Plan de acción en materia de software libre

Plan de acción anual

Anualmente, o Plan de acción en materia de Software Libre define a senda das políticas e das actuacións a desenvolver para o incremento do uso do Software Libre en Galicia, nos ámbitos empresarial, da administración pública e da cidadanía, sempre dentro do marco da Axenda Dixital de Galicia.

Dende que no ano 2010 a Xunta de Galicia puxera en marcha, por primeira vez en Galicia, un plan específico orientado ao fomento do Software Libre, na nosa Comunidade téñense conseguido grandes avances na súa adopción e uso nos diversos ámbitos da nosa sociedade.

A Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG 2020), aprobada no Consello da Xunta o 30 de abril de 2015, recolle o Software Libre como un dos principios para a xestión eficiente das distintas iniciativas.

O impulso do uso do software libre e de estándares abertos e fomento da reutilización de solucións, serán ferramentas para garantir a interoperabilidade dos sistemas informáticos e achegar a tecnoloxía á sociedade evitando a dependencia de determinados provedores TIC e os custes recorrentes.”

Anualmente analízanse os resultados obtidos das distintas actuacións desenvolvidas nos respectivos informes de seguimento do plan de acción en materia de software libre.

Plan de acción en materia de Software Libre 2017

O plan de acción en software libre 2017 ten un ano máis como eixos principais de actuación o fomento de solucións tecnolóxicas baseadas en software libre no sector empresarial, o achegamento do software libre ao conxunto da sociedade e o fomento da reutilización do software na administración pública.

En torno a estes eixos de actuación defínense unha serie de actuacións, que como vén sendo habitual desenvolveranse a través da colaboración cos distintos axentes do ecosistema do software libre galegos (Asociacións de Usuarios de Software Libre, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, as tres Universidades Galegas ou os colexios profesionais) o que permite xuntar esforzos e executar unha estratexia global e integradora.

Pin It on Pinterest