Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Plan de acción en materia de Software Libre

Anualmente, o Plan de acción en materia de Software Libre define a senda das políticas e das actuacións a desenvolver para o incremento do uso do Software Libre en Galicia, nos ámbitos empresarial, da administración pública e da cidadanía, sempre dentro do marco da Axenda Dixital de Galicia.

Dende que no ano 2010 a Xunta de Galicia puxera en marcha, por primeira vez en Galicia, un plan específico orientado ao fomento do Software Libre, na nosa Comunidade téñense conseguido grandes avances na súa adopción e uso nos diversos ámbitos da nosa sociedade.

Salientar a importante evolución no uso de software libre tanto nas empresas, onde se pasa de apenas un 33% das empresas que usaban software libre a finais de 2008 ata un 84,9% no 2015; como nas empresas do sector TIC que aínda que partían dunha mellor posición, con case un 70% das empresas, tamén presentan unha mellora acadando un 86,7% das empresas TIC no 2015.

Os resultados obtidos dende o ano 2010 están a ser pois moi satisfactorios, reflectíndose os principais aspectos dos mesmos nos respectivos informes anuais de seguimento do plan de acción en materia de software libre.

Plan de acción en materia de Software Libre 2016

A Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG 2020), aprobada no Consello da Xunta o 30 de abril de 2015, recolle o Software Libre como un dos principios para a xestión eficiente das distintas iniciativas.

"O impulso do uso do software libre e de estándares abertos e fomento da reutilización de solucións, serán ferramentas para garantir a interoperabilidade dos sistemas informáticos e achegar a tecnoloxía á sociedade evitando a dependencia de determinados provedores TIC e os custes recorrentes."

Neste contexto a Amtega continua mantendo a súa aposta polo uso do Software Libre plasmada no plan de acción en software libre 2016 cos seguintes eixos de actuación principais:

  • Fomento da reutilización do software na administración pública.
  • Impulso dunha oferta de solucións baseadas en software libre dirixida ás empresas.
  • Achegamento do software libre ao conxunto da sociedade.

En torno a estes eixos de actuación defínense unha serie de actuacións, que como vén sendo habitual desenvolveranse a través da colaboración cos distintos axentes do ecosistema do software libre galegos (Asociacións de Usuarios de Software Libre, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, as tres Universidades Galegas ou os colexios profesionais) o que permite xuntar esforzos e executar unha estratexia global e integradora.

Documentación

Para coñecer con maior detalle o alcance das accións promovidas nos plan de acción anuais da Xunta de Galicia está dispoñible para a súa descarga tanto os plan como os informes anuais dende o ano 2010:

Ano 2016

Ano 2015

Ano 2014

Ano 2013

Ano 2012

Ano 2011

Ano 2010

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia