Busca por taxonomia

Un total de 582 resultados para a taxonomía "educacion"

Publicados os resultados do II Fiadeiro de Localización e o gañador do premio Máis e mellor

Logo da OSL da USC Dende a OSL da USC infórmannos da publicación dos resultados obtidos do II Fiadeiro de localización de software libre.

Como vos informamos no seu día, un dos obxectivos principais deste fiadeiro eran impulsar a comunidade universitaria de localización ao galego de software libre ofrecendo formación técnica e práctica de xeito que ao tempo se contribuíra a dispoñer do software que se use na USC en galego, mediante os procesos de localización.

Oito novos aplicativos dispoñibles en galego

Aínda que a organización prevía inicialmente localizar ata16 pequenos aplicativos, finalmente ao contar só con sete asistentes cunhas competencias en galego, inglés e informática heteroxéneas, a lista viuse reducida a oito aplicativos. Estes aplicativos localizados estarán á disposición de calquera que teña instalado Ubuntu-USC no seu ordenador, xa que coa vindeira actualización automática hánselle instalar estas ferramentas, dalgunha das cales xa podemos visualizar a súa interface en galego. Posto que as traducións se enviaro aos proxectos orixinais, a medida que o resto de distribucións fagan actualizacións dos paquetes de idioma tamén estarán estes aplicativos dispoñibles en galego.

O CREA libera en MORFEO o seu material de formación de Administración de Sistemas GNU/Linux

Logo do CREA O Centro de Referencia para a Excelencia en Contornos Abertos (CREA), iniciativa impulsada por FORMAN, consorcio-escola da Consellería de Emprego da Junta de Andalucía, súmase á Comunidade Morfeo e libera un curso de Administración de Sistemas GNU/Linux. Este material pasa a formar parte dos máis de 15 cursos actualmente dispoñibles dentro da comunidade de formación Morfeo. Estes poden atoparse en aula morfeo.

A iniciativa encádrase dentro das actividades do proxecto Morfeo Formación e de CREA, e busca a construción dunha rede formativa onde os materiais sexan accesibles baixo licenzas libres para fomentar a súa mellora e reutilización, sen deixar de lado a súa explotación comercial por parte dos membros da Comunidade Morfeo.

Novos fascículos tecnolóxicos sobre OpenOffice

Continuando co seu obxectivo de contribuír a achegar as tecnoloxías libres á cidadanía, como punto de partida para poder seguir divulgando este concepto en posteriores accións de comunicación para que o seu uso sexa verdadeiramente coñecido, CENATIC vén de poñer a disposición do público 3 novos fascículos tecnolóxicos que complementan aos catro publicados ata a data, dos que xa informamos no pasado mes de marzo.

Estes novos fascículos son:

Cada fascículo está publicado baixo licenza Creative Commons (Recoñecento-NonCormercial-CompartirIgual 2.5 España), sendo o autor orixinal de cada obra o que aparece xunto ao título.

Igalia oferta prácticas en empresa para o verán 2010

Igalia Igalia, empresa galega de Software Libre, ofrece por noveno ano consecutivo a posibilidade de que alumnado da Enxeñería Informática ou Enxeñerías Técnicas en Informática, con máis do 50% dos créditos superados, poida realizar prácticas nesta empresa durante o verán de 2010 tanto nas súas instalacións de A Coruña como nas de Pontevedra.

As condicións das prácticas ofertadas son:

  • Un total de 350 horas cunha planificación flexible de 5 a 8 horas diarias durante os meses de xullo, agosto e setembro.
  • 325 horas traballando nun proxecto de Software Libre e 25 horas para redactar a memoria.
  • Axuda económica de 1.500 €.

IV Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

Cartel da IV xornada de SwL no FP Caixanova

Un ano máis, OUSLI volve organizar, e xa por cuarta vez, a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Terá lugar o vindeiro venres 14 de maio de 8:30 a 15:00 horas no centro de FP Caixanova de Ourense situado en Finca Sevilla Nº2, ao lado de Expourense.

A xornada está aberta ao público. Ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. 

O programa das xornadas é o seguinte:

  • 8:30-9:30 – Técnicas antispam con SpamAssasin.  Poñente: Jose Ramón Méndez Reboredo, fundador de OUSLI.
  • 9:30-10:10 – Mirror de OUSLI: mirror.ousli.org Poñente: David Martínez Carballo, CEO de Openhost e fundador de OUSLI.
  • 10:10-11:00 – Achegamento ao Software Libre  Poñente: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX e Presidente de AGASOL.
  • 11:30-12:20 – Licenzas e Modelos de negocio.  Poñente: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX e Presidente de AGASOL .
  • 12:40-13:50 – Taller: "Creación de Live CDs automatizadas". Poñente: Fran Diéguez, membro de GLUG e da OSL-USC.
  • 13:50-15:00 – Taller: "Introdución a AJAX con PHP". Poñente: Cesar Osorio, da USC

IV Edición do Premio ao mellor PFC con software libre

Un ano máis, dende Igalia anuncian unha nova edición do “Premio ao mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre”. Como vén sendo habitual dende a primeira edición, as universidades galegas continúan a dar soporte á iniciativa, dado o gran interese desde o punto de vista educativo que ten o proxecto. O apoio da Xunta de Galicia a través dos servizos de Mancomún tamén se mantén este ano, o que confirma a aposta das institucións Galegas adicadas ao fomento da tecnoloxía.

Pero ademais para esta nova edición contan con novos colaboradores, salientando a
axuda recibida por parte do CENATIC, centro de referencia na difusión e apoio ao Software Libre a nivel estatal.

Dende Igalia consideran que o proxecto xa atinxiu un nivel de madureza importante, e xa pode considerarse como unha vía estable para o desenvolvemento dos proxectos dos estudantes, o nivel de aceptación da iniciativa entre o colectivo de profesores nas Universidades e Escolas Técnicas é o adecuado e a mellor forma de chegar aos alumnos é falar con eles directamente.

Novo curso de formación en SwL e estándares abertos para directivas de ANPA da provincia de Pontevedra

Dende GALPon nos informan que continúan co seu plan de formación para as ANPA no curso 2009/10 en colaboración con FANPA PONTEVEDRA.

Nesta ocasión, coa colaboración das ANPA de Vilagarcía organízase un novo curso de software libre e estándares abertos.

O curso terá lugar o vindeiro 15 de maio de 2010, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, no Centro Sociocultural San Roque (grupo San Roque, ao pé da rotonda das Carolinas).

Os contidos a impartir son os seguintes:

  • Sesión de mañá: Procesador de texto, folla de cálculo e elaboración de presentacións con OpenOffice.org.
  • Sesión de tarde: Elaboración de presentacións, xestión de correo e mensaxería instantánea.

Curso de desenvolvemento en contornos web con software libre

Como xa informamos anteriormente neste portal, o Máster en Software Libre organizado por Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, ofrece a posibilidade de cursar os módulos do mesmo de maneira individual.

Onte informaron que o prazo de inscrición para cursar o módulo de desenvolvemento en contornos web con Software Libre está xa aberto ata o vindeiro 28 de maio.

Segundo os organizadores, este módulo é de especial interese para persoas que:

  • Queiran desenvolver aplicativos para contornos web con tecnoloxías RIA, php, java.
  • Desexan participar en comunidades de software libre e interésalles coñecer os seus métodos de xestión, comunicación, as ferramentas coas que interactúan, etc.

Ubuntu LTS 10.04 e o seu manual oficial estarán dispoñibles mañá en galego

Falta 1 día para Ubuntu 10.04 A falta de menos de 24 horas para a publicación da versión final de Ubuntu LTS 10.04 de nome Lucid Lynx, xa todo está listo para o seu lanzamento.

Canonical anunciou hai un par de días que xa está activo o servizo ship-it para solicitar o envío de CD coa nova versión ao domicilio escollido. Aínda que recomendan que de dispoñer dunha boa conexión a internet se descargue a imaxe do CD directamente, xa que os envíos poden tardar ata 10 semanas. Ademais o número de envíos está moito máis restrinxido que hai anos e recomendan que só se soliciten en caso de non poder acceder doutro xeito a Ubuntu.

E unha vez máis temos que destacar o gran traballo e esforzo que están a realizar varios dos axentes da comunidade galega do software libre para contribuír a achegar Ubuntu 10.04 a toda a cidadanía galega nas mellores condicións e no seu propio idioma:

  • Mirror de Ubuntu proporcionado pola Asociación Ousli.
  • Manual de introdución a Ubuntu en galego grazas ao traballo da Oficina de Software Libre da USC, en colaboración coa comunidade galega de localización de Ubuntu

Seminario sobre o framework Grails no CNTG

O vindeiro día 29 de abril, de 9:30 a 13:30, terá lugar na sede do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar un seminario de demostración do framework de desenvolvemento Grails.

Grails é un framework open source para o desenvolvemento de aplicacións web baseado en Groovy e Java que segue os principios “Don’t Repeat Your Self” (Non te repitas) e “Convention over Configuration” (Convención sobre configuración), engadindo á nosa caixa de ferramentas a capacidade de crear prototipos ou probas de concepto en tempo récord e permitindo, dentro do mesmo framework, a creación da base de datos, as pantallas de altas, baixas, modificacións e borrado de maneira automática. Durante o seminario realizarase unha demostración das capacidades de Grails creando unha aplicación web dende cero.

Pax. 30 de 59« Primeiro...1020...2829303132...4050...Último »

Pin It on Pinterest