Outras novas

  • Publicación do listado de aplicacións destacadas do CTT para o primeiro semestre do 2016

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 22 de Setembro de 2016

    Logotipo CTTO Centro de Transferencia Tecnolóxica (CTT) ben de publicar o listado de solucións dispoñibles destacadas do primeiro semestre de este ano. O listado fai referencia as solucións máis consultadas e tamén as solucións máis descargadas.

    Dentro das solucións tecnolóxicas publicadas no CTT máis consultadas, destacan as solucións de validación e verificación de fimas e identidades electrónicas como son Plataforma de validación de firma electrónica @firma, o Cliente de firma electrónica de @firma e a CL@ve: Plataforma de intermediación de identidades electrónicas.

    As outras destacadas son as solucións liberadas relacionadas coa xestión de documentos como FACE - Punto General de Entrada de Facturas Electrónicas de la AGE, a Sustitución de Certificados en papel ou SIR - Sistema de Interconexión de Registros.  

    [Ler máis]
  • Prestashop incorpórase á oferta de aplicacións do CDTIC Virtual

    Publicado por Mancomún
    Martes, 20 de Setembro de 2016
    • A partir de hoxe, martes 20, as empresas interesadas poderán probar este sistema de comercio electrónico e coñecer as súas características a través do CDTIC Virtual.
    • O 22 de setembro o CDTIC celebra ademais unha sesión demostradora sobre Prestashop
    • Para acceder a este servizo só é preciso rexistrarse como profesional ou empresa na web do CDTIC

    O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía a oferta de aplicacións libres no seu servizo de CDTIC Virtual coa incorporación do sistema de comercio electrónico Prestashop, que estará dispoñible a partir de hoxe, 20 de setembro.

    Captura de pantalla de Prestashop

    Esta ferramenta, de código aberto e libre distribución, empregada na actualidade para o funcionamento de máis de 250.000 tendas en liña, destaca pola súa simplicidade e aplicabilidade tanto para grandes establecementos como para empresas de reducida dimensión.

    Ademais, o xoves 22 de setembro celebrarase a sesión demostradora “Proba a túa tenda en internet xa con Prestashop na nube do CDTIC” en horario de 16.00 a 20.00 horas e impartida pola empresa Hacce Soluciones TIC. As persoas intersadas en asistir a esta sesión, de carácter gratuíto como todas as actividades do CDTIC, só precisan rexistrarse como usuarios do CDTIC e inscribirse na sesión.

    [Ler máis]
  • Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Setembro

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 7 de Setembro de 2016

    Xa está publicado o número 26 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de setembro.

    Logo MongoDBO proxecto destacado este mes é o sistema de xestión de bases de datos MongoDB. Un sistema non SQL e non baseado en táboas senón orientado a documentos, estilo JSON, que fai que sexa máis sinxelo manexar grandes volumes de información. Esta ferramenta popularizouse co fenómeno Big Data e emprégase como peza angular sobre a que se constrúen solucións para Smart Cities, como é o caso da cidade de Chicago que aparece destacada no boletín.

    [Ler máis]
  • MaruOS é agora software libre

    Publicado por Mancomún
    Domingo, 4 de Setembro de 2016

    Logotipo de MaruOSA intención de MaruOS é capturar e empaquetar toda a experiencia de escritorio nun smartphone aproveitando as capacidades hardware dos dispositivos actuais.

    Con MaruOS, un dispositivo telefónico, sen maiores particularidades cas de calquera outro smartphone, transforma o seu uso, case que pola súa totalidade, cando se lle conecta unha pantalla HDMI, converténdose nun completo sistema Linux/Debian de escritorio. A idea de MaruOS é unificar os conceptos de ordenador e teléfono persoal.

    [Ler máis]
  • Mozilla libera como software libre unha ferramenta para verificar a seguridade da web

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 1 de Setembro de 2016

    Logotipo da Mozilla FoundationMozilla acaba de liberar unha nova ferramenta libre que permite de forma sinxela comprobar e verificar a seguridade dos sitios web. A ferramenta foi bautizada co nome de Observatory. Este novo produto usa unha sinxela gradación dos sistemas para devolver un informe acerca das áreas de seguridade que se poden mellorar.

    Orixinalmente desenvolvido como unha ferramenta de probas internas para Mozilla, Mozilla Observatory xa se empregou para verificar a seguridade de máis dun millón de websites. Como curiosidade, Mozilla destaca que preto dun 91% destes sitios comprobados aínda seguen carecendo das últimas e máis modernas vantaxes de seguridade.

    O código de Observatory pódese atopar en GitHub baixo os termos da Mozilla Public License v2.0. Unha versión online da mesma tamén está dispoñible para o seu uso nesta ligazón.

    [Ler máis]
  • Vídeo experiencia sobre a implantación de OwnCloud nunha empresa galega

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 31 de Agosto de 2016

    Experiencias TICDentro da sección de Experiencias TIC do Centro Demostrador TIC (CDTIC), no que se están a mostrar en forma de vídeos diferentes experiencias de transformación dixital en empresas pertencentes a diversos sectores non relacionados directamente coas tecnoloxías da información e das comunicacións, hoxe queremos destacar o caso de Gladex Placotec, por apostar pola implantación dunha tecnoloxía de software libre, OwnCloud.

    Sobre a solución OwnCloud temos xa falado anteriormente en Mancomún e mesmo elaboramos un artigo completo sobre esta solución, no que entrevistamos a varias empresas galegas relacionadas con esta solución dende diferentes puntos de vista, o de empresa tecnolóxica que fornece servizos sobre OwnCloud e o de empresa que implantan a solución como usuaria.

    No caso que destacamos hoxe, Gadiex Placotec S.L., trátase dunha empresa de Vigo que se dedica ao illamento e tabiquería seca de distribución, que implantou OwnCloud como ferramenta para mellorar a coordinación do seu persoal e delegacións.

    [Ler máis]
  • O certificado raíz da FNMT preto de ser incluído en Firefox

    Publicado por Mancomún
    Venres, 26 de Agosto de 2016

    Logotipo de Firefox

    Logo de moitos anos, finalmente vislúmbrase a luz ao final do túnel. Firefox vén de anunciar que incluirá en breve á FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre de España) na súa base de entidades certificadores recoñecidas. É dicir que o navegador Firefox recoñecerá automaticamente que os sitios web das sedes electrónicas da administración pública española son sitios seguros e confiables sen necesidade de realizar complexos pasos previos de instalación manual de certificados.

    Deixaremos de ver por fin o aviso inicial de "sitio non seguro" ao acceder por primeira vez á calquera sede electrónica española se non temos engadido o certificado raíz da FNMT ou se non temos engadida unha excepción.

    Captura do erro de conexión non segura

    Deste modo, Mozilla Firefox converterase no primeiro navegador web libre con soporte para a autoridade certificadora dixital da FNMT dándolle vantaxe de uso nos portais web da administración. 

    Sen dúbida unha excelente nova para o software libre e para o avance da administración electrónica en España.

    [Ler máis]
  • 25 aniversario da publicación de Linux

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 25 de Agosto de 2016

    O sistema operativo Linux chega aos 25 anos de idade estes días. Foi un 25 de Agosto do ano 1991 cando Linus Torvals, daquela un simple estudante de Ciencias da Computación en Helsinki, anunciou ao mundo Linux a publicación de “un sistema operativo libre, só por afección, que non será tan grande é profesional coma GNU pero que servirá para ordenadores 386”.

    Dende aquel anuncio ata hoxe, este sistema operativo, creado inicialmente como un pasatempo, acadou unha penetración e uso inimaxinables polo seu autor chegando a ser o sistema operativo hexemónico en moitas das areas da computación actual.

    Así amosaba a súa visión actual o mesmo Linus Torvals na pasada Embedded Linux Conference: “Hoxe podes usar o teléfono Linux para conectarte a un datacenter baseado en Linux a través dun router tamén baseado en Linux para que unha intelixencia artificial che axude a elixir que dispositivo baseado en Linux mercar a continuación”.

    [Ler máis]
  • Balance do Aula CeMIT de Celanova

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 24 de Agosto de 2016

    Logotipo CeMITO Concello de Celanova acaba de publicar os datos do balance do que foi o ano 2015 para a aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) do mesmo concello integrada na Rede CeMIT de Galicia.

    O resultado do peche do ano 2015 cun total de 112 novos usuarios na Aula CeMIT de Celanova, que sumados aos existentes, fan un total de 825. A análise dos datos tamén amosa un maior uso por parte de mulleres, 58% en fronte do 42% en homes. A media de idade dos usuarios da aula é de 43 anos, e cuns porcentaxes de coñecementos do 32% sen coñecementos, un 30% con coñecementos moi básicos e xa nun 35% con coñecementos a nivel usuario e só un 3% usuarios con coñecementos avanzados.

    [Ler máis]
  • Manual de deseño con LibreOffice con licenza Creative Commons

    Publicado por Mancomún
    Luns, 22 de Agosto de 2016

    Desinning with LibreOffice non é a usual guía de aprendizaxe que adoitamos atopar e que serve para aprender a traballar coa típica ferramenta ofimática. Lonxe deste arquetipo de manual, este libro opta por unha aproximación máis fresca facendo fincapé na importancia do uso de estilos e padróns de documentos. Este enfoque de edición, algo máis custoso de primeiras, permite concentrarse no contido do documento en troques do formato, permitindo facer moito máis sinxelos os cambios visuais e formato a posteriori.

    O libro está liberado con licenza Creative Commons Attribution-Share Alike. Baixo esta licenza, o posuidor dunha copia pode distribuíla ou copiala ou mesmo editala en tanto en canto se manteña a mención do autor da obra e os cambios e non se modifique as condicións da licenza.

    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia