Ofertas de emprego

  • Publicado Linux Mint 18 “Sarah” Cinnamon

    Publicado por Mancomún
    Luns, 11 de Xullo de 2016

    O pasado 30 de xuño anunciouse a publicación de Linux Mint 18. Esta versión ten soporte a longo prazo ata 2021 e vén con software actualizado que trae melloras para facer a contorna de usuario aínda máis cómoda de usar.

    Dende a propia nota de publicación da nova entrega pódese acceder ás ligazóns para descargar as diferentes ISO. Para un maior detalle acerca da nova entrega pódense consultar as notas da versión para Linux Mint 18 Cinnamon.

    Escritorio de Linux Mint 18 “Sarah” Cinnamon

    [Ler máis]
  • O CIXUG convoca prazas para cubrir dous postos de traballo na Oficina de Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 6 de Maio de 2015

    O CIXUG publica a convocatoria de dous procesos selectivos para cubrir os postos de Coordinador da Oficina de Software Libre do CIXUG e de persoal informático para a Oficina de Software Libre do CIXUG na UDC.

    Imaxe da oficina de software libre do CXUG

    Os obxectivos desta oficina de software libre son os de impulsar o coñecemento e utilización do software libre dende o CIXUG e para as tres universidades do Sistema Universitario Galego, e van dirixidos ao conxunto da comunidade universitaria: estudantado, persoal de administración e servizos (PAS) e persoal docente e investigador (PDI). A OSL traballará sempre baixo a supervisión e directrices da Xerencia do consorcio ou persoa na que esta delegue.

    O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do día 13 de maio de 2015.

    [Ler máis]
  • Igalia busca unha persoa para cubrir un posto de Administración de Sistemas GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 5 de Febreiro de 2015

    Logotipo de IgaliaIgalia busca ampliar o seu equipo cunha persoa para cubrir un posto senior de Administración de sistemas.

    A persoa candidata debe posuír coñecementos e experiencia en GNU/Linux, LDAP, volume management, networking, SQL, virtualization, scripting, git, etc. A persoa escollida para o posto integrarase e desenvolverá un papel crucial no equipo de sistemas de Igalia. Polas características do posto, o traballo desenvolveríase principalmente on site, nas oficinas de Igalia en Galicia.

    Igalia é unha empresa que ofrece igualdade de oportunidades de contratación e que defende a non discriminación de minorías.

    Igalia é unha empresa altamente especializada que ofrece servizos de consultoría, desenvolvemento e innovación en torno a unha ampla variedade de software e hardware libres. Entre as áreas de especialización de Igalia destacan as áreas de navegadores, gráficos, compiladores e multimedia. Igalia aplica o seu coñecemento a unha ampla variedade de plataformas e tecnoloxías no mercado da electrónica de consumo e proporciona solucións innovadoras a compañías internacionais en torno a múltiples dispositivos, como smart TV, set-top boxes, tablets, teléfonos móbiles, sistemas de información e navegación dos vehículos ou sistemas domóticos.

    [Ler máis]
  • Tegnix busca novos profesionais para integrarse no equipo docente de Aula Tegnix

    Publicado por Mancomún
    Luns, 7 de Outubro de 2013

    Logo da aula tegnixTegnix é unha empresa galega que vén desenvolvendo a súa actividade como consultora altamente especializada en Software Libre dende o ano 2004, despregando proxectos tecnolóxicos e realizando accións formativas a través de Aula Tegnix, con calidade certificada e recoñecida como Centro Formativo Acreditado por CENATIC segundo vos informamos o pasado mes.

    No seu proceso de constante mellora e expansión de negocio na liña de formación en software libre, Tegnix anuncia unha nova oferta de emprego pola que busca cubrir diversas prazas de docentes especialistas en software libre, así como comerciais e responsables de negocio. Segundo nos informan dende Tegnix, as vacantes existentes irase actualizando no seu portal, na sección "Traballa con nós".

    Todas as persoas interesadas nalgún dos postos deben enviar o seu curriculum por correo electrónico en formato estándar ISO, como pode ser ODF ou PDF, ao enderezo rrhh @ tegnix . com ou ben ao enderezo postal de Tegnix:

    [Ler máis]
  • Tegnix abre un proceso de selección de ata 13 profesionais para ampliación de negocio

    Publicado por Mancomún
    Martes, 16 de Abril de 2013

    Logotipo de TegnixTegnix é unha empresa galega que vén desenvolvendo a súa actividade como consultora altamente especializada en Software Libre dende o ano 2004, despregando proxectos tecnolóxicos como realizando accións formativas a través de Aula Tegnix con calidade certificada.

    Agora mesmo está implicada nun proceso de ampliación de negocio na liña de formación en software libre para o que busca cubrir ata 13 prazas; un perfil de desenvolvemento de negocio e 12 docentes especializados en software libre.

    Todas as persoas interesadas en algún dos postos deberán enviar o seu curriculum por correo electrónico en formato estándar ISO, como pode ser ODF ou PDF, ao enderezo rrhh@tegnix.com ou ben ao enderezo postal de Tegnix:


    [Ler máis]
  • Oferta de emprego para 3.14 FinancialContents

    Publicado por Mancomún
    Luns, 11 de Marzo de 2013

    A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla.

    A persoa seleccionada traballará en proxectos internacionais de e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto.

    Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:

    • Enxeñeiro Informático (Técnico ou Superior)
    • Coñecementos en sistemas GNU/Linux
    • Experiencia en desenvolvementos Django/Python
    • Valoraranse coñecementos de Javascript e AJAX
    • Valoraranse coñecementos de SOAP, XML, REST, JSON 
    [Ler máis]
  • Oferta de emprego para desenvolvemento de software na empresa SDWeb

    Publicado por Mancomún
    Luns, 4 de Febreiro de 2013

    A empresa Sdweb, socia de AGASOL, e ubicada en Santiago de Compostela, infórmanos que oferta un posto de traballo para incorporar un enxeñeiro técnico ou superior en Informática para realizar proxectos de desenvolvemento software. As tarefas a realizar consistirían na análise, deseño e desenvolvemento de aplicacións informáticas en diferentes tecnoloxías así como a redacción de documentación funcional e técnica.

    Requírese unha persoa seria e profesional, con moitas ganas aprender, e medrar profesionalmente. Requírese titulados en Enxeñería Técnica ou Superior en Informática ou en disposición de obter o título en breve. Non é imprescindible ter rematado o proxecto de fin de carreira, ofrecéndose a posibilidade de realizar o Proxecto Fin de Carreira dentro da empresa.

    Valoraranse especialmente os coñecementos demostrables en xestores de contidos (Drupal, LifeRay, OpenCMS)

    [Ler máis]
  • Oferta de emprego para 3.14 FinancialContents

    Publicado por Mancomún
    Martes, 7 de Febreiro de 2012

    A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla. A persoa seleccionada traballará en proxectos de innovación e proxectos e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto e unirase a proxectos de investigación cunha aposta internacional.

    Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:

    • Enxeñeiro Informático (Técnico ou Superior) ou no último ano de carreira
    • Coñecementos en sistemas GNU/Linux
    • Valoraranse coñecementos de Python, Javascript e AJAX
    • Habilidades Comunicativas
    • Coñecementos de Inglés
    • Posibilidade de incorporación inmediata
    [Ler máis]
  • Oferta de emprego para a empresa 3.14 Financial Contents

    Publicado por Mancomún
    Luns, 16 de Maio de 2011

    A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla. A persoa seleccionada traballará en proxectos de innovación e proxectos e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto e unirase a proxectos de investigación cunha aposta internacional.

    Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:

    • Enxeñeiro Informático (Técnico ou Superior)
    • Experiencia en contornos de traballo Unix / Linux
    • Coñecementos de Python e/ou PHP
    • Coñecementos de Frameworks (Django, Zend Framework, etc.)
    • Valoraranse coñecementos de Javascript e AJAX
    • Interese en Innovación e mellora continua
    • Habilidades Comunicativas
    • Coñecementos elevados de Inglés

    A empresa ofrece:

    • Posto permanente e indefinido con posibilidade de ascenso.
    • Retribución segundo experiencia.
    • Xornada completa.
    • Horario adaptable e posibilidade de teletraballo 1 ou 2 días á semana.

    As persoas interesadas deben dirixir as súas candidaturas ao contacto info @ 3.14financialcontents.com

    [Ler máis]
  • Ofertas de emprego na empresa Igalia

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 20 de Xaneiro de 2011

    Igalia busca dúas persoas para cubrir dous postos de traballo, un de desenvolvedor web e outro no seu grupo de traballo de WebKit.

    Perfil de desenvolvedor web

    Búscase unha persoa apaixonada polo software libre, con boas habilidades técnicas en desenvolvemento web así como un alto dominio da lingua inglesa.

    Requisitos requiridos:

    • Titulación superior en Informáticas ou Enxeñería do Software ou equivalencia profesional equivalente.
    • Coñecementos en GNU/Linux – Ubuntu, Debian e RH ES etc.
    • Coñecementos de frameworks de desenvolvemento web e experiencia en desenenvolvemento web, incluíndo bos coñecementos do protocolo HTTP e os servizos web.
    • Coñecementos profundos dos estándares web HTML, CSS e XML.
    • Amplo coñecemento de JavaScript.
    • Alto dominio do Inglés.
    • Fortes habilidades comunicativas.
    • Capacidade de traballo en equipo.
    • Capacidade para a toma de decisións e vontade de unirse a unha empresa para se converter en socio responsable.
    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia