Máquina virtual para sinatura dixital
Co fin de mellorar a interoperabilidade cos servizos de eAdministración, a Oficina de coordinación de software libre da Amtega, pon a disposición dúas máquinas virtuais, baseadas en dúas distribucións de GNU/Linux, que permiten a realización de trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre.
As distribucións dispoñibles son, por unha banda, Debian 9, a mesma configuración que se pode atopar nos centros e aulas da rede CeMIT, e por outra banda, Ubuntu, na súa última LTS dispoñible, xa que se trata dunha das distribucións máis coñecidas e empregadas.
Estas máquinas virtuais contan como compoñente principal coa aplicación para a sinatura de documentos, Autofirma. Trátase dunha aplicación software libre que está dispoñible para GNU/Linux, MacOS X e Windows. As dúas configuracións foron testadas nos diferentes servizos de administración electrónica da Xunta de Galicia.
Máquinas virtuais
As máquina virtuais configuradas que están dispoñibles son as seguintes:
Instrucións para o seu uso
- Descargar o ficheiro da máquina virtual escollido nas ligazóns de máis arriba.
- Descomprimir o ficheiro (se non se dispón dunha aplicación para descomprimir ficheiros en formato 7zip, pódese empregar a aplicación libre 7-zip).
- Abrir un xestor de máquinas virtuais que soporte o formato Open Virtualization Format. Dende Mancomún recomendamos empregar VirtualBox.
- Dende o xestor de máquinas virtuais debemos importar o servizo de virtualización escollendo o ficheiro con extensión .ova resultante da descompresión do segundo paso:
- Unha vez importado o servizo, pode verse na interface do xestor como agora hai unha nova máquina virtual. O seguinte paso é arrancar a máquina virtual dende o xestor:
- Logo de arrancar a máquina e acceder co usuario ocfloss, débese descargar e/ou importar o certificado co que queiramos asinar ou tramitar a documentación nesa conta de usuario.
Credenciais do usuario virtual
Nas máquinas virtuais configuradas existen un usuario que é o que se empregará para iniciar a sesión. Este usuario chámase ocfloss, pode ser tamén necesario introducir a contrasinal en algunha ocasión, a contrasinal é a mesma ca o nome de usuario.
Instrucións para a importación do certificado
- Para importar o certificado na máquina virtual de sinaturas é necesario ter arrancada a máquina e a sesión iniciada co usuario ocfloss na mesma. Posteriormente hai que copiar ou descargar o ficheiro de certificado para a máquina virtual de sinaturas. O máis sinxelo, se o ficheiro está na máquina anfitrioa é arrastralo dende a mesma para a máquina virtual de sinaturas, deste xeito queda o ficheiro pegado no escritorio da máquina de sinaturas:
- Para instalar o certificado hai que abrir o xestor de certificados: Primeiro ábrese o navegador Firefox (premendo no botón sinalado na imaxe anterior) e accedendo ás preferencias de “Privacidade e seguranza”, logo (como se ve na imaxe a continuación) pódese abrir o xestor dos certificados pulsando en “Ver certificados”:
- Para importar o certificado, hai que premer no botón “Importar”:
- Agora hai que indicarlle o ficheiro que contén o certificado, neste caso será o ficheiro descargado do escritorio:
- A continuación o xestor, pídenos a contrasinal que protexe o certificado que conten o ficheiro:
- Agora xa se pode ver no xestor o certificado instalado co que xa se poderán asinar os procedementos e os documentos:
Posibles problemas no proceso
- Fallo ao arrancar a máquina virtual: É posible que non se teñan activadas as extensións de virtualización VT-x. De ser o caso habería que reiniciar a computadora e entrar no software de configuración da BIOS /UEFI e habilitar VT-x, que se poderían atopar tamén co nome de Virtualization Technology.