Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Libreoffice

    LibreOffice é a suite libre máis potente para produtividade persoal de código aberto, que inclúe 6 aplicativos ricos en funcionalidades para todas as súas necesidades de produción de do...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre

Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre Existen actualmente numerosas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), legalmente constituídas na nosa comunidade como asociacións sen fins de lucro, que contan nos seus estatutos como unha das súas finalidades principais a difusión e promoción do software libre en xeral ou o GNU/Linux en particular dentro do seu ámbito de actuación, así como servir de apoio para os usuarios deste tipo de software.

Estas AGUSL contan xa cunha ampla traxectoria temporal de realización de actividades de promoción e dinamización do FLOSS dentro dos seus respectivos ámbitos xeográficos de actuación, en aras de reducir a fenda dixital e de achegar as vantaxes do Software Libre a distintos sectores da sociedade galega.

Xorden habitualmente nas universidades ou centros de estudos, ou en calquera outro lugar onde un grupo de persoas interesadas no software libre se reúnen e artellan actividades relacionadas con el, como conferencias, xornadas de difusión, cursos, etc.

Constitúen un excelente lugar ao que poden acudir todas aquelas persoas que pretenden achegarse ao mundo do software libre, para pedir axuda ou buscar información. Pero ademais, tamén pretenden ser un punto de encontro para os xa iniciados no software libre, onde calquera é benvido para colaborar e participar das súas actividades así como para axudar aos que acaban de chegar ante as dificultades das súas primeiras experiencias co software libre.

A continuación inclúese o directorio completo de Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre clasificadas polo seu ámbito de actuación.

 

Ámbito autonómico

Ghandalf: GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss

Comunidade O Zulo Comunidade O Zulo

Xeopesca

Ámbito provincial

 

GALPon: Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra

GPUL: Grupo de Programadores y Usuarios de Linux GPUL

Ámbito local

MELISA: Asociación de Software Libre de Melide

Amigus: A asociación informática Amigus de As Pontes

 

A continuación incluímos a modo de histórico unha relación de Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre que ou ben nos teñen notificado a súa disolución ou ben os seus portais web deixaron de funcionar e non temos constancia da súa actividade. Se algunha desta asociacións continúa activa, ou ben retoma a súa actividade nalgún momento, só ten que poñerse en contacto con nós a través do Contactohttps://www.mancomun.org/?id=formulario de contacto e incluirémolas novamente no directorio de asociacións activas.

Asociacións inactivas

AGNIX: Asociación de Usuarios de GNIX

www.agnix.org

GLUG: Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Galicia

www.glug.es

AULUSC: Asociación de usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela

www.usc.es/asociacions/aulusc/

GALITE: Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía de Foz

www.galite.org

LUCUX: Asociación de usuarios de Software Libre de Lugo

www.lucux.es

OUSLI: Asociación de usuarios de Software Libre de Ourense

www.ousli.org

GULO: Grupo de Usuarios de Linux de Ourense

www.gulo.org

INESTABLE: Grupo de Usuarios de Linux de Ordes

www.inestable.org

 

 

Outras asociacións

ASOCIACIÓNS RELACIONADAS COA INFORMÁTICA E A LINGUA:

Cómpre mencionar outras asociacións que aínda que non se adican en exclusividade á difusión do software libre sí o teñen entre os seus obxectivos como un punto importante dentro duns obxectivos máis xenerais de promoción das novas tecnoloxías. 

  • Asociación xuvenil GSiC. A asociación grupo xuvenil de informáticos de Cambre foi fundada no ano 2004. Entre os seus obxectivos destacan a promoción de actividades informáticas entre a mocidade do concello de Cambre con especial énfase no software libre e no uso do idioma galego nas novas tecnoloxías.
  • Compostela Wireless. Esta agrupación de usuarios ten como finalidade achegar as novas tecnoloxías da comunicación ao cidadán, converténdoas nunha ferramenta máis para a expansión do coñecemento, para comunicarse entre os veciños, pero sobre todo como un dinamizador da actividade social de base, nos barrios e na cidade.

Os indicadores estatísticos do uso do galego nos aplicativos informáticos é minoritario. O software libre ofrécenos unha excelente oportunidade para localizar software a diferentes idiomas, xa que temos acceso ao código fonte. Neste sentido, existen en Galicia diferentes agrupacións de persoas que levan xa tempo dedicadas á localización de software ao galego. Sen ánimo de excluír a ninguén citamos as seguintes:

  • Ciberirmandade da fala: grupo de usuarios que ten como obxectivo a lingua e a cultura galega; pretende espallalas utilizando as redes informáticas. Existe dende 1996.
  • Trasno: é un proxecto dedicado á adaptación á lingua galega do sistema GNU/Linux e do software libre en xeral. Existe dende o ano 1999. Parte dos integrantes deste proxecto vén de constituír a Asociación Proxecto Trasno.
  • Cabe mencionar tamén a Galego21, organización sen fins de lucro que, se ben actualmente cambiou a súa orientación, nos seus comenzos tiña como obxectivo organizar o desenvolvemento, a tradución e o espallamento de programas informáticos en galego usando Internet como medio.

Todas as listas incluídas nesta sección non están pechadas polo que se pertences  ou coñeces algunha agrupación destas características, que non estea aquí incluída por favor, contacta con nós a través do formulario de contacto.

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia