Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Comunidade de tradución de software libre ao galego

A tradución de software en Galicia desenvolveuse nos últimos 15 anos a partir do esforzo voluntario de persoas particulares, ben individualmente ben agrupados en colectivos máis ou menos formais pero nos que sempre se concibiu a tradución e galeguización como unha actividade de participación cívica.

Mancomún, como iniciativa da Administración pública, comeza a partir de 2006 a ser unha peza no puzzle dos axentes localizadores e colaboradores na tradución de software ao galego e como un membro da comunidade máis, asumiu a xestión da localización dalgúns dos proxectos de maior importancia para os usuarios galegos.

O compromiso adquirido coa comunidade de tradución é seguir as mellores prácticas da comunidade de software libre para a xestión destes proxectos: transparencia, consenso, reusabilidade dos recursos...

Xestión das traducións dos produtos promovidos por Mancomún

Actualmente Mancomún asumiu, como un membro da comunidade máis, a xestión da localización dalgúns dos proxectos de maior importancia para os usuarios galegos, nomeadamente:

Colaboración puntual

Para todas aquelas persoas que usen os produtos traducidos dende Mancomún e que queiran facernos chegar de forma puntual algún comentario, suxestión, informe de erros, agradecemento... sobre estas traducións é posíbel facelo de forma rápida e sinxela a través do Foro de Localización ao galego de software libre onde calquera pode enviar a súa mensaxe sen necesidade de subscrición previa.

Ferramentas de coordinación para a participación activa nos procesos de tradución

  1. Rolda de correo xenérica: g11n@mancomun.org

    Dende Mancomún fornecemos unha rolda de correo de carácter xeral que serve de punto de encontro de toda a comunidade de tradución de software libre ao galego: tradutores, revisores e coordinadores dos distintos proxectos de localización.

    Nesta rolda trátanse temas xerais relacionados coa tradución de software libre ao galego de carácter transversal a calquera proxecto, como por exemplo o debate terminolóxico, o achegamento de información sobre novas ferramentas de tradución, trucos, estratexias ...

    É unha rolda pública que precisa subscrición previa para poder participar plenamente nela aínda que tamén fornece o seu arquivo para consulta pública.

  2. Roldas específicas dos proxectos: Cada un dos proxectos nos que participa Mancomún conta cunha rolda de correo propia do tipo NomeProduto @ mancomun.org (Consulte as roldas específicas dispoñibles en listas.mancomun.org)

    O obxectivo destas roldas é servir como ferramenta de coordinación da tradución do produto correspondente, polo que a ela envíase toda a información relacionada con dito proceso, p. ex. datas de períodos de tradución, erros de tradución...

    Calquera persoa interesada en involucrarse no proceso de tradución dun destes produtos só terá que subscribirse á rolda pública correspondente e xa poderá participar plenamente no proceso. Por suposto, tamén é posíbel consultar o arquivo público da rolda.

Os tradutores de software galegos

A galeguización do software de uso cotián é unha necesidade sentida de xeito moi temperán pola sociedade galega pero aínda moi serodiamente asumida polos fabricantes de software maioritarios.

Se ben nun principio o uso do software en galego constituía unha novidade, pero tamén unha rareza extraordinaria, a medida que os voluntarios foron conseguindo galeguizar e publicitar a existencia das traducións, a demanda de galeguización dos programas tamén medrou, polo que cada vez os obxectivos da localización de software ao galego son máis ambiciosos e máis rendíbeis porque son usados e populares.

Pasouse de traducir aplicativos illados a suites de programas e de aí a sistemas operativos completos; hoxe, os usuarios galegos de informática non só queren mellores programas senón que queren poder usar un contorno de escritorio completo, de modo natural no seu idioma de elección. E tamén, a medida que se estende a cultura informática da sociedade, queren usalos con liberdade e participando no seu control, polo que aumenta a tendencia a preferir o software libre, de fonte aberta. E non só os cidadáns particulares senón as empresas, as administracións, o tecido asociativo, ...

É obrigado neste punto recoñecer e citar expresamente  agrupacións que teñen gran parte do mérito nestes logros como Ciberirmandade da Fala (ciberirmandade.org), Galego21 (galego.21) ou Trasno (trasno.net) nas que se constituíron puntos de converxencia para o voluntariado lingüístico da tradución de software, e onde se foron afinando os criterios, a terminoloxía e afianzando a comunidade de tradutores.

Algunhas xa non existen pero o seu lugar foi sendo ocupado por novos grupos que se crean a partir de novas plataformas como o de Ubuntu Galician Translations, redes sociais como a de Facebook ou mesmo a propia comunidade de especialistas tradutores vinculados a Mancomún, o G11n, todas elas agrupacións e comunidades en rede, interconectadas de modo intenso.

 

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia