecto de software libre de envergadura que amose ao mundo a calidade do código desenvolvido en Galicia"

Roberto Vieito é o presidende de GHANDALF. Ghandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss (GHANDALF) é o nome da nova asociación que soa desde o pasado mes de xuño entre o colectivo de Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL).

A agrupación xurdiu a raíz da iniciativa dun grupo de alumnos da primeira edición do Máster en Software Libre Caixanova, pero está aberta á participación de calquera persoa con interese en traballar polo software libre -de feito dous dos seus promotores son alleos a este curso académico.

Aínda que actualmente a asociación só conta con nove socios inscritos, son moitas máis as persoas que colaboran con ela. Proba disto é que xa comezan a verse interesantes actividades promovidas desde este colectivo. Mancomún falou con Roberto Vieito para afondar no proceso de constitución de GHANDALF e nos proxectos que teñen entre mans.

Alexandre González e Ignacio Gutiérrez (Mirblu): “En ningún caso sería rendíbel un modelo pechado para unha empresa de recente creación como a nosa”

"O que estamos patentando é a infraestrutura necesaria para a distribución e o despregue do noso aplicativo, non o seu código"

A converxencia da mobilidade e da Internet no mercado da telefonía móbil está a xerar unha verdadeira revolución tecnolóxica, na que os aplicativos de software son os auténticos protagonistas. A súa utilización aumenta de forma constante entre os usuarios de teléfonos móbiles, incentivada pola crecente capacidade dos terminais.

Compañías como Nokia, Samsung, Apple o Google están contribuíndo enormemente ao desenvolvemento destes aplicativos descargábeis; conscientes de que os usuarios buscan novas prestacións máis adecuadas aos seus gustos e necesidades. Pero, desta vez, o negocio non está reservado ás grandes multinacionais: a irrupción das tecnoloxías de código aberto no sector -Android, LiMO, algunhas versións de Symbian…- tamén están a permitir a aparición de pequenas iniciativas de gran potencialidade.

É o caso de Mirblu. Esta empresa de recente creación e da que participa nun 50% un membro activo da comunidade galega de software libre, Alexandre González, xurdiu co propósito de comercializar un innovador aplicativo para teléfonos móbiles baseado en código aberto.

Mancomún falou con Alexandre e co seu socio, Ignacio Guitérrez, para coñecer en detalle este proxecto co que pretenden revolucionar o mercado.

Pin It on Pinterest