Matriz de compatibilidade de licenzas de software libre

A compatibilidade entre as diferentes licenzas de software libre é un problema complexo ao que é necesario enfrontarse de cara a liberar un software. As aplicacións de software libre tenden a empregar bibliotecas de terceiros para o seu desenvolvemento, que teñen definida unha licenza concreta. Para liberar un software compre analizar todas estas licenzas e a súa compatibilidade de cara a elixir unha licenza global para o proxecto.

De cara a tentar facilitar este proceso creouse esta matriz de licenzas que permite analizar a compatibilidade entre licenzas de software libre, permitindo elixir un subconxunto delas, de acordo coas dependencias empregadas para o desenvolvemento dun proxecto, e a partir deste subconxunto ver que licenza ou licenzas son compatibles para empregar como licenza global para todo proxecto.

Compre salientar que este documento ten carácter meramente informativo, como axuda de cara a liberación dun proxecto e detectar posibles incompatibilidades entre licenzas, porén non é un documento que posúa ningunha garantía legal.a

Licenza

Este material publícase baixo a licenza libre Creative Commons 4.0 Internacional Recoñecemento Compartir Igual. Isto permite que calquera persoa ou entidade poida empregala libremente, distribuíla, modificala e adaptala, mellorándoa coa inclusión de novas licenzas ou corrixindo posibles erros.

Autoría

Este documento foi elaborado pola Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA (Xunta de Galicia), baseándose no traballo previo feito polo Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e Comunicación (CENATIC).

Pin It on Pinterest

Share This