Modelo para carteis de actividades relacionadas co convenio da Amtega
Modelo en formato libre svg para a creación dos carteis das actividades relacionadas co convenio da Amtega. O modelo contén as instruccións básicas para a súa construcción e os logos oficiais da Xunta de Galicia necesarios.
Instrucións para o uso do modelo
- Descargar o ficheiro do modelo máis arriba.
- Descomprimir o ficheiro (se non se dispón dunha aplicación para descomprimir ficheiros en formato zip, pódese empregar a aplicación libre 7-zip).
- O formato svg pódese editar coa ferramenta de software libre e gratuíta Inkscape.
- O propio documento contén as instruccións básicas para a creación do cartel. A información está separada por capas para facilitar os traballos de edición. No menú Capas, podemos modificar a transparencia de cada capa para facer máis visibles estas instruccións ou agochalas para que non molesten na edición.
- O modelo conta con varias guías para facilitar a colocación de elementos respetando as áreas de protección do logo da Xunta.
- Desde Inkscape podemos exportar o cartel unha vez editado, a diferentes formatos (pdf, png, …).