Mancomún

  • Austria concederá unha bolsa de ata 200.000 euros para proxectos de código aberto

    Publicado por Mancomún
    Luns, 29 de Agosto de 2016

    O goberno austríaco concederá ata 200.000 euros para proxectos de código aberto sobre eGovernent, eHealth, eLearning, eInclusion, ou produtos e servizos comerciais. Segundo Muna Duzdar, Secretario de Estado de Dixitalización austriaco o "Open source ten efectos macroeconómicos positivos, mellorando as posibilidades de uso e desenvolvemento", explica nun comunicado para a prensa.

    [Ler máis]
  • Publicada a Guía Dixitalíza-T

    Publicado por Mancomún
    Venres, 26 de Agosto de 2016

    Logotipo do CTTA Dirección Tecnolóxica da Información e as Comunicacións (DTIC) acaba de publicar a Guía Dixitalíza-T unha guía para facilitar ás Entidades Locais o cumprimento das obrigas dixitais das Leis 39 e 40/2015 e o das ferramentas tecnolóxicas da DTIC.

    Esta lei supón un forte impulso á dixitalización das Administracións públicas españolas que establece varias obrigas en torno á Administración electrónica que propician unha maior eficacia, innovación e modernización.

    ¡Dixitalíza-t! Preséntase como a guía para facilitar o cumprimento por parte das Entidades Locais das novas obrigas, a través das ferramentas tecnolóxicas que poñen a súa disposición a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DTIC).

    [Ler máis]
  • Balance do Aula CeMIT de Celanova

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 24 de Agosto de 2016

    Logotipo CeMITO Concello de Celanova acaba de publicar os datos do balance do que foi o ano 2015 para a aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) do mesmo concello integrada na Rede CeMIT de Galicia.

    O resultado do peche do ano 2015 cun total de 112 novos usuarios na Aula CeMIT de Celanova, que sumados aos existentes, fan un total de 825. A análise dos datos tamén amosa un maior uso por parte de mulleres, 58% en fronte do 42% en homes. A media de idade dos usuarios da aula é de 43 anos, e cuns porcentaxes de coñecementos do 32% sen coñecementos, un 30% con coñecementos moi básicos e xa nun 35% con coñecementos a nivel usuario e só un 3% usuarios con coñecementos avanzados.

    [Ler máis]
  • Unha asociación de municipios franceses libera a súa plataforma de goberno electrónico

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Agosto de 2016

    Plataforma PléiadeA plataforma de goberno electrónico Pléiade foi liberada como software libre pola asociación francesa de municipios e-Collectivités Vendée, que integra centos de usuarios desta solución. Con esta publicación queren potenciar a súa reutilización por parte doutras administracións, que ademais poidan colaborar no seu desenvolvemento e mellora.

    Pléiade é unha solución web, despregada a través de servidores con GNU/Linux e que está formada por unha pila de solucións de software libre. A páxina base está construída sobre Drupal, inclúe Alfresco como xestor da documentación, unha solución libre de sinatura electrónica, iParapeur, transmisión de ficheiros con FileZ e un bus de servizos, soportando tamén a autenticación centralizada mediante OpenLDAP.

    Aínda que acaba de ser liberada, a solución é madura e fiable, xa que leva en produción dende o ano 2014, sendo empregada por un total de 213 municipios e 133 empresas de xestión municipal.

    [Ler máis]
  • Manual de deseño con LibreOffice con licenza Creative Commons

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Agosto de 2016

    Desinning with LibreOffice non é a usual guía de aprendizaxe que adoitamos atopar e que serve para aprender a traballar coa típica ferramenta ofimática. Lonxe deste arquetipo de manual, este libro opta por unha aproximación máis fresca facendo fincapé na importancia do uso de estilos e padróns de documentos. Este enfoque de edición, algo máis custoso de primeiras, permite concentrarse no contido do documento en troques do formato, permitindo facer moito máis sinxelos os cambios visuais e formato a posteriori.

    O libro está liberado con licenza Creative Commons Attribution-Share Alike. Baixo esta licenza, o posuidor dunha copia pode distribuíla ou copiala ou mesmo editala en tanto en canto se manteña a mención do autor da obra e os cambios e non se modifique as condicións da licenza.

    [Ler máis]
  • Unha rexión de París publica como software libre unha ferramenta de transparencia

    Publicado por Mancomún
    Venres, 19 de Agosto de 2016

    A rexLogo da rexión Ile de Franceión Parisina de Île-de-France publicará a súa ferramenta Babylone, unha solución de software libre que xestiona a información dos funcionarios electos, co obxectivo de que outras rexións poidan reutilizala.

    Esta ferramenta permite xestionar toda a información dos funcionarios, incluíndo datos de contacto, afiliación política, composición dos comités... así como axendas de reunións e mesmo documentación das mesmas.

    Desenvolvida en base a compoñentes de software libre, está previsto que sexa publicada antes de que finalice o presente ano, baixo a licenza de software libre francesa, Cecill version 2. A documentación estará dispoñible tamén de xeito libre baixo unha licenza Creative Commons.

    [Ler máis]
  • A AMTEGA libera unha nova versión de XEA, o software de xestión das aulas CeMIT

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 18 de Agosto de 2016

    Captura de XEAA Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de publicar como software libre unha nova versión de XEA no Repositorio de Software Libre, na forxa de Mancomún. Esta é a cuarta versión que se publica desta aplicación de xestión das aulas CeMIT, dende que fora inicialmente liberada como software libre a finais do ano 2014.

    Esta nova versión, que está posta xa en produción na rede CeMIT, corrixe erros que se foron detectando así como incorpora pequenas melloras de usabilidade para as usuarias e usuarios, así como para as e os axentes TIC, quenes se encarga da xestión das aulas.

    Deste xeito a AMTEGA mantén a súa aposta por facilitar as posibilidades de reutilización desta aplicación por calquera outra iniciativa similar, poñendo a disposición as diferentes versións con melloras derivadas do uso diario e das peticións das usuarias e usuarios da rede.

    [Ler máis]
  • As axencias gobernamentais de Estados Unidos liberarán polo menos o 20% do software que desenvolven como software libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 16 de Agosto de 2016

    Imaxe da Casa BrancaHoxe facémonos eco dun completo artigo no que Mark Bohannon, Vicepresidente de Políticas Públicas Globais e Asuntos de Goberno de Red Hat, repasa a política de software libre da Administración Americana.

    Neste artigo reflexiona sobre se o cambio de administración con motivo das próximas eleccións suporá un cambio nesta política, chegando á conclusión de que realmente houbo un cambio na última década e que agora o debate non é se usar software libre ou non, senón como facelo, xa que o primeiro xa está totalmente instaurado.

    Proba deste cambio é a Federal Source Code Policy, que vén de ser publicada recentemente, e na que se fai énfase no emprego de software libre, non só para reducir custos senón como política de innovación e beneficio público.

    [Ler máis]
  • A edición deste ano 2016 da OSHWDem xa ten data para o vindeiro mes de Novembro

    Publicado por Mancomún
    Venres, 12 de Agosto de 2016

    Logo OSHWDemA OSHWDem, un dos eventos de referencia no mundo maker, que se ven celebrando anualmente en Galicia anuncia a data para a edición deste ano, que será xa a quinta.

    A data escollida é o vindeiro 5 de Novembro, sábado, na Domus da cidade de A Coruña. Nas vindeiras semanas irase publicando pouco a pouco o programa previsto, que virá cargado de actividades de todo tipo arredor do hardware e a cultura libre.

    Nesta actividade colabora a Asociación GHANDALF ao abeiro do Convenio de colaboracion entre as AGULS e a AMTEGA para a difusion do Software Libre en Galicia.

    [Ler máis]
  • A galega Librebit foi certificada pola The Document Foundation para os procesos de migración a LibreOffice

    Publicado por Mancomún
    Venres, 12 de Agosto de 2016

    Logo certificación LibreOfficeA empresa galega Librebit foi certificada pola The Document Foundation, a fundación encargada do desenvolvemento de LibreOffice, como consultora especializada en procesos de migración a esta suite ofimática.

    Este recoñecemento é de especial importancia xa que garante a dispoñibilidade de soporte especializado en Galicia sobre esta solución, así como nos procesos de migración a esta suite ofimática dende outras solucións privativas.


    Librebit ten xa experiencia neste tipo de proxectos xa que colabora, como empresa membro de AGASOL, no proceso de migración a software libre do posto de traballo de empregado público da Xunta de Galicia.

    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia