Número 67 – Boletín Software Libre na Empresa – Decembro 2022

Mércores, 28 Decembro 2022

Novas

No portal de Mancomún difundíronse varios eventos como o hackathon universitario Hack UDC, o curso internacional de fabricación dixital Fab Academy, a charla de WordPress Coruña – A web polo tellado e o Workshop de GPUL School – Docker 101.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi que A Fundación Linux anunciou o seu proxecto Proxecto AgStack, un conxunto de datos de campos agrícolas. Publicamos o Faladoiro Mancomún 2022 con Alba Mayoral, un novo programa de Mancomún Podcast: Nextcloud, con Pietro Marini e publicamos tamén, un novo artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android: Bitwarden, xestor de contrasinais.

Proxecto destacado

Framadate é un servizo en liña que permite planificar unha cita ou evento, e a toma dunha decisión de forma rápida e sinxela, entre un grupo de persoas. Framadate baseouse inicialmente no software Studs desenvolvido pola Universidade de Estrasburgo. Hoxe en día, está desenvolvido pola asociación Framasoft.

Non é necesario rexistrarse para usar o servizo. Soamente necesitas un navegador para crear a consulta e para respondela.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal