Guía de boas prácticas para a liberación de publicacións da Xunta de Galicia

A Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia é unha guía elaborada pola AMTEGA co obxectivo de servir de referencia á hora de resolver as dúbidas en materia de propiedade intelectual relacionadas coas publicacións da Xunta de Galicia á hora de realizar a elección de licenzas libres e formatos abertos.

Esta guía incorpora pois recomendacións sobre sobre a xestión da propiedade intelectual no proceso de desenvolvemento das obras, analiza os diferentes tipos de licenciamento mediante licenzas libres e finalmente inclúe recomendacións de formato e ferramentas en Software Libre para o traballo con documentos de texto, imaxes, vídeos e obras sonoras.

Coa difusión desta guía a AMTEGA quere contribuír a fomentar a difusión das vantaxes das licenzas copyleft e o concepto Cultura Libre no ámbito da administración publica, fomentando deste xeito a súa proliferación neste eido.

A AMTEGA considera que esta guía podes ser de utilidade para calquera persoa, sexa ou non traballador da Xunta de Galicia. As boas prácticas recollidas á hora de incluír adecuadamente unha licenza nos diversos tipos de material documental, poden ser útiles para a cidadanía en xeral, dende docentes que elaboran materiais educativos para o seu alumnado, traballadores de empresas do sector dos contidos, e en xeral para toda a cidadanía.

Esta guía foi elaborada pola Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA coa colaboración da Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia dentro das actividades incluídas no plan de acción FLOSS 2014 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This