Entrevistas

Un total de 4 resultado(s) para aplicativos libres

Alexandre González e Ignacio Gutiérrez (Mirblu): “En ningún caso sería rendíbel un modelo pechado para unha empresa de recente creación como a nosa”

"O que estamos patentando é a infraestrutura necesaria para a distribución e o despregue do noso aplicativo, non o seu código"

A converxencia da mobilidade e da Internet no mercado da telefonía móbil está a xerar unha verdadeira revolución tecnolóxica, na que os aplicativos de software son os auténticos protagonistas. A súa utilización aumenta de forma constante entre os usuarios de teléfonos móbiles, incentivada pola crecente capacidade dos terminais.

Compañías como Nokia, Samsung, Apple o Google están contribuíndo enormemente ao desenvolvemento destes aplicativos descargábeis; conscientes de que os usuarios buscan novas prestacións máis adecuadas aos seus gustos e necesidades. Pero, desta vez, o negocio non está reservado ás grandes multinacionais: a irrupción das tecnoloxías de código aberto no sector -Android, LiMO, algunhas versións de Symbian…- tamén están a permitir a aparición de pequenas iniciativas de gran potencialidade.

É o caso de Mirblu. Esta empresa de recente creación e da que participa nun 50% un membro activo da comunidade galega de software libre, Alexandre González, xurdiu co propósito de comercializar un innovador aplicativo para teléfonos móbiles baseado en código aberto.

Mancomún falou con Alexandre e co seu socio, Ignacio Guitérrez, para coñecer en detalle este proxecto co que pretenden revolucionar o mercado.

O alcalde de Lalín, José Crespo: “Se os programas libres fan o mesmo, para que gastar os cartos en software privativo?”

O Concello de Lalín migra a software libre en materia de ofimática

Ubicado no centro xeográfico de Galicia e cunha poboación de máis de 20.000 habitantes, Lalín ten pasado, en tan só un par de décadas, de ser un municipio dependente exclusivamente da agricultura e da gandería, a vivir “unha etapa dourada” – como lle gusta dicir ao seu alcalde, José Crespo-, co despegue económico en diversos sectores como a construción, o téxtil…

Tampouco queda atrás este concello no campo das novas tecnoloxías, eido polo que veñen apostando desde hai tempo as autoridades locais. A última iniciativa neste campo: a migración dos equipos do consistorio a programas de software libre, co propósito de conseguir un aforro importante nas arcas municipais por custo de licenzas.

A vantaxe principal é que evitamos o pagamento de licenzas, tanto de sistemas operativos como de paquetes integrados. Trátase dun tema de concienciación posto que se estes programas fan o mesmo, para que gastar os cartos en software privativo?”, explica o alcalde José Crespo.

Alberto Varela: “Creo que a comunidade galega está nunha fase moi esperanzadora para desenvolver SwL de relevancia”

"Se o home tivese quedado satisfeito coa primeira roda, seguramente hoxe o desenvolvemento tecnolóxico sería moi distinto"

Alberto Varela é o coordinador do equipo que integra o Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica na ETSE de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UDC), comunmente coñecido como Cartolab. O seu departamento traballa fundamentalmente na utilización dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) para a optimización da xestión e planificación territorial. Obxectivo para o que desenvolven e implementan metodoloxías e aplicativos orientados ao tratamento de datos xeoespaciais.

É neste labor diario no que o CartoLab está realizando unha aposta decidida polo software libre, non só no seu uso e desenvolvemento senón tamén na súa promoción, a través da participación en seminarios ou mediante as súas habituais contribucións á comunidade de software libre.

Alberto Varela explicou a Mancomún os motivos que moveron os membros do Cartolab a optar polas tecnoloxías libres nun ámbito cunha ampla presencia dos sistemas comerciais pero nos que, por outra parte, tamén comezan a despuntar proxectos libres de éxito, como por exemplo gvSIG.

Jorge Vázquez: "O que nos axudou a incrementar o volume de negocio no sector privado foi o compromiso da Administración"

"O cliente final está na maioría dos casos pouco informado do que é o software libre"Jorge Vázquez

Jorge Vázquez é, xunto con Rocío Veiga, un dos socios fundadores da empresa ourensá Redegal S.L.. No ano 2004, con tan só 23 anos, decidiu embarcarse no mundo empresarial apostando decididamente polas oportunidades de negocio que se abrían co software libre e co salto das TIC en Galicia.

A súa empresa ofrece servizos de consultoría, auditoría, deseño… pero é, precisamente, no desenvolvemento e na asistencia técnica en materia de software libre na que esta empresa está a obter os seus maiores éxitos.

Mancomún falou con Jorge Vázquez para coñecer máis en detalle as características da súa sociedade e a evolución desta no marco do tecido empresarial TIC galego.

Pin It on Pinterest