Busca por taxonomia

Un total de 4 resultados para a taxonomía "traduccion-e-10n"

]Project-Open[, aplicativo de xestión empresarial

Project-Open]Project-Open[ ou ]PO[ é un completo ERP orientado a proxectos de propósito xeral, amplamente configurábel e orientada a proxectos e servizos, non a produtos.

Aínda que é un ERP de propósito xeral, ]PO[ ten diversas solucións que cobren diversos sectores máis específicos:

  • ]project-translation[ é unha solución para pequenas e medianas empresas de tradución.
  • ]project-consulting[ para consultoras cunha intranet como plataforma colaborativa, xestión de proxectos, fluxos de traballo e xestión do coñecemento.
  • ]project-agency[ é unha solución para axencias de publicidade e Internet que optimiza a xestión dos recursos internos da empresa.
  • ]project-lifecycle[ é unha solucións para PLM (“product lifecycle management”:xestión do ciclo de vida dos produtos) para enxeñaría e empresas de produción industrial.

Algúns dos módulos principais que compoñen este ERP son:

  • Módulo de finanzas para o seguimento e avaliacións dos resultados
  • Xestión de relacións cos clientes (CRM)
  • Xestión de provedores
  • Xestión de recursos humanos (HRM)
  • Xestión de bases de datos do coñecemento
  • Business Intelligence
  • Xestións de contidos
  • Módulo de integración con outros aplicativos.
  • etc…

Segundo a súa propia páxina web, ]PO[ é usado por máis de 32.000 usuarios.

Podes atopar unha versión de demostración na seguinte ligazón:http://pcdemo.dnsalias.com/

A Xunta impulsará o software libre en Galicia potenciando a súa implantación en pemes e universidades

A secretaria de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presidiu hoxe unha xuntanza coas tres universidades, o CESGA e as empresas do sector para avaliar o progreso do software libre na nosa comunidade e estabelecer novas liñas de actuación a prol do desenvolvemento deste.

A secretaria manifestou, no encontro que tivo lugar na sede do CESGA, que o Goberno galego impulsará a implantación do software libre en toda a nosa comunidade, especialmente, en áreas como as pemes ou a través de liñas de colaboración coa Universidade ou centros de investigación, para potenciar a súa aplicación aos sectores produtivos e estratéxicos de Galicia.

“O que demanda a sociedade, o empresariado e o empregado público son solucións que lle fagan a vida e o traballo máis doado e, no caso das empresas, que incrementen a súa competitividade”, observou Pereira. “O software libre ten un interesante potencial para crear modelos de negocio, de contratación de servizos tecnolóxicos, o que dinamiza o sector TIC local”, apuntou. A secretaria avogou por manter un contacto directo e continuo con todos os axentes: empresariado, institucións e as comunidades de desenvolvemento de software libre “clave”, dixo, para orientar axeitadamente as políticas tecnolóxicas e facelo partícipe das mesmas.

Pin It on Pinterest