Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Axentes promotores do Software Libre en Galicia

A Administración autonómica pode e debe axudar na orientación dos desenvolvementos financiados con fondos públicos cara un mellor aproveitamento dos resultados por parte da cidadanía e do tecido empresarial, motivo polo que dende a Xunta de Galicia se ofrece axuda na coordinación dos diversos axentes que compoñen o ecosistema do Software Libre en Galicia.

Este ecosistema está composto por numerosos axentes promotores e difusores do software libre e de fontes abertas que, dende hai tempo, veñen desenvolvendo unha importante labor, cada un no seu correspondente ámbito de actuación.

Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre

Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre Existen actualmente numerosas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), legalmente constituídas na nosa comunidade como asociacións sen fins de lucro, que contan nos seus estatutos como unha das súas finalidades principais a difusión e promoción do software libre en xeral ou o GNU/Linux en particular dentro do seu ámbito de actuación, así como servir de apoio para os usuarios deste tipo de software.

Estas AGUSL contan xa cunha ampla traxectoria temporal de realización de actividades de promoción e dinamización do FLOSS dentro dos seus respectivos ámbitos xeográficos de actuación, en aras de reducir a fenda dixital e de achegar as vantaxes do Software Libre a distintos sectores da sociedade galega.

Xorden habitualmente nas universidades ou centros de estudos, ou en calquera outro lugar onde un grupo de persoas interesadas no software libre se reúnen e artellan actividades relacionadas con el, como conferencias, xornadas de difusión, cursos, etc.

Constitúen un excelente lugar ao que poden acudir todas aquelas persoas que pretenden achegarse ao mundo do software libre, para pedir axuda ou buscar información. Pero ademais, tamén pretenden ser un punto de encontro para os xa iniciados no software libre, onde calquera é benvido para colaborar e participar das súas actividades así como para axudar aos que acaban de chegar ante as dificultades das súas primeiras experiencias co software libre.

A continuación inclúese o directorio completo de Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre clasificadas polo seu ámbito de actuación.

 

Ámbito autonómico

Ghandalf: GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss

Comunidade O Zulo Comunidade O Zulo

Xeopesca

Ámbito provincial

GALPon: Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra

GPUL: Grupo de Programadores y Usuarios de Linux GPUL

GULO: Grupo de Usuarios de Linux de Ourense

Ámbito local

Amigus: A asociación informática Amigus de As Pontes

INESTABLE: Grupo de Usuarios de Linux de Ordes

MELISA: Asociación de Software Libre de Melide

 

A continuación incluímos a modo de histórico unha relación de Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre que ou ben nos teñen notificado a súa disolución ou ben os seus portais web deixaron de funcionar e non temos constancia da súa actividade. Se algunha desta asociacións continúa activa, ou ben retoma a súa actividade nalgún momento, só ten que poñerse en contacto con nós a través do Contactohttps://www.mancomun.org/?id=formulario de contacto e incluirémolas novamente no directorio de asociacións activas.

Asociacións inactivas

AGNIX: Asociación de Usuarios de GNIX

www.agnix.org

GLUG: Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Galicia

www.glug.es

AULUSC: Asociación de usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela

www.usc.es/asociacions/aulusc/

GALITE: Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía de Foz

www.galite.org

LUCUX: Asociación de usuarios de Software Libre de Lugo

www.lucux.es

OUSLI: Asociación de usuarios de Software Libre de Ourense

www.ousli.org

 

 

Asociación Galega de Empresas de Software Libre

AGASOL

 

AGASOL é unha asociación de empresas galegas de software libre que se agrupan para intentar acadar maiores oportunidades de negocio así como para exercer como interlocutores coas distintas Administracións e a sociedade civil galega. 

 

Os seus principais obxectivos son:

  • Promocionar o software libre como ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
  • Servir de interlocutor ante a Administración pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de software libre e estándares abertos.
  • Fomentar e organizar a colaboración entre os seus socios, de maneira que poidan facilitarse e xerarse novas oportunidades de negocio.

Universidades públicas galegas

No 2008 creáronse nas 3 universidades públicas galegas as Oficinas de Software Libre co obxectivo de promover e difundir o uso do software libre e de fontes abertas no ámbito universitario.

No ano 2012 unificáronse estas 3 oficinas nunha única oficina centralizada no Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia e con ámbito de actuación nas 3 universidade, co obxectivo de coordinar e maximizar os esforzos e o alcance da promoción e difusión do Software Libre na comunidade universitaria; estudantes, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador do Sistema Universitario Galego.

 

UDC

USC

Uvigo

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia