Mancomún

  • Publicase o novo GNOME 3.22 en galego

    Publicado por Mancomún
    Venres, 30 de Setembro de 2016

    GNOME en galegoO Proxecto Trasno anunciou a nova versión de GNOME 3.22 completamente traducida ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que se mantén o nivel de tradución da interface no 100%.

    GNOME 3.22 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 22980 cambios realizados por 775 contribuidores aproximadamente.

    [Ler máis]
  • Proxecto "Show and Tell" de Google

    Publicado por Mancomún
    Venres, 30 de Setembro de 2016

    Goggle researchO pasado mes de maio xa falabamos de SyntaxNet o parser sintáctico de maior precisión do mundo, desenvolvido sobre TensorFlow e baixo termos dunha licenza libre.

    Pois ben, Google vai un paso máis alá agora cos resultados do proxecto “Show and Tell” que fai que o motor de intelixencia artificial inclúa incorpore unha pequena descrición sobre o que está acontecendo na imaxe amosada. Tamén usando a mesma tecnoloxía Open Source

    [Ler máis]
  • O Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre entra na súa fase final

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 28 de Setembro de 2016
    • O vindeiro 2 de outubro péchase o prazo de inscrición e o 21 celebrarase o acto de presentación dos finalistas e da entrega do  premio
    • Entre as novidades deste ano están os materiais de apoio para os aspirantes, accesibles desde o portal Mancomún
    • Ademais, poden coñecer de primeira man a experiencia dos premiados de edicións anteriores, grazas a unha unha nova sección de entrevistas dispoñibles na páxina do premio

    Banner do PremioO vindeiro día 2 de outubro péchase o prazo para inscribirse no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, promovido pola Amtega, ao que pode optar calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2015-2016, sempre que o proxecto teña unha licenza libre.

    Unha vez analizados e avaliados os proxectos presentados elixiranse os finalistas que participarán no acto, que terá lugar o día 21 de outubro no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Nesta xornada os finalistas presentarán o seu proxecto diante do xurado que, posteriormente, emitirá a súa resolución. Ao remate do acto entregaranse os galardóns, cunha dotación económica de 1.500€ e 750€ para o primeiro e segundo respectivamente.

    [Ler máis]
  • Netflix libera ferramentas propias como Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 27 de Setembro de 2016

    FMI, un estándar aberto con ferramentas abertas. Así, con este mesmo encabezado, comeza a nota de prensa de Netflix que anuncia a liberación como Software Libre dunha serie de ferramentas desenvolvidas pola enxeñería interna de Netflix para traballar con estándar IMF (Interoperable Master Format), un estándar creado pola Society of Motion Picture and Television Engineers.

    Este formato empregado por Netflix permítelle manter un único conxunto de bens esenciais e de elementos únicos necesarios para compoñer activos relevantes a nivel local. Por exemplo, para un título como Narcos, onde o vídeo é basicamente o mesmo en tódolos territorios, Netflix pode manter un fondo común para todas as rexións e bloques específicos para áreas específicas como pode ser Xapón o que lle permite a redución dos recursos de audiovisual nun 95%. 

    [Ler máis]
  • O editor de código NetBeans en busca do mecenado da Apache Foundation

    Publicado por Mancomún
    Luns, 26 de Setembro de 2016

    Logotipo NetBeans Recentemente fíxose pública a petición de incubación feita por Oracle para que o proxecto NetBeans pase a formar parte da Apache Foundation e sexa esta organización a que provea dos recursos necesarios para a súa continuidade.

    NetBeans seguiría a enfocarse nas liñas de desenvolvemento actuais mentres continúe a ser apoiado por Sun Microsystems e Oracle. O proxecto seguiría centrándose principalmente na subministración de ferramentas para o ecosistema Java, á vez, que tamén ofrecería soporte en ferramentas para outros ecosistemas, linguaxes e tecnoloxías, como JavaScript, PHP e C/C++.  

    [Ler máis]
  • GPUL e CIXUG organizan un novo obradoiro de instalación de GNU/Linux na Facultade de Informática da UDC

    Publicado por Mancomún
    Venres, 23 de Setembro de 2016

    Cartel do obradoiroGPUL e a Oficina de Software Libre do CIXUG, organizan dous novos obradoiros de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña como veñen facendo por estas datas nos últimos anos, e que van dirixidos principalmente ao novo alumnado chegado á facultade.

    O obxectivo do taller é a instalación e configuración do sistema operativo Ubuntu 14.04, que se atopa dispoñible nos laboratorios de prácticas da Facultade de Informática, así como aproveitar para dar a coñecer as características máis importante do Software Libre, do sistema operativo instalado, e resolver todas aquelas preguntas que os asistentes poidan ter sobre o tema.

    [Ler máis]
  • Entrevista con Esperanza González, segundo premio da edición 2013 do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 23 de Setembro de 2016

    Foto Esperanza González"Diríalle aos estudantes que fixeran o seu proxecto con Software Libre e se empapasen da filosofía que o sustenta, pois precisamente as súas bases son o amor polo coñecemento e por compartilo e o estímulo á curiosidade e a aprendizaxe autónoma."

    Dentro da serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre, hoxe publicamos unha nova entrega.

    Neste caso entrevistamos a Esperanza González, quen acadou o segundo premio na edición do ano 2013, co proxecto Abioxénese, unha instalación interactiva do ámbito das belas artes, que responde aos movementos do espectador xerando visuais e música segundo ditos movementos.

    [Ler máis]
  • Financiamento público, Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 23 de Setembro de 2016

    O software desenvolvido con fondos públicos deben de ser posto a disposición como Software Libre e de código aberto, eso é o que se conclúe despois de oír as verbas da eurodeputada Julia Reda. Compartir o código fonte debe ser un estándar nos contratos de TI en toda a UE

    Moitas administracións públicas xa recoñecen como o Software Libre e de código aberto permiten modernizar os seus servizos de TI, liberarse de dependencias con provedores, e axuda a reducir os custos. A membro do Parlamento Europeo, Julia Reda vai un paso máis alá nas súas declaracións do pasado 4 de setembro, no Software Libre Summit Foundation Europe , en Berlín: "Un goberno que asuma a súa responsabilidade ante o público en serio, entón terá que asumir a responsabilidade e contribuirá ao Software Libre".

    [Ler máis]
  • Emapic, aplicación de Software Libre para a realización de enquisas xeolocalizadas

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 22 de Setembro de 2016

    Logo EmapicEmapic é unha aplicación desenvolvida polo Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña (CartoLab), e que permite a realización de enquisas xeolocalizadas, é dicir, que ademais do resultado propio das enquisas podemos saber tamén dende que lugar foron contestadas.

    A aplicación naceu como resposta á inquietude deste grupo de investigación sobre a posibilidade de poñer calquera cousa nun mapa, incluso emocións, así por exemplo a primeira enquisa rexistrada era un mapa da felicidade.

    A potencialidade de unir as enquisas coas tecnoloxías de información xeográfica, en palabras de Alberto Varela, profesor responsable deste grupo de investigación, "pode ser de utilidade en diversos aspectos como en temas de participación cidadá, en estudos de mercado a calquera escala ou practicamente en calquera tipo de análise".

    [Ler máis]
  • Publicación do listado de aplicacións destacadas do CTT para o primeiro semestre do 2016

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 22 de Setembro de 2016

    Logotipo CTTO Centro de Transferencia Tecnolóxica (CTT) ben de publicar o listado de solucións dispoñibles destacadas do primeiro semestre de este ano. O listado fai referencia as solucións máis consultadas e tamén as solucións máis descargadas.

    Dentro das solucións tecnolóxicas publicadas no CTT máis consultadas, destacan as solucións de validación e verificación de fimas e identidades electrónicas como son Plataforma de validación de firma electrónica @firma, o Cliente de firma electrónica de @firma e a CL@ve: Plataforma de intermediación de identidades electrónicas.

    As outras destacadas son as solucións liberadas relacionadas coa xestión de documentos como FACE - Punto General de Entrada de Facturas Electrónicas de la AGE, a Sustitución de Certificados en papel ou SIR - Sistema de Interconexión de Registros.  

    [Ler máis]
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia