Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Mancomún (Def. na Galipedia, a wikipedia en galego):

Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns.

Aínda que a acepción máis empregada é para referirse a unións de concellos ou veciños ("montes en mancomún"), tamén pode empregarse en expresións como "traballar en mancomún" co significado de traballar para conquerir unha propiedade colectiva.

Que é Mancomún?

A Xunta de Galicia, da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia poñen a disposición de toda a comunidade galega o portal Mancomún.

Mancomún

Este portal web pretende servir como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre e de fontes abertas (FLOSS) que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. con dous obxectivos principais:

  1. Servir como canle de comunicación pública na que informar das distintas iniciativas FLOSS, non só da Administración Autonómica, senón tamén do resto de axentes promotores do software libre en Galicia.

  2. Proporcionar un conxunto integrado de servizos dirixidos a promover a difusión, formación, desenvolvemento ... do software libre e de fontes abertas en Galicia.

 

Logotipo da AMTEGAA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ten como obxectivos básicos a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e a comunicación e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. Dentro destes obxectivos está o impulso á implantación do FLOSS e o uso de estándares abertos na nosa comunidade, establecendo mecanismos que faciliten compartir e reutilizar o software.

 

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia