Que é Mancomún?

A Xunta de Galicia, da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, poñen a disposición de toda a comunidade galega o portal Mancomún.

Este portal web ten o obxectivo de servir como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. Para acadar este obxectivo o portal Mancomún quere:

  • Servir como canle de comunicación pública na que informar das distintas iniciativas de software libre, non só da Administración Autonómica, senón tamén do resto de axentes promotores do software libre en Galicia.
  • Proporcionar un conxunto integrado de servizos dirixidos a promover a difusión, formación, desenvolvemento … do software libre en Galicia.

Logotipo de Amtega

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ten como obxectivos básicos a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e a comunicación e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Así mesmo, tal como se recolle na Axenda Dixital de Galicia 2020, o fomento do uso software libre é unha aposta estratéxica da Xunta de Galicia en distintos ámbitos, como pode ser a a Administración ou o ámbito empresarial.

 

Pin It on Pinterest