Xoves, 15 Decembro 2016

Documentación de apoio para o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

PDF

Os presentes materiais teñen por misión servir de axuda ás e os estudantes que se presenten ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, servindo como guía para adecuar o seu proxecto aos criterios que se valoran no mesmo, que non son outros que os mesmos que definen a filosofía do software libre.

Segundo as bases do premio, os criterios máis importantes á hora de valorar os proxectos son:

  • Nivel de actividade pública do traballo: Valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.org ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboración con outros proxectos de software libre, a creación de comunidade, etc.
  • Uso adecuado dunha licenza libre: valorarase a correcta elección dunha licenza libre e posterior aplicación da mesma ao código do proxecto.
  • Calidade do proxecto: deseño e implementación.

É por isto que nestes materiais queremos ofrecer unha guía que cubra os aspectos fundamentais dos proxectos de software libre, como son o do correcto licenciamento do mesmo, respectando as dependencias de terceiros empregadas e establecendo claramente a licenza xeral para o mesmo, e potenciando o desenvolvemento en comunidade, establecendo os medios habituais neste tipo de proxectos para que calquera outra persoa poda contribuír ao mesmo, enriquecéndoo e mellorándoo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal