Busca por taxonomia

Un total de 590 resultados para a taxonomía "educacion"

Aberto o prazo de inscrición no Concurso Universitario de Software Libre

Se a semana pasada anunciabamos a ampliación do prazo de presentación de candidaturas ao Premio ao mellor PFC con Software Libre organizado pola AMTEGA ata o 18 de Novembro, hoxe facémonos eco doutro concurso a nivel estatal que conta cuns obxectivos moi semellantes.

Concurso Universitario de Software Libre 2012-23Trátase do Concurso Universitario de Software Libre que ten por obxectivo principal fomentar a creación e consolidación dunha comunidade de Software Libre no ámbito da educación superior. O prazo de inscrición neste concurso está aberto ata o vindeiro 23 de novembro.

A principal diferencia co Premio ao mellor PFC con Software Libre, ademais de admitir candidatos doutros ámbitos educativos, é que o desenvolvemento non pode estar xa finalizado, senón que deberá ser desenvolvido dende o momento da aceptación no Concurso ata o mes de abril de 2013. O concurso conta con diferentes premios en metálico e en especie achegados polos diferentes patrocinadores.

A participación no CUSL está aberta a calquera desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre elaborado por estudantes universitarios de calquera ciclo, estudantes de bacharelato, ou de grao medio e superior de formación profesional en calquera centro homologado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2012/2013, así como estar en disposición de poder acreditalo. Os menores de idade deberán ademais achegar un certificado co consentimento dos seus pais ou titores legais.

A OSL do CIXUG forma en software Libre ao PAS das 3 universidades galegas

Logotipo da OSL do CIXUGO pasado mes de setembro dabamos conta da oferta de cursos de formación para PAS sobre Writer e Ubuntu na Uvigo a proposta da OSL do CIXUG, informando que serían ofertados posteriormente nas outras dúas universidades do Sistema Universitario Galego.

Continuando pois con esta iniciativa de formar ao persoal de administración e servizos das 3 universidades, co obxectivo de lograr a adquisición e mellora de competencias profesionais así como facilitar unha futura migración dos seus sistemas a software libre, a USC e a UDC realizaron a súa correspondente oferta formativa neste eido que vai ser impartida polos técnicos da OSL do CIXUG durante os meses de novembro e decembro.

Así tanto a UDC como a USC convocaron 4 cursos, dous na modalidade presencial e outros dous na modalidade de teleformación:

  • Presencial:
    • Iniciación LibreOffice Writer
    • Primeiros pasos coa distribución GNU/Linux da Universidade, baseado en Ubuntu 12.04
  • Teleformación, impartidos a través da plataforma Moodle do CIXUG e comúns para o persoal PAS das tres universidades:
    • Iniciación LibreOffice Writer
    • Iniciación LibreOffice Impress

Ademais o material dos cursos de teleformación será publicado con licenza libre e en formato SCORM no Repositorio Documental FLOSS da Xunta de Galicia para o seu reaproveitamento por calquera outra entidade con interese en formar ao seu persoal na ofimática libre.

Ampliado o prazo de presentación de candidaturas ao Premio ao mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre

Todos aqueles estudantes do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias dos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012 teñen aínda ata o día 18 de Novembro para presentar a súa candidatura ao premio.

O premio está dotado con ata 2.300 euros a repartir en tres categorías, primeiro premio, accésit e mención especial, que concederá a Asociación Cultural Trasno á promoción da lingua galega nas Tic ao proxecto en software libre no que se traduza, localice, internacionalice ou se difunda a lingua galega.

Os requisitos que deben cumprir os proxectos para seren admitidos ao premio son:

  • Ter sido realizado cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
  • Ter publicado o software desenvolvido durante o PFC cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.

Curso de Drupal 7 organizado polo CPEIG

Logo do CPEIGO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza un curso de formación sobre o CMS Drupal 7 que será impartido por Sdweb, empresa especializada en implantar Drupal en grandes organizacións como a Xunta de Galicia, Univ. Barcelona, Univ. de Santiago de Compostela, etc

O curso, cunha duración de 20 horas presenciais, terá lugar en Santiago de Compostela os vindeiros días 9, 10, 16 e 17 de novembro en horario de 16:00 á 21:00 (os días 9 e 16) e de 09:00 á 14:00 (os días 10 e 17).

O obxectivo do curso é que un alumno con coñecementos básicos sobre desenvolvemento web, posicionamento e uso de técnicas e ferramentas dixitais, poida en poucos pasos, descargar, instalar e configurar un completo portal sobre Drupal. A metodoloxía da acción formativa é totalmente práctica. Semanalmente realizaranse as sesións formativas presenciais acompañadas con exercicios e prácticas, así como un dossier formativo con actividades adicionais para que este curso sirva de punto de inicio no mundo Drupal.

Os relatores son Diego Meixeiro e Martín Rey, membros do departamento de software de Sdweb, empresa da que vos falamos recentemente con motivo do I congreso Hispano Luso, onde precisamente presentaron o caso de éxito de Drupal en grandes organizacións. Ambos teñen ampla experiencia sobre o CMS Drupal e a comunidade de usuarios que o integran ofrecéndolle aos participantes na formación non só unha visión específica sobre módulos e funcionalidades senón unha contextualización do funcionamento da Comunidade Drupal e a súa visión sobre como desenvolver proxectos de alto nivel desde 0 no citado CMS.

A OSL Móbil visitará 7 facultades neste mes de outubro

Logo da OSL do CIXUGA Oficina de Software Libre a través do CIXUG anuncia que comezan as visitas da OSL a distintos centros das tres universidades galegas.

Un dos principais obxectivos que perseguen as distintas actividades que a OSL do CIXUG realizará ao longo deste ano é a difusión de software libre entre os membros da comunidade universitaria. Para acadar este obxectivo celebrarán diversas xornadas de software libre, como a Xornada de Software Libre e Empresa celebrada o pasado 21 de setembro, na Escola Técnica Superior de Enxeñería na que arredor de 20 persoas congregáronse para debater sobre as oportunidades e perspectivas laborais do Software Libre de forma moi participativa nas diversas mesas redondas.

A outra actividade importante que realizarán dende o punto de vista da difusión é a OSL móbil ou os Puntos de Información nas Facultades (ou centros) das tres universidades galegas. Esta actividade, a diferencia das xornadas, é unha actividade de temática xeral sobre software libre, estándares abertos e licenzas libres.

Durante unha xornada completa, dende as 10:00 horas da mañá ata as 18:00 horas da tarde, os técnicos da OSL estarán dispoñibles nun espazo concreto dentro do centro escollido, cun mostrador dende o que se repartirán trípticos informativos sobre varios temas relacionados co software libre, e o máis importante, estarán dispoñibles para asesorar sobre calquera aspecto do Software Libre a todas as persoas que se acheguen a preguntar e ata se lles pode axudar na instalación de software libre nos seus portátiles se así llo solicitan.

Así a próxima semana comezarán estas Puntos de Información coa visita a dous centros da Universidade da Coruña.

A continuación detállanse as visitas programadas:

O Premio ao mellor proxecto de Fin de Carreira con Software Libre 2012 segue aberto a máis candidaturas

  • O prazo de presentación de candidaturas para o Premio ao mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre remata o 31 de outubro de 2012.
  • Ata 2300€ repartiranse en 3 categorías: 1º premio, accésit e mención especial Proxecto Trasno.

Premio ao mellor proxecto de fin de carreira con Software LibreO prazo de presentación de candidaturas á V edición do Premio ao mellor proxecto de Fin de Carreira con Software Libre, organizado pola AMTEGA, aínda está aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2012.

A el poden presentarse todos os proxectos de fin de carreira que presentados no Sistema Universitario Galego en calquera das convocatorias de defensa de proxectos nos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012, incluídos polo tanto os da recente convocatoria de Setembro de 2012.

O premio está dotado con ata 2.300 euros a repartir en tres categorías; primeiro premio e accésit, concedidos pola empresa Igalia, e unha mención especial, que concederá a Asociación Cultural Trasno á promoción da lingua galega nas Tic ao proxecto en software libre no que se traduza, localice, internacionalice ou se difunda a lingua galega.

Ademais a empresa Igalia tamén ofrece un 10% de desconto adicional aos participantes neste premio que queiran cursar o Máster en Software Libre para o tamén continúa aberto o prazo de matriculación.

Os requisitos que deben cumprir os proxectos para seren admitidos ao premio son:

  • Ter sido realizado cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
  • Ter publicado o software desenvolvido durante o PFC cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.

Todos os interesados en participar poden consultar a información na páxina do premio dentro do portal mancomún ou poñerse en contacto coa oficina de coordinación FLOSS da Xunta de Galicia.

A OSL do CIXUG estrea web

Logo da OSL do CIXUGComo vos vimos contando ultimamente, este é o primeiro ano que as tres universidades do Sistema Universitario Galego contan cunha única Oficina de Software Libre a través do CIXUG. Ata este ano, existía unha Oficina de Software Libre en cada universidade; a OSLUSC, Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela; a OSLUVi, Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo; e a Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña.

Nun paso adiante para centralizar os esforzos e o alcance da promoción do software libre no ámbito universitario, as tres universidades, a través do CIXUG e coa colaboración da Xunta de Galicia, crean a OSLUG, a Oficina de Software Libre das Universidades Galegas, para promocionar o software libre nas tres universidades. Isto sen dúbida permitirá coordinar de forma máis eficaz e efectiva as diversas actuacións de promoción do software libre no ámbito universitario que están recollidas no Plan de Acción de Software Libre 2012 da Xunta de Galicia a través da AMTEGA.

Aínda que xa hai un par de meses a OSLUG comezou a súa andaina é agora cando por fin estrea web na rede no seguinte enderezo http://www.cixug.es/osl/oficina/. 

Nestes dous meses estivo principalmente planificando o traballo a realizar ata final de ano para cumprir cos obxectivos adeais de comezar de cheo con algunha de ditas actividades:

  • A presentación do servidor de réplicas do CIXUG
  • As xornadas de software libre na empresa na USC
  • A proposta de cursos que ofertará ao PAS da Uvigo
  • A colaboración na localización ao galego da versión 3.6.1 de LibreOffice
  • A colaboración na localización ao galego da versión 15 do Firefox

Segundo nos contan dende a propia OSLUG o portal é un sitio web moi sinxelo que forma parte do portal do CIXUG que polo momento nace cunha serie de seccións ás que se unirá máis adiante unha sección de novas. Agora mesmo podedes atopar información relevante da OSL como os datos de contacto e información relativa a parte dos proxectos que se van levar a cabo. Entre este podemos destacar

A OSL do CIXUG presenta o seu novo servizo de mirror de proxectos libres

A Oficina de Software Libre do Sistema Universitario Galego, dependente do CIXUG, vén de poñer a punto un novo servidor de réplicas ftp, herdeiro do mesmo servizo ofrecido en anos anteriores dende a Universidade de A Coruña.

Captura do servizo de réplica da OSL do CIXUG

Un servidor de réplica ofrece copias sincronizadas dos proxectos orixinais, o que contribúe a reducir a carga dos servidores orixinais ao distribuír as descargas entre todos os servidores de réplica, segundo a proximidade de cada orixe de descargas. Isto é, calquera usuario que tente descargar dende Galicia un destes proxectos terá a oportunidade de facelo dende un servidor albergado na udc, coa vantaxe da proximidade e a capacidade do servizo.

O mantemento e evolución do servidor de réplicas, que se viña mantendo dende a UDC ata o pasado ano, é un dos proxectos que a OSL do CIXUG asumiu desenvolver durante este ano co obxectivo de fornecer á comunidade universitaria, e por extensión a toda a comunidade galega, un servizo de réplica actualizado e de referencia dos principais proxectos de software libre.

Curso sobre Libreoffice avanzado

Logo de GalponGALPon informa que vai impartir un curso/obradoiro sobre LibreOffice avanzado na Universidade de Vigo entre os días 8 de outubro e 26 de novembro.

O curso terá unha duración de 30 horas que se distribuirán os luns e mércores de 15:00 a 17:00 horas e celebrarase na E.S.E Telecomunicación. Lab. T 215 edificio novo.

Logo de libreofficeO obxectivo do curso é capacitar aos asistentes para traballar de forma avanzada con documentos ofimáticos nas súas tres principais variantes:
  • Procesador de texto co LibreOffice Writer.
  • Follas de cálculo co LibreOffice Calc.
  • Realización de presentacións co LibreOffice Impress.

Xornadas de Software Libre e Empresa organizadas pola OSL do CIXUG

Cartel das xornadas de SwL e empresaA Oficina de Software Libre do Sistema Universitario Galego, dependente do CIXUG, organiza as I Xornadas de Software Libre na Empresa para o vindeiro venres 21 de setembro de 16:00 a 20:30 horas.

Estas xornadas, de carácter gratuíto, terán lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC sita no Campus Vida. A asistencia é libre, aínda que a organización agradece que todos aqueles interesados en asistir se inscriban a través do formulario habilitado aos efectos, para un mellor control do aforo e organización das xornadas.

Estas xornadas están especialmente dirixidas aos futuros profesionais das TIC da nosa comunidade, aínda que están abertas á participación do público en xeral. O obxectivo das mesmas é amosar aos asistentes que o Software Libre é unha aposta de calidade á hora de afrontar un proxecto empresarial así como as hai moitas oportunidades do mercado laboral para o profesional experto en software libre.

Pax. 20 de 59« Primeiro...10...1819202122...304050...Último »

Pin It on Pinterest