Busca por taxonomia

Un total de 583 resultados para a taxonomía "educacion"

Pablo Castro da FIC da UDC gaña un do premios do Concurso Universitario de Software Libre

O pasado xoves 5 e venres 6 de maio tivo lugar na Escola Técnica superior de Enxeñería Informática de Sevilla a fase final da décima edición do Concurso Universitario de Software Libre, onde participaron máis de 75 estudantes de toda España e se expuxeron 47 proxectos de código libre.

Pablo Castro, estudante da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña resultou premiado na categoría de Mellor proxecto de tecnoloxías móbiles, co seu proxecto VACmatch, para a xestión de competicións deportivas con software libre.

Na imaxe, posan os galardonados nesta edición do Curso Universitario de Software Libre

Seminarios sobre Big Data e cloud con software libre no CNTG

Imaxe do CNTG

O CNTG organiza durante o mes de maio diversos seminarios sobre Big Data e cloud baseados no uso de ferramentas libres. Así, o 12, 18 e 23 de maio respectivamente terán lugar nas súas instalacións os seminarios:

O acceso a calquera dos tres seminarios, é de balde e condicionado ao aforo do local, polo que se recomenda realizar a inscrición previa en liña a través do portal web do CNTG. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. A data límite de inscrición é o día antes de cada un dos seminarios.

As persoas interesadas en asistir a estes seminarios que non poidan desprazarse a Santiago, poden consultar na rede de aulas CeMIT, http://cemit.xunta.es, cal é a aula CeMIT máis próxima ao seu domicilio na que se vai emitir o evento e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

A FIC acolle o sábado o Scratch Day organizado polo CPETIG

O vindeiro sábado 7 de maio a Facultade de Informática da Coruña (FIC) acolle o “Scratch Day” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa propia FIC.

Imaxe da comunidade Scratch

O obxectivo deste evento é difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais. Diríxese fundamentalmente a rapazas e rapaces de entre 10 e 14 anos, que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo, profundando e divertíndose coa informática a través do contorno de programación Scratch.

O evento comezará cunha breve presentación e demostración de Scratch para pasar logo á parte totalmente práctica con dous obradoiros paralelos de programación con Scratch de nivel iniciación e nivel avanzado.

Novos videotitoriais de MiniNo PicarOS

Logo de PicarOSO equipo de desenvolvemento de MiniNo e o seu sabor para cativos PicarOs, achégannos información sobre as últimas novidades do seu traballo. Concretamente sobre a publicación de novos videotitoriais sobre PicarOs e sobre a participación nas Xornada de boas prácticas docentes 2016 en Tudela, Navarra.

Así mesmo estarán tamén presentes na próxima xornada que organiza AGASOL o vindeiro 30 de abril, Libreteo, da que vos falamos hai uns días.

Así infórmannos da publicación de oito novos videotitoriais de uso de PicarOs, que deesta volta van adicados á edición gráfica, presentando solucións para actividades útiles para a educación primaria. Os novos vídeos dispoñibles son:

Open Source nos cursos na Aula de Formación Informática da UDC

Logo da UDCA UDC acaba de abrir os prazos de preinscrición para os cursos de maio que realizarán na Aula de Formación Informática (AFI) da propia universidade.

Como vén sendo xa norma habitual, dentro dos cursos para o mes de maio existe unha nutrida presenza de ferramentas de software libre. Nesta ocasión, ofertaranse prazas para diversos cursos:

  • Programación orientada a obxectos e interfaces gráficas de usuario en Python
  • Boas prácticas na elaboración de documentos ofimáticos con exemplos prácticos en LibreOffice
  • Edición de vídeo con ferramentas libres como Shotcut

Vigolabs organizar o Hackaton Sanjurjo Badía

Cartel do hackatonVigoLabs, grupo aberto de persoas unidas polo interese nas tecnoloxías industriais e marítimas, organiza un encontro de desenvolvedores sobre tecnoloxía hardware no mar, ao que deu en chamar Hackathon Sanjurjo Badía, na honra dun dos mellores inventores que tivo Vigo na súa historia.

Trátase dun evento dunha fin de semana, concretamente os días 27 e 28 de Febreiro, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.

O obxectivo é reunir persoas de distintos perfís para crear proxectos do IoT relacionados co sector marítimo e pesqueiro. A idea é que tanto profesionais como estudantes (principalmente do mundo do desenvolvemento software e deseño industrial) se reúnan esa fin de semana e traballen en equipos multidisciplinares, de entre 3 e 6 persoas, na creación de prototipos relacionados co sector. Os gañadores recibirán fantásticos premios. 

Novidades en MiniNo e PicarOs

O equipo de desenvolvemento de MiniNo e o seu sabor para cativos PicarOs, achégannos información sobre as últimas novidades do seu traballo. A publicación da versión alfa de MiniNo 3.0, unha versión de PicarOs para tabletas entre outras.

Imaxe de PicarOs correndo nunha tableta

Lembramos que GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, que ten por obxectivo dar solución a computadores moi antigos e con moi poucos recursos. A partir desta distribución, os seus desenvolvedores elaboraron unha adaptación da mesma orientada ao seu uso principalmente por nenos á que deron en chamar PicarOs.

O pasado mes de outubro vía a luz a versión PicarOs 2015, mais os desenvolvedores, no seu constante esforzo por achegar esta distribución aos usuarios e facilitar o seu uso, non deixan de traballar e infórmannos de varias novidades.

Xornadas de achegamento ao software e hardware libre no campus de Ourense

Cartel de difusión das xornadasA Asociación Educativa LiGNUx organiza para os vindeiros días 2 e 3 de decembro as “II Xornadas de achegamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo” para o que contan coa colaboración da Asociación Pedagógica y Cultural Educere e coa axuda da Universidade de Vigo (Vicerrectoría do Campus de Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática e a Facultade de Ciencias da Educación). A organización agarda repetir o éxito de convocatoria do pasado ano, cando reuniron máis de 60 persoas.

O obxectivo destas xornadas son, como o seu nome indicada, contribuír ao achegamento da cultura libre aos asistentes, a través de relatorios sobre software e hardware libre, sempre cunha orientación socioeducativa.

As xornadas celebraranse terán lugar no Edificio de Facultades, Universidade de Vigo, Campus de Ourense en horario de tarde de 18:30 a 21:00 horas. O mércores 2 de decembro celebrarase na aula 0.9 na planta baixa e o día 3 de decembro na aula 1.5 da primeira planta.

Unha aplicación web para a análise do comportamento humano en vídeos é a gañadora do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

  • O gañador foi Xoan Iago Suárez Canosa polo proxecto Aplicación web para a análise do comportamento humano en zonas transitadas.
  • O segundo premio foi para Pablo Grela Palleiro polo Sistema de xestión de asociados de CuacFM.
  • O galardón busca o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e a apertura a novas posibilidades de emprego relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Foto do xurado e os 5 finalistas do premio

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu o venres á tarde o premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2015 a Xoan Iago Suárez Canosa polo proxecto Aplicación web para a Análise do comportamento humano en zonas transitadas, aplicación que se encarga de detectar a todos aqueles obxectos ou persoas que aparecen nunha secuencia de vídeo, aplicando un algoritmo para medir o “grao de anormalidade” da súa conduta, en base aos movementos que realizan. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo CIXUG ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Ademais, concedeuse tamén un segundo premio a Pablo Grela Palleiro polo Sistema de xestión de asociados de CuacFM. Trátase dun sistema de xestión de socios que inclúe pagos a través de paypal, remesas bancarias conforme á norma SEPA, así como en efectivo. Tamén posúe un xestor de actividades tales como formación e programas. Este segundo premio conta cunha dotación económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL, colaboradora da iniciativa ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Dispoñible a nova PicarOS Diego 2015

Carátula de PicarOS 2015GALPon anuncia a nova versión da súa distribución para os máis cativos da casa, PicarOS Diego 2015.

Segundo se pode ler no anuncio desta nova versión, esta vén cargada de novidades resultado de axuste de detalles, suxestións dos mestres que a están a empregar dende hai varios cursos nas aulas, de corrección de bugs, da incorporación de novos programas ou a modificación dos existentes para adaptarse mellor aos seus destinatarios, etc.

Entre estas novidades atopamos por exemplo novas aplicacións ofimáticas, como un engadido para LibreOffice que separa as sílabas das palabras por cores, ou un curso completo de mecanografía para Ktouch con 500 leccións.; un programa que le calquera texto seleccionado nunha aplicación; incorporación de novos xogos para todas as idades; actualización dos navegadores de internet e adaptación para o seu funcionamento en webs educativas de uso extendido; novas aplicacións para a aprendizaxe e práctica musical; melloras no sistema para a configuración e rendemento do mesmo; etc

Pax. 8 de 59« Primeiro...678910...203040...Último »

Pin It on Pinterest